Bora, Pontevedra: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Lameiro (conversa | contribucións)
corrixo
m Bot - Trocar {{AP}} por {{Artigo principal}}; cambios estética
Liña 16:
A festa patronal, santa Mariña, celébrase os días 22 e 23 de xullo.
 
== Xeografía ==
Limita ao norte coa parroquias de [[Xeve, Pontevedra|Santo André de Xeve]] (a través do [[Río Lérez, ría de Pontevedra|río Lérez]]), ao sur con [[Marcón, Pontevedra|Marcón]], ao leste con [[Tenorio, Cotobade|Tenorio]] e [[Almofrei, Cotobade|Almofrei]] (do concello de [[Cotobade]], a través do [[río Almofrei]]) e ao oeste con [[Mourente, Pontevedra|Mourente]]. Está atravesada pola estrada [[N-541]].
 
== Historia ==
Sobre os ríos hai dúas pontes antigas. Nunha delas librouse en 1809 unha decisiva batalla na [[Guerra da Independencia Española]] contra as tropas francesas do [[Michel Ney|xeneral Ney]].
 
== Patrimonio ==
[[Ficheiro:Museo Pontevedra, 6 Edificio, 01-37 Bora (Po).JPG|miniatura|dereita|200 px|Baldaquino de Bora, con [[Santiago o Maior|Santiago]] (á esquerda) e [[Pedro, papa|San Pedro]] (á dereita)]]
[[Ficheiro:Peto Bora.jpg|200px|miniatura|Peto de ánimas dos Gardas Civís de Ponte Bora.]]
Liña 29:
Na parroquia hai tres [[peto de ánimas|petos de ánimas]]<ref>[[Estanislao Fernández de la Cigoña Núñez|Fernández de la Cigoña Núñez, E.]]: ''Esmoleiros e petos de ánimas da provincia de Pontevedra''. Ir Indo, 1998.</ref>:
 
O [[peto de ánimas]] dos Gardas Civís de Ponte Bora está no lugar do Pío, na parede dunha vivenda particular diante da estrada N-541. É de caste pechada e consta de dúas partes: a superior ten dous [[Garda Civil|gardas civís]] facendo garda con escopeta e baioneta ante unha custodia, e inclúe a data AÑO DE 1851 rodeada do texto FUE DEBOCION D. DIEGO CERVINO. O retablo das ánimas, que aparece no libro de [[Castelao]] ''[[As cruces de pedra na Galiza]]'', é de pedra policromada, pero coas cores xa esvaídas. Ten a pomba do [[Espírito Santo]] sobre a cabeza de [[Cristo]] crucificado xunto a dúas Virxes. Baixo deles hai tres ánimas: un bispo con mitra no centro, un cura con bonete á esquerda, e unha muller á dereita. Sobre o retablo aparece o texto HERM<sup>S</sup>. DEBOTOS DE LAS BENDITAS ANIMAS DEL PURGT<sup>O</sup>.
 
O peto de ánimas do Camiño Vello do Río está preto da ponte que cruza o Almofrei cara a Xeve, na parede dunha casa abandonada. É aberto cun pequeno tellado de pedra. O retablo é de pedra policromada cun Cristo na cruz entre dúas Virxes, con tres ánimas baixo eles: un cura con bonete no centro, un home á esquerda e unha muller á dereita.
Liña 36:
 
== Galería de imaxes ==
{{APArtigo principal|Galería de imaxes de Bora, Pontevedra}}
<gallery>
Ficheiro:Pontebora.jpg|Ponte sobre o [[río Almofrei]].
Liña 42:
</gallery>
 
== Notas ==
{{referencias}}