Diferenzas entre revisións de «Bemil, Caldas de Reis»

m
Bot - Trocar {{AP}} por {{Artigo principal}}; cambios estética
m (Bot - Trocar {{AP}} por {{Artigo principal}}; cambios estética)
'''Santa María de Bemil''' é unha parroquia do concello de [[Caldas de Reis]]. Segundo o [[INE]] en [[2010]] tiña 842 habitantes (428 mulleres e 414 homes), distribuídos en 6 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano [[2000]] cando tiña 944 habitantes. Conta con tres aldeas: Follente, Outeiro e Paradela. Nos últimos anos configurouse un novo núcleo de poboación próximo á área industrial das ''Veigas de Almorzar''.
 
== Patrimonio ==
Conta cunha capela dedicada a San Lourenzo no lugar de Outeiro e outra no lugar de Paradela. A [[Igrexa de Santa María de Bemil]] foi construída a finais do século XII, aínda que do estilo románico só conserva a antiga fábrica medieval, a ábsida, o rosetón da fachada occidental e un treito do muro sur.
 
== Festas e romarías ==
Na igrexa parroquial consérvanse as reliquias de San Xusto, na honra ao cal se celebra unha popular romaría o último domingo de [[agosto]]. Outra festa moi populosa é a dedicada á [[Virxe das Dores]] (fin de semana arredor do [[15 de setembro]]) en Follente, que conta con dous días festivos: o primeiro coa tradicional verbena e o segundo cunha misa e procesión campestre e unha comida de confraternidade con varios centos de veciños.
 
== Galería de imaxes ==
{{APArtigo principal|Galería de imaxes de Bemil, Caldas de Reis}}
<gallery>
Ficheiro:DSCN0173.JPG|Fachada da Igrexa románica de Santa María de Bemil de finais do século XII.
</gallery>
 
== Lugares e parroquias ==
=== Lugares de Bemil ===
{{Lp Bemil}}
=== Parroquias de Caldas de Reis ===
{{Caldas de Reis}}
 
== Véxase tamén ==
=== Outros artigos ===
* [[Lugares de Caldas de Reis]]
 
[[Categoría:Parroquias de Caldas de Reis]]
393.002

edicións