Lebor Gabála Érenn: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
{{Título en cursiva}}; retiro cat redundante
m Bot - ortografía: *sudoeste -> suroeste; cambios estética
Liña 5:
O '''Le''abhar Ghabhála Érenn''''' (tamén '''''Lebor Gabála Éren''''', ''Libro das conquistas de Irlanda'', sería a tradución ó galego) é un conxunto de manuscritos que relatan a construción nacional irlandesa coma o sumatorio das distintas invasións dende a súa creación ata o [[século XI]], data na que está escrito.
 
== Historia do texto ==
Escritos na variedade sincrónica do [[lingua gaélica|gaélico]] empregado en [[Irlanda]] entre os anos [[800]] a [[1200]], traducíronse ó francés en [[1884]] e só posteriormente ó inglés entre [[1937]] e [[1942]]. Debido á súa popularidade e á súa importancia tanto na historiografía coma na literatura de [[Irlanda]], foron sometidos a un grande número de revisións e publicados en diferentes compendios, polo que existe unha gran variedade textual que dificulta o seu estudo. Aínda que probabelmente a máis antiga sexa a denominada ''Míniugud'' a máis acreditada é a de ''Leinster'' ([[1150]]), escrita co mecenado de [[Dermot MacMurrough]], rei de [[Leinster]] e baixo a dirección do Bispo de [[Kildare]] Mac Goreman no [[Mosteiro de Terriglass]]. Outras son os libros de ''Fermoy'' ([[1373]]), ''Lecan'' ([[1418]]), ''Ballymote'' ([[1391]]) e ''O'Clery'' ([[1631]]).
 
== Partes ==
En todo caso, este texto encóntrase divido en dez partes, conformando cada parte cadanseu libro:
 
Liña 14:
# '''Da Historia dos Celtas dende a Diáspora das Nacións ata a Chegada a Irlanda''': Neste libro sitúase a orixe dos celtas gaélicos como descendentes do rei Fénius Farsaid, un dos setenta e dous próceres que construíron a Torre de Nimrod ([[Torre de Babel]]). A lingua irlandesa nace cando o seu avó Gaedel Glas a toma como unha das setenta e dúas linguas nas que se divide o mundo ca caída da torre. Este únese a Scotta, filla do Faraón de Exipto e ó igual que nos tempos de [[Moisés]] comezan un éxodo de catrocentos corenta e catro anos, chegando ó final deles a [[Hispania]]. Un dos seus descendentes, [[Breogán]], funda alí a cidade de [[Brigantium]] e nela constrúe unha torre dende a que o seu fillo [[Ith]] podía ver [[Irlanda]]. Trátase da [[Torre de Hércules]]. Este mito permanece na cultura galega, formando parte da identidade galega, estando presente no Himno nacional, onde se lle chama a [[Galiza]] a ''Nazón de Breogán''.
# '''Do Pobo de Cessair''': No terceiro libro cóntase a historia de Cessair, filla de Bith ([[Noé]]?) que avisa ao seu pai da chegada do [[Diluvio Universal]]. Conseguen partir en barcos feitos de árbores pero só chegan ao seu destino, Irlanda, un dos tres barcos. Neles vai ela, Cessair, con outras corenta e nove mulleres e só tres homes (o seu pai, o seu compañeiro Fintán Mac Bóchra e o temoneiro Ladra). As mulleres escollen ao seu home, de forma que Cessair e outras dezaseis mulleres elixen a Fintán; outras dezaseis, xunto con Bairrfhind, compañeira de Cessair, elixen ao seu pai. As restantes dezaseis elixen a Ladra, que morre pouco despois sendo o primeiro home a ser soterrado en terra irlandesa. Corenta días despois chega o Diluvio, e Fintán logra sobrevivir refuxiándose durante un ano nunha cova baixo as augas. Chamado o Ancián Branco, vive durante 5500 anos trala Inundación e presenza os seguintes asentamentos celtas baixo a forma dun salmón, unha aguia e un falcón sucesivamente.
# '''Do Pobo de Partholón''': trescentos anos tralo diluvio, Partholón, da mesma estirpe dos Gaélicos, chega a Irlanda cos seus tres fillos e o seu pobo. Tras dez anos de paz chega a guerra cos Fomorianos, unha raza de demos acaudillados por Cichol Gricenchos. O pobo de Partholón sae vitorioso, pero por pouco tempo. En só unha semana son decimados por unha praga -cinco mil homes e catro mil mulleres- que son soterrados na Chaira do Elta, ao sudoestesuroeste de [[Dublín]], nunha área chamada Tallaght, que significa "a grande praga" en gaélico. Só un home sobrevive a ela, Tuán Mac Cairell, quen (do mesmo xeito que Fintán Mac Bóchra) sobrevive durante séculos encadeándose nunha serie de transmigracións, de forma que actuará como testemuña da historia posterior. Este libro inclúe tamén a historia de Delgnat, a muller de Partholón, que é similar á da [[Xenebra (raíña)|Xenebra]] [[ciclo artúrico|artúrica]].
# '''Do Pobo de Nemed Treina''': anos tras a desaparición dos Partolonianos, Irlanda é ocupada polo pobo de Nemed, cuxo bisavó fora irmán de Partholón. Durante a ocupación, deben enfrontarse de novo aos Fomorianos, pero após a súa morte esta xente é escravizada por dous líderes Fomorianos, More e Conan. Contodo, conseguen asaltar a Torre de Conan na Illa Tory. Conseguen a vitoria pero nunha batalla contra More destrúense ambas as dúas armadas. Unha nova inundación cobre Irlanda, decimando aos nemedianos, e só un puñado de sobreviventes se dispersan polas catro esquinas do mundo.
# '''Do Pobo de Fir Bolg, Fir Domnann e Fir Gálioin''': Un grupo da dinastía de Nemed aséntase en Grecia, onde son escravizados. Douscentos trinta anos tras Nemed volven a Irlanda, e alí sepáranse en tres nacións, os Fir Bolg, os Fir Domnann e os Fir Gálioin, e alí permanecen até a chegada dos Tuatha Dé Danann.
# '''Do Pobo dos Tuatha Dé Danann''': Os Tuatha Dé Danann son descendentes doutro dos grupos sobreviventes do diluvio de Nemed. Chegan a Irlanda desde o norte, onde aprenderan as artes escuras da maxia pagá e os [[druída]]s, aproximadamente o día 1 de maio. Disputan o dominio de Irlanda aos Fir Bolg e os seus aliados na Primeira Batalla de Moytura (ou Mag Tuired). Os Dé Danann saen vitoriosos e expulsan aos Fir Bolg ao exilio das illas veciñas. Pero Nuada, rei de Dé Danann, perde o seu brazo dereito na batalla e é forzado a renunciar ao seu reino. Durante sete infelices anos a coroa é ostentada por Bres antes de que Dian Cécht lle faga un brazo de prata, e recupere o trono. Chega a guerra cos Fomorianos e ten lugar a Segunda Batalla de Moytura. Nuada cae diante de Balor, o Demo do Ollo, pero o seu irmán maior, Lugh do Longo Brazo asasínao e faise rei. Os Tuatha Dé Danann gozan do seu reinado durante cincuenta anos.
# '''A Invasión dos Milesios''': Retómase aquí a historia dos gaélicos, interrompida no libro 2. Íth, fillo de Breogán, que avistaba Irlanda desde unha torre en Hispania, viaxa a Irlanda para coñecer o seu descubrimento. É benvido polos reis, pero nobres envexosos asasínanos e o seu cadáver chega a Hispania. Os Milesianos, fillos do seu tío Míl Espáne, planean a súa vinganza e conquistan a illa. Ao chegar a Irlanda, encamíñanse a Tara, onde está a Corte, a reclamar a coroa. No camiño atópanse con Banba, Fodla e Ériu, tres mulleres que eran as tres raíñas co-rexentes daquelas terras. Cada unha das mulleres dá a benvida aos milesianos, e dinlles que o seu nome é aquel polo cal se coñece aquela terra, e preguntan se sairán vitoriosos da batalla. Un deles, o poeta Amergin, promételles que así será. En Tara son benvidos polos tres reis dos Tuatha Dé Danann, quen defenden a súa vontade de manter unido o reino. Decídese que os milesianos deben volver ás súas naves e distanciárense a nove ondas da costa, de maneira que os Tuatha Dé Danann poidan mobilizar o seu exército. Pero cando os Milesianos están a nove ondas de distancia, os druidas dos Tuatha Dé Danann conxuran unha feroz tormenta. A frota milesiana é afastada, mais Amergin consegue dispersar os ventos coa súa poesía. Das naves sobreviventes, as de Éber atracan en Inber Scéine (Kenmare River) no sudoestesuroeste de Irlanda, mentres que as de Éremón atracan en Inber Colptha (na desembocadura do [[Boyne]]). En dúas batallas en Sliabh Mis e Tailtiu, os Tuatha Dé Danann son derrotados. Son expulsados e o señorío de Irlanda é divido entre Éber e Éremón.
# '''Das Dinastías de Irlanda antes do Cristianismo''': Neste libro enuméranse distintas dinastías lendarias ou semi-históricas desde Éber e Éremon ata o principio do [[século V]].
# '''Das Dinastías de Irlanda despois do Cristianismo''': Este libro continúa coas dinastías cristiás. É o libro con mellor documentación.