Capitalismo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
m Bot - Trocar {{AP}} por {{Artigo principal}}
Liña 5:
 
== Orixe ==
{{APArtigo principal|Historia do capitalismo}}
Tanto os mercadores como o comercio existen desde que existe a civilización, pero o capitalismo como sistema económico non apareceu ata o século XIII en Europa substituíndo ao [[feudalismo]]. Segundo [[Adam Smith]], os seres humanos sempre tiveron unha forte tendencia a "realizar trocos, cambios e intercambios dunhas cousas por outras". Este impulso natural cara ao comercio e o intercambio foi acentuado e fomentado polas Cruzadas que se organizaron en Europa occidental desde o século XI ata o século XIII. As grandes travesías e expedicións dos séculos XV e XVI reforzaron estas tendencias e fomentaron o comercio, sobre todo tras o descubrimento do Novo Mundo e a entrada en Europa de inxentes cantidades de metais preciosos provenientes daquelas terras. A orde económica resultante destes acontecementos foi un sistema no que predominaba o comercial ou mercantil, é dicir, cuxo obxectivo principal consistía en intercambiar bens e non en producilos. A importancia da produción non se fixo patente ata a [[Revolución industrial]] que tivo lugar no século XIX.