Diferenzas entre revisións de «Cambio fonético»

m
Bot - Trocar {{AP}} por {{Artigo principal}}; cambios estética
m (Bot - Trocar {{AP}} por {{Artigo principal}}; cambios estética)
Os cambios fonéticos poden deberse a indución, substracción, adición ou transposición.
 
== Indución ==
A '''indución''' é debida á influencia doutros sons da cadea fonética ou morfolóxica. Poden adoptar varias formas, mais sempre responden a unha tendencia inconsciente a aforrar enerxía articulatoria.
 
=== Asimilación ===
{{APArtigo principal|Asimilación}}
É un proceso polo cal un [[fonema]] ou son adquire trazos fonéticos que o fan máis asemellado ou "asimilan" a un fonema ou grupo de fonemas adxacentes ou próximos. Entre as formas de asimilación están a sonorización, o enxordecemento, a [[nasalización]], a labialización e a velarización.
 
=== Disimilación ===
{{APArtigo principal|Disimilación}}
 
''Para a disimilación das consoantes aspiradas, véxase [[Lei de Grassmann]]''
A disimilación débese á acción exercida por un son sobre outro da mesma palabra, co que posúe todos ou algúns elementos articulatorios comúns, que consiste en lle facer perder estes trazos comúns. Pode chegar incluso a facelos desaparecer, dándose entón unha substracción.
 
=== Indución morfolóxica ===
A indución morfolóxica pode deberse a alteracións de prefixos e de sílabas iniciais (de AUS- a es-, como AUSCŬLTĀRE > escoitar), a cruzamentos léxicos (RŪGĪRE > ruxir + RĬNGĔRE > renxer = runxir) ou a unha etimoloxía popular (DELPHĪNU > golfiño por influencia de "golfo").
 
== Substracción ==
A subtracción é a perda dun dos sons da cadea fonética. Pode ser por aférese (ao inicio da palabra, como ATTŎNĬTU > tonto), por síncope (no medio, como LĒGALĬTĀTE > lealdade) ou por apócope (ao final, como CĔNTU > cento > cen). Amais, están os casos de [[haploloxía]], cando se perde unha [[sílaba]] enteira, e [[monotongación]].
 
== Adición ==
A adición é a aparición dun novo elemento na cadea fonética. Pode ser por prótese (ao inicio da palabra, como PALPĀRE > apalpar), epéntese (no medio, como STĒLLA > estrela) ou [[paragoxe]] (ao final), amais dos casos de [[anaptixe]] e [[ditongación]] (ŎRĪGAĪNU > ourego).
 
== Transposición ==
A transposición é o proceso de mudanza no lugar dun fonema ou grupo fonético na cadea sonora dunha palabra. Adoita deberse á necesidade de face-la pronunciación da palabra máis sinxela. Pode darse por [[metátese]] (unidades segmentais, como SŬPER > sobre) ou por [[hiperbibasmo]] (unidades suprasegmentais, mudando o punto de acentuación).
 
Se o son que se despraza mantén contacto co son que se agrupa etimoloxicamente é unha metátese de contacto. Se dous sons cambian os seus lugares respectivos é unha metátese dobre ou recíproca.
 
== Véxase tamén ==
* [[Cambio lingüístico]]
* [[Absorción fonética]]
393.002

edicións