Bioloxía evolutiva: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Elisardojm (conversa | contribucións)
*pesquisa>investigación e arranxiños
m Bot - Trocar {{AP}} por {{Artigo principal}}; cambios estética
Liña 2:
A '''bioloxía evolutiva''' é unha subdivisión da [[Bioloxía]] que estuda a orixe e a descendencia das [[especie]]s, ben como as súas mudanzas ao longo do tempo, ou sexa, a súa [[evolución]]. Os estudosos da bioloxía evolutiva coñécense como '''biólogos evolutivos''' ou '''evolucionistas'''.
 
Este campo da [[Bioloxía]] pode ser referido como un ''meta'' campo, pois abranxe científicos de varias disciplinas tradicionais, [[taxonomía|taxonomicamente]] orientadas. A bioloxía evolutiva xeralmente abarca científicos de áreas especializadas en determinadas categorías de [[ser vivo|organismos]], como mastozooloxía, [[ornitoloxía]] ou [[herpetoloxía]], mais que utilizan eses organismos como sistemas para responder cuestións xerais da Evolución. Xeralmente, tamén inclúe [[paleontoloxía|paleontólogos]], que usan [[fósil|fósiles]]es para responder cuestións relacionadas co modo e o tempo da evolución, así como teóricos en áreas como a [[xenética de poboacións]] e teoría evolutiva. Na década de [[1990]] a [[bioloxía do desenvolvemento]] xuntouse coa bioloxía evolutiva, despois de ser inicialmente excluída, a través do estudo da [[bioloxía do desenvolvemento evolutivo]].
 
== Historia ==
{{APArtigo principal|Historia do pensamento evolutivo}}
A bioloxía evolucionista, como [[disciplina académica]], xurdiu como resultado da [[síntese evolutiva moderna]] nas décadas de [[1930]] e [[1940]]. Entretanto, foi só nas décadas de [[1970]] e [[1980]] cando un número significativo de universidades pasou a ter departamentos que incluían especificamente o termo ''bioloxía evolucionista'' nos seus títulos. Nos [[Estados Unidos da América]], como resultado do rápido crecemento da [[bioloxía molecular]] e da [[bioloxía celular]], moitas universidades dividiran (ou agregaran) os seus departamentos de Bioloxía en departamentos do estilo de ''bioloxía celular e molecular'' e ''bioloxía evolucionista e ecoloxía'' (que xeralmente incorporaron antigos departamentos de [[Paleontoloxía]], [[Zooloxía]] e afíns).
 
A [[Microbioloxía]] desenvolveuse recentemente nunha disciplina evolutiva. Foi orixinalmente ignorada debido á escaseza de trazos morfolóxicos e á falta dun concepto de especie na microbioloxía. Agora, os investigadores evolucionistas están a explorar a nosa extensa comprensión da fisioloxía microbiana, a facilidade da [[xenómica]] microbiana, e o curto tempo de cada xeración dalgúns microbios a fin de responder cuestións evolutivas. Características similares axudaron no progreso do estudo da evolución [[virus|viral]], particularmente con [[Fago|bacteriófagos]].
 
== Biólogos evolucionistas notábeis ==
Os contribuidores notábeis á bioloxía evolucionista inclúen: