Cornes, Conxo, Santiago de Compostela: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Xas (conversa | contribucións)
m lig int
m Bot - ortografía: *sudoeste -> suroeste; cambios estética
Liña 1:
'''Cornes''' é un lugar do antigo [[concello de Conxo]], situado ao sudoestesuroeste de [[Santiago de Compostela]] e dende [[1925]] integrado neste. Cornes aínda existe como núcleo, integrado agora na cidade compostelá.
 
== Historia ==
A orixe do nome ''Cornes'' podería ser unha voz prerromana que aludiría a un rochedo ao que se abeira. Pouco queda xa do trazado antigo do lugar de Cornes, nunha área reurbanizada dende mediados do [[século XX]]. Pero en Cornes atopábase a antiga casa do concello de Conxo (actual avenida de Vilagarcía, 28), e en Cornes naceu [[Rosalía de Castro]], na Casa da Parra no lugar chamado Camiño Novo (na actualidade Praza de Vigo).
 
De Cornes saíu a primeira liña de [[ferrocarril|camiño de ferro]] de Galicia, que remataba no [[O Carril, Vilagarcía de Arousa|Carril]]. Ao redor da estación levantáronse almacéns de [[aceite]], [[viño]], [[carbón]], froita, sal, madeira, cemento, etc. Nos Campos de San Xosé, actualmente rúa de Frei Rosendo Salvado e avenida de Vilagarcía, establecéronse artesáns e obreiros, principalmente [[mármore|marmoristas]], carpinteiros e tallistas. Había tamén unha [[canteira]] de pedra, unha imprenta e un taller de coches.
 
== Cultura ==
Cornes aparece nomeado en dous poemas de Rosalía de Castro: ''Aos lirios de Cornes'' e ''Ao lavadeiro de Cornes''. {{Cómpre referencia}}
 
== Lugares e parroquias ==
=== Lugares de Conxo ===
{{Lp Conxo}}
=== Parroquias de Santiago de Compostela ===
{{Santiago de Compostela}}