Noruega: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot - ortografía: *sudoeste -> suroeste
Liña 118:
Noruega posúe unha área de 385.199 km², unha parte da cal se distribúe entre as súas máis de 150.000 [[illa]]s. Na área continental, predomina a paisaxe de [[montaña]]s, planaltos e [[fiorde]]s. Noruega posúe unha fronteira territorial de 2.542 km, sendo deles 1.619 km con [[Suecia]] ao [[leste]], 727 km con [[Finlandia]] ao nordeste e 196 km con [[Rusia]] no extremo [[norte]]. Ao sur Noruega está separada de [[Dinamarca]] polo estreito de [[Skagerrak]]. A extensión aproximada do país, de norte a sur, é de 1.700 [[quilómetro]]s. As illas de [[Svalbard]] e [[Jan Mayen]] son tamén parte do territorio. A [[Illa de Bouvet]] no [[Atlántico|Atlántico Sur]] e a [[Illa de Pedro I]] no sur do [[Océano Pacífico]] considéranse dependencias e non forman parte do reino. Noruega é un dos países que reclama territorio na [[Antártida]], a [[Dronning Maud|Terra de Dronning Maud]].
 
O terreo glaciar, formado na maior parte por terreos altos e montañas ásperas, a través dos cales aparecen vales fértiles; pequenas e irregulares planicies; liña costeira bastante recortada por fiordes que penetran fondamente no interior e [[tundra]] ao norte. A meirande parte de Noruega é montañosa, mais as montañas non constitúen un sistema montañoso senón unha serie de mesetas que teñen unha altura entre 600 a 900 metros. A orixe do macizo montañoso débese ao pregamento caledonio. Así pois, Noruega ten tres factores orográficos de norte a sur: a meseta de Finmark, os montes Kjolen e as mesetas do sudoestesuroeste e depresións do sueste de Noruega. O punto máis alto é o Galdhøpiggen con 2.649 m de altitude, sendo ademais o monte mais alto de [[Escandinavia]].
 
Debido á configuración orográfica de Noruega, os ríos son curtos, pero teñen un gran caudal por mor das grandes superficies xeadas das súas montañas que no verán sofren o desxeo. En Noruega os lagos ocupan un 7600 km², que equivalerían aproximadamente ao 2% da superficie total. En Noruega tamén predominan os fiordes e as simas. Noruega posúe aproximadamente trinta parques nacionais, sendo os máis importantes Blåfjella-Skjækerfjella, Rondane (o primeiro parque nacional de Noruega), Dovrefjell-Sunndalsfjella, Saltfjellet-Svartisen e Hardangervidda.
Liña 124:
=== Clima ===
[[Ficheiro:Holmo i Nærøyfjorden.jpg|miniatura|[[Fiorde]] de Nærøy, [[Patrimonio da Humanidade]].]]
Tomando en conta que a terceira parte de Noruega atópase en zonas glaciais e que a maior parte está a máis de 300 msnm, compréndese que o clima noruegués é moi frío, pudendo ser o [[clima]] [[clima oceánico|oceánico]], [[clima continental|continental]], subártico ou alpino, con veráns suaves e [[inverno]]s longos e rigorosos, con ventos fortes e alta precipitación de [[neve]]. Porén, a diferenza dos outros países [[Escandinavia|escandinavos]], unha gran faixa litoral do país, á beira do [[Mar do Norte]] e do [[Mar de Noruega]], está quecida pola [[corrente do Golfo]], así pois as correntes atmosféricas que flúen polo sudoestesuroeste e sur, protexen o país das correntes frías do Polo norte, facendo que mesmo no mes máis frío, [[xaneiro]], haxa rexións con temperaturas medias superiores a 0 °C, sendo máis común precipitacións en forma de [[choiva]] que de [[neve]]. A temperatura máis alta rexistrada no país foi 35,6 °C en Nesbyen, mentres a mínima foi -51.4 °C en Karasjok.
 
En canto as precipitacións as rexións situadas ao oeste dos [[Alpes]] [[Escandinavia|escandinavos]] (Verstlandet e Nordland) son as máis húmidas de Europa, debido á onda orográfica. [[Brekke]] recibe abundantes precipitacións anuais con máis de 3575 mm de media. O outono e comezos do inverno son os meses máis húmidos e os meses de abril a xuño os máis secos. Polo xeral o interior dos fiordes é máis seco que a costa. O número de días ao año con ao menos 3 mm de precipitacións é de 77 en [[Oslo]], 96 en [[Kristiansand]], 158 en [[Bergen]], 93 en [[Trondheim]] e 109 [[Tromsø]].