Bioloxía: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
m Bot - Trocar {{AP}} por {{Artigo principal}}
Liña 29:
 
=== Universalidade: bioquímica, células e o código xenético ===
{{APArtigo principal|Vida}}
Existen moitas unidades universais e procesos comúns que son fundamentais para todas as formas de '''vida'''. Por exemplo, '''case''' todas as formas de vida son constituídas por [[célula]]s que, pola súa vez, funcionan segundo unha [[bioquímica]] común baseada no [[carbono]]. A excepción á esa regra son os [[virus]] e mais os [[prión]]s, que non están compostos de células, e por tanto é moi discutible que poidan ser cualificados de seres vivos. Os primeiros asumen unha forma cristalizada inactiva e só se reproducen co auxilio da maquinaria molecular das células albo. Os prións pola súa vez, son proteínas auto replicantes-infectantes, que causan a [[encefalopatía esponxiforme bovina]] (ou "mal da vaca louca" ).
 
Liña 35:
 
=== Evolución: o principio central da bioloxía ===
{{APArtigo principal|Evolución}}
Un dos conceptos nucleares e estruturantes en bioloxía é que toda a vida descende dunha [[orixe común]] mediante un proceso de [[evolución]]. De feito, é unha das razóns polas cales os organismos biolóxicos exhiben a notábel similaridade de unidades e procesos discutida na sección anterior. [[Charles Darwin]] estabeleceu a evolución como unha teoría viábel ao enunciar a súa forza motriz: a [[selección natural]]. ([[Alfred Russell Wallace]] é comunmente recoñecido como coautor deste concepto). A [[deriva xenética]] foi admitida como un mecanismo adicional na chamada [[síntese moderna]]. A historia evolutiva dunha [[especie]], que describe as varias especies de que aquela descende e as características destas, xuntamente coa súa relación con outras especies vivas, constitúen a súa [[filoxenia]]. A elaboración dunha filoxenia recorre ás máis variadas abordaxes, desde a comparación de [[secuencia de DNA|secuencias de DNA]] no ámbito da [[bioloxía molecular]] ou da [[xenómica]] ata comparación de [[fósil]]es e outros vestixios de organismos antigos pola [[paleontoloxía]]. As relacións evolutivas son analizadas e organizadas mediante varios métodos, especialmente a [[filoxenia]], a [[fenética]] e a [[cladística]]. Os principais eventos na evolución da vida, tal como os biólogos os ven, poden ser resumidos nesta [[cronoloxía evolutiva]].
 
Liña 54:
 
=== Continuidade: a orixe común de toda a vida ===
{{APArtigo principal|Orixe da vida}}
Dise que un dado grupo de organismos ten '''orixe común''' se teñen un [[ancestral]] común. Todos os [[ser vivo|organismos]] que existen na [[Terra]] descenden dun ancestral común ou dun [[pool de xenes]] ancestral. Crese que este "último devanceiro común universal", isto é, o ancestral común máis recente de todos os organismos, xurdiu hai preto de [[cronoloxía evolutiva|3,5 mil millóns de anos]] (ver: [[orixe da vida]]).
 
Liña 138:
 
=== Fisioloxía dos organismos ===
{{APArtigo principal|Fisioloxía|Anatomía}}
A '''fisioloxía''' estuda os procesos mecánicos, físicos e bioquímicos dos organismos vivos, tentando comprender como as varias estruturas funcionan como un todo. Tradicionalmente divídese en [[fisioloxía vexetal]] e [[fisioloxía animal]], pero os principios da fisioloxía son universais, independentemente do [[ser vivo|organismo]] estudado. Por exemplo, a información sobre a fisioloxía dunha [[célula]] de [[lévedo]] tamén se aplica a células [[humano|humanas]], e o mesmo conxunto de técnicas e métodos aplícase á [[fisioloxía humana]] ou á doutras especies, animais e vexetais.
 
Liña 144:
 
=== Diversidade e evolución dos organismos ===
{{APArtigo principal|Bioloxía evolutiva|Botánica|Zooloxía}}
A '''bioloxía evolutiva''' ocúpase da orixe e descendencia das [[especie]]s, así como da súa modificación ao longo do tempo, ou sexa, da súa [[evolución]]. É unha área heteroxénea onde traballan investigadores procedentes das máis variadas disciplinas [[taxonomía|taxonómicas]], tales como a [[mamaloxía]], a [[ornitoloxía]] e a [[herpetoloxía]], que usan o seu coñecemento sobre estes organismos para responder a cuestións xerais de evolución. Inclúe tamén aos [[paleontoloxía|paleontólogos]] que estudan [[fósil]]es para responder a cuestións acerca do modo e do tempo da evolución, e teóricos de áreas como a [[xenética de poboacións]] e a [[Teoría da evolución|teoría evolutiva]]. Na década de [[1990]], a [[bioloxía do desenvolvemento]] recuperou o seu papel na bioloxía evolutiva despois da súa exclusión inicial da síntese moderna. Áreas como a [[filoxenia]], a [[sistemática]] e a [[taxonomía]] están relacionadas coa bioloxía evolutiva e son ás veces consideradas parte desta.