Espasante, Ortigueira: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Xas (conversa | contribucións)
m actualizo poboación
m Bot - ortografía: *sudoeste -> suroeste; cambios estética
Liña 13:
'''San Xoán de Espasante''' é unha parroquia do concello [[Provincia da Coruña|coruñés]] de [[Ortigueira]], na [[comarca do Ortegal]]. Segundo o [[IGE]] en [[2013]] tiña 611 habitantes (344 mulleres e 267 homes) distribuídos en 6 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999, cando contaba con 849 habitantes.
 
== Xeografía ==
Espasante localízase no norte do concello de Ortigueira, entre o mar e o somonte da [[Serra da Faladoira]]. Os límites pola costa van dende o regato que baixa do Monte Sardiñeiras no extremo sur da [[praia da Concha]] até a Pena dos Paraños no final da [[praia de Santo Antón]], polo sudoestesuroeste linda coa parroquia de [[Ladrido, Ortigueira|Ladrido]], polo leste coa parroquia de [[Céltigos, Ortigueira|Céltigos]], e polo sur coa parroquia de [[San Salvador de Couzadoiro, Ortigueira|San Salvador de Couzadoiro]].
 
O [[río Dola]] que atravesa a parroquia até desembocar na [[praia da Concha]] recolle as augas que baixan dos montes da Calvela, de Penaquente, o monte máis alto da parroquia, de Liñares e de Xedriz. Na parroquia hai ademais outra pequena praia que chaman de Santa Cristina ou dos Namorados, separada da Concha por un pequeno peirao e un dique de abrigo de recente construción, que configura un fondeadoiro para refuxio de pequenas embarcacións.
 
=== Poboamento ===
A poboación de Espasante concéntrase en dous núcleos importantes, O Porto e outro popularmente chamado A Aldea, que agrupa varios lugares ao longo da estrada [[AC-682]] e arredor da igrexa parroquial. Na mesma Aldea, paralela a AC-862, atopamos unha estación de [[FEVE]] que hoxe só funciona como apeadoiro.
 
== Patrimonio ==
A igrexa parroquial atópase preto da [[AC-862]] que atravesa a parroquia de oeste a leste. É unha construción dos séculos XVII e XVIII con planta de cruz latina, e campanario na fronte. No seu interior atopamos tres preciosos [[retablo]]s barrocos e á súa beira está a vella reitoral, hoxe abandonada. Existen ademais unha pequena capela adicada á Santo Antón, no Porto, preto da praia do mesmo nome; punto de encontro de romaxes de xentes e animais en épocas aínda non moi afastadas.
Liña 32:
Como curiosidade científica, na [[praia da Concha]], na súa beira sur, hai afloramentos de lavas almofadas de enorme importancia xeolóxica e que atraen a estudosos cada ano a este lugar. Por desgraza a conservación dunhas propiedades privadas case oculta cun dique de pedra estes fósiles pétreos.
 
== Lugares de interese ==
* '''[[Castro dos Prados]]''': [[Castro (poboado)|Castro]] marítimo que conserva os restos dun monumento con forno.
* '''[[Praia da Concha]]'''.
* '''[[Praia de Orbeiro|Praia dos Namorados ou de Santa Cristina]]'''.
* '''[[Praia de Santo Antón]]'''.
 
== Galería de imaxes ==
{{AP|Galería de imaxes de Espasante, Ortigueira}}
[[Ficheiro:Praia de Espasante, Ortigueira.jpg|miniatura|centro|500px|Praia de Espasante]]
Liña 48:
</gallery>
 
== Lugares e parroquias ==
=== Lugares de Espasante ===
{{Lp Espasante}}
=== Parroquias de Ortigueira ===
{{Ortigueira}}
 
== Véxase tamén ==
=== Outros artigos ===
* [[Lugares de Ortigueira]]
 
[[Categoría:Parroquias de Ortigueira]]