Carlos Callón: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot - Trocar {{AP}} por {{Artigo principal}}; cambios estética
Liña 1:
 
{{Biografía
|nome = {{PAGENAME}}
Liña 16 ⟶ 15:
'''Carlos Manuel Callón Torres''', nado en [[Ribeira, Ribeira|Santa Uxía de Ribeira]] o [[26 de agosto]] de [[1978]], é licenciado en [[filoloxía]]s [[lingua galega|galega]] e [[lingua portuguesa|portuguesa]] pola [[Universidade de Santiago de Compostela]]. Exerce como profesor de lingua e [[literatura galega]] no ensino secundario.
 
== Traxectoria ==
Foi concelleiro por parte do [[BNG]] na súa vila natal entre xaneiro de [[2001]] e xuño de [[2002]], e membro do [[Consello Asesor de RTVE en Galicia]] entre [[2001]] e 2002. A partir de [[1995]] ocupou diversas responsabilidades na [[Mesa pola Normalización Lingüística]], organización de cuxa xunta directiva nacional é membro dende [[1995]] e que presidiu desde 2002 a [[2014]], sendo desde entón Presidente de Honra da entidade. É presidente tamén do padroado da [[Fundación Vía Galego]], desde a súa constitución en [[2006]]. Preside tamén a [[Fundación Via Galego]]<ref>[http://www.viagalego.org/ Páxina web] da Fundación Via Galego.</ref> e a federación estatal [[Diverslinguae]], desde a constitución de ambas, en [[2006]] e [[2008]], respectivamente.
 
É membro do [[grupo Galabra]] da USC e do consello de redacción de ''[[Longalingua. Publicación galega de lingua e sociedade]]''<ref>[http://www.amesanl.org/longalingua.html Páxina web] de Longalingua.</ref>. Colaborou nos primeiros pasos da [[Biblioteca Virtual Galega]], da [[Universidade da Coruña]].
 
== Obra ==
É autor de diversos traballos centrados na [[sociolingüística]] e mais nos estudos literarios, dados a coñecer en diferentes congresos e revistas especializadas. Así mesmo, é autor dos libros ''Unha historia que nos pertence (A obra poética en galego de [[Lorenzo Varela]])'' (2005) e ''En castellano no hay problema'' (2010), no cal aborda a situación do idioma galego nos últimos tres lustros, facendo especial fincapé na política lingüística do bipartito e do comezo da lexislatura de [[Alberto Núñez Feijóo]]<ref>[http://www.xerais.es/cgigeneral/newFichaProducto.pl?obrcod=2576286&id_sello_editorial_web=13&id_sello_VisualizarDatos=13 Sinopse do libro no web de Edicións Xerais]</ref>.
 
En febreiro de 2011 gañou o XVI [[premio Vicente Risco]] de Ciencias Sociais coa obra ''Amigos e sodomitas. A configuración da homosexualidade na Idade Media''<ref>[http://www.culturagalega.org/noticia.php?soportal=lg3&id=18481 "Carlos Callón gaña o Vicente Risco de ensaio cunha obra sobre a homosexualidade na Idade Media"], artigo en www.culturagalega.org, 28 de febreiro de 2011.</ref>, na que analiza a aceptación da ''[[adelphopoiesis]]'' na [[Idade Media]]. Entre outra documentación, analiza un documento de [[1061]] recollido no [[Tombo de Celanova]], polo cal Pedro Díaz e Muño Vandilaz subscribían unión en [[Rairiz de Veiga]].
 
=== Ensaio ===
* ''Unha historia que nos pertence (A obra poética en galego de [[Lorenzo Varela]])'', [[2005]], [[Edicións A Nosa Terra|A Nosa Terra]].
* ''En castellano no hay problema'', [[2010]], [[Xerais]].
* ''Amigos e sodomitas. A configuración da homosexualidade na Idade Media'', [[2011]], [[Sotelo Blanco Edicións|Sotelo Blanco]].
* ''Como defenderes os teus dereitos lingüísticos'', 2011, Xerais.
* ''Como falar e escribir en galego con corrección e fluidez'', [[2012]], Xerais.
 
=== Poesía ===
* ''Atravesar o fantasma'', [[2014]], Xerais.
 
=== Obras colectivas ===
* ''I Congreso Internacional Curros Enríquez e o seu tempo'', [[2004]], [[Consello da Cultura Galega]].
* ''[[Xosé Chao Rego]]: renacer galego. (Actas do Simposio-Homenaxe)'', 2010, Fundación [[Bautista Álvarez]] de Estudos Nacionalistas.
 
== Premios ==
* XVI Premio [[Vicente Risco]] de Ciencias Sociais en 2011, por ''Amigos e sodomitas. A configuración da homosexualidade na Idade Media''.
* Premio ''Fervenzas Literarias'' ao mellor libro de ensaio no 2011, por ''Amigos e sodomitas''.
* Premio ''Redelibros'' de Ensaio no 2011, por ''Como defenderes os teus dereitos lingüísticos''.
 
== Galería de imaxes ==
{{APArtigo principal|Galería de imaxes de Carlos Callón}}
<gallery>
Ficheiro:Carlos Manuel Callón Torres.jpg
Liña 52 ⟶ 51:
</gallery>
 
== Notas ==
{{referencias}}
 
Liña 62 ⟶ 61:
 
{{ORDENAR:Callon, Carlos}}
 
[[Categoría:Políticos do BNG]]
[[Categoría:activistasActivistas da normalización lingüística do galego]]
[[Categoría:Nados en Ribeira]]
[[Categoría:Nados en 1978]]