Historia de México: Diferenzas entre revisións
Contido eliminado Contido engadido
retiro ligazóns agora proporcionadas polo Wikidata |
m Bot - ortografía: *surleste -> sueste; cambios estética |
||
Liña 2:
A '''Historia de México''' non fai so referencia os acontecementos ocorridos dende a consolidación de [[México]] como tal senón que pese a que o [[Estado]] mexicano é algo relativamente recente podemos referirnos á historia acontecida nos seus territorios actuais e ós feitos que axudaron a consolidar a [[nación]] mexicana.
== México precolombino ==
=== Prehistoria ===
Os primeiros testemuños de presenza humana no actual territorio de México datan de hai aproximadamente 20.000 anos<ref>Alicia Hernández Chávez ''México. Breve historia contemporánea''. Fondo de Cultura Contemporánea, 2000, páxina 18 </ref>; nesta época pequenos grupos de cazadores comezaron a poboar lentamente o [[continente]]. Tense a crenza de que xa sabían utilizar o [[lume]] e xa fabricaban algunhas [[ferramenta]]s sinxelas de pedra, coas que curtían roupas de peles e facían obxectos de madeira e óso. Eran [[nómade]]s e cabía a posibilidade de que se organizaran en familias tanto para a cacería, como para algún outro fin. A estimación fíxose oportuna por mor de que a Terra vivía a súa derradeira glaciación, chamada “Wisconsiniana”, que se iniciou aproximadamente desde hai 70.000 anos até os 18.000 anos. Quizais entre os 22.000 e os 14.000 anos tivo lugar o inicio dunha etapa na que a recolección era máis importante que a cacería. Tamén se cre que a organización social que prevalecía era a familia nuclear, ou de grupos pequenos con relacións moi débiles. Seguía a fabricación de instrumentos de pedra grandes, toscos, elaborados por percusión directa ou indirecta.
Os testemuños máis antigos que se coñecen até hoxe do ser humano de Mesoamérica son os que proporcionan as escavacións de '''[[Tlapacoia]]''' (situada a uns 25 km ao sueste da cidade de México), que demostran que xa había habitantes alí hai aproximadamente 21.000 anos. O primeiro asentamento de interese foi o da civilización [[olmeca]], que nace na rexión costeira do Golfo de México, ao redor do ano 18.000 e esténdese nos actuais estados de [[Veracruz]] e [[Tabasco]]. Estímase que sobre o 7.000 a súa poboación puido chegar aos 350.000 habitantes, cunha forma propia de organización social e política, pero sobre todo, cun grande avance cultural, técnico e artístico. As exploracións revelaron tres sitios de grande importancia, até este momento: [[A Venta - La Venta (México)|A Venta]], [[San Lourenzo]] e [[Tres Zapotes]]. A Venta, por exemplo, xa senta as bases do trazado de cidades do altiplano, como serían [[Teotihuacán]] ou [[Tenochtitlán]]. Outro capítulo que axudou a asentar o trazado foi a extinción dos grandes mamíferos, o cambio do clima de frío ao máis cálido, coa aridez en determinadas rexións, e a elevación xeral do nivel dos mares. A economía desta etapa baseábase na caza de animais pequenos, como [[coello]]s e [[veado]]s, aínda que a [[recolección]] continuou cunha maior variedade de [[produto]]s: [[aguacate]], [[millo]], [[cabaza]] e numerosos froitos de [[cactácea]]s. A unidade social fundamental seguía sendo a familia nuclear, aínda que esta xa comezaba a agruparse en bandas formando quizais o primeiro pobo (Tehuacán, Puebla). Nesta etapa evolucionou a técnica de tallar a pedra, coa aparición de puntas de proxectil de pedra de forma foliácea e as acanaladas, que permitían fixar con precisión a punta ao mastro. Entre os anos 7.000 o 5.000 o home comezou a cultivar. As zonas por aquelas parecían localizadas nos vales das lagoas de México para os cazadores de [[mamut]]s, que á vez se dedicaban á pesca e recolección de produtos do campo; e os abrigos rochosos do estado de Tamaulipas nos que xa era máis común o cultivo; no especial de millo que comeza a sela dieta do poboadores. O inicio da [[agricultura]] é un fenómeno que sufriu unha longa e complexa evolución, caracterizada pola domesticación das [[gramínea]]s e outras plantas comestibles, e a creación de aldeas permanentes, en México. Ao final comezouse a cultivar o algodón, co que se fabricaban teas de calidade superior ás que ata entón se obtiñan coas fibras do maguey e do liño. Ademais da domesticación de animais, entre os que se atopaba o itzcuintli, un can comestible. [[Ficheiro:Teotihuacan1972A.jpg|miniatura|dereita|200 px|[[Teotihiacán]], vista aérea feita desde unha avioneta no ano [[1972]]; pódese apercibir a maioría do complexo cultural dunha cidade que perduraría durante moitos séculos.]]
=== Mesoamérica ===
Ao redor do ano 2.500 viuse unha etapa formativa que se caracterizou pola integración da superárea cultural de [[Mesoamérica]]. Os diversos grupos que a formaron ([[civilización maia|
Entre os anos 100 antes de Cristo e o século VIII da era cristiá as distintas áreas sufriron variacións, as culturas mesoamericanas colleron maior esplendor. Ao progreso das técnicas agrícolas engadiuse, probablemente, o regadío por medio de canles, permitindo o florecemento das grandes [[cidade]]s. Fíxose un traspaso de comunidades agrícolas e centros non planificados aos concibidos coma grandes capitais de administración política e relixiosa. O [[comercio]] fíxose extensivo abarcando o territorio mesoamericano. Nesta época ocupou un lugar privilexiado no panteón os deuses chamados despois Tláloc e Quetzalcóatl, e o seu culto, con sacrificios humanos, foi importante para a multitude social. A estratificación fíxose máis ríxida e os coñecementos técnicos, relixiosos e máxicos quedaron en mans dos [[sacerdote]]s, que dirixiron tamén as grandes obras comunais. As representacións pictóricas e escultóricas dábanlle moita importancia aos grupos sacerdotais e a penas tiñan en conta os militares. Desta época e grazas á cultura olmeca, comezáronse a establecer os calendarios de 365 días (para a utilidade agrícola) e de 270 días (no canto relixioso, rituais e maxia). O mesmo empezou a pasar coa escritura ideográfica que co tempo e as culturas acadou un alto grao de desenvolvemento. Canto á arquitectura do área mesoamericana, ten certa similitude coa da Grecia clásica, que se trata dunha verdadeira escultura monumental, é dicir, estaba feita para ser ollada desde fóra.
Liña 15:
Non se trataba de espazos cerrados, como na arquitectura cristiá, senón de monumentos expostos á contemplación desde o exterior. Por iso os seus interiores serán sempre pequenos e de escasa beleza, mentres que no exterior despregará a súa máxima brillantez e perfección. Neste sentido hai que considerar todos os grandes conxuntos arquitectónicos. Os interiores, como xa se dixo, son pequenos e estaban dedicados principalmente a albergar as imaxes dos deuses. Son lugares sagrados, inaccesibles para o pobo, o cal queda no exterior. Para reunir e concentrar o pobo, facíase necesaria a construción de amplos recintos. Hainos na maior parte de cidades ou centros cerimoniais da área, como a gran praza fronte ao templo de Kukulkan en Chichén-Itzá, a cidadela de Teotihuacán, a praza central do [[Monte Albán]] ou as prazas de Copán e Quiriguá, etc.
Ao carón desas prazas ou ao fondo deses espazos abertos elevábanse os [[templo]]s, encravados sobre as típicas [[Pirámide (construción)|
A maior parte da arquitectura mesoamericana é de carácter eminentemente relixioso. Neste sentido débense interpretar tamén os chamados pazos que, probablemente, estaban destinados a servir de habitación aos sacerdotes. Exemplos destos pazos témolos no Palenque, Uxmal, Teotihuacán, etc. É neste lugar onde se pode situar o nacemento da [[Columna (arquitectura)|columna]] e a [[pilastra]]. Esta columna ou pilastra terá caracteres definidos en [[Tula]] (no templo de Tlahuizcalpantecuhtli) e é na civilización tolteca na que estende o seu uso ata lugares tan afastados entre si como A Queimada (Zacatecas), Chichén-ltzá (Yucatán) ou Mitla (Oaxaca). A típica columna tolteca é a representación dunha [[serpe]] emplumada, cuxa cabeza serve de base ao corpo, con plumas de [[quetzal]], é o fuste, e cuxa cola, con cascabeis, constitúe o capitel. Con este aspecto ían florecendo no altiplano central cidades comas as de Cholula e Teotihuacan, da que se di que era o prototipo de cidade mesoamericana, na que se deu en varias etapas. A área comezou a poboarse cara o ano 200 A.C. Nela atopáronse ruínas de templos, pazos e grandes prazas, cun abarcamento duns 20 Km². Pódese dicir que as construcións máis importantes son: a ''pirámide do Sol'' (que mide 222 m. do leste ao oeste, 225 m. do norte ao sur e presenta 64 m. de altitude), e a ''pirámide da Lúa'' (que mide 147 m. do leste ao oeste, 118 m. do norte a sur e 45 m. de altitude). Os murais ao fresco foron moi abundantes nesta cidade.
Liña 21:
A sociedade teotihuacana era unha sociedade teocrática, estaba conformada por distintas clases sociais entre as que dominaban os sacerdotes e militares, as clases baixas eran os habitantes dos barrios de artesáns, os comerciantes e os agricultores de terras comunais. Estímase que a súa decadencia puido suceder entre o 650 e o 700 D.C. Estas cidades estaban intimamente ligadas entre si e a súa influencia estendeuse a [[Oaxaca]], [[Guatemala]], [[O Taxín]] e o occidente de México. No centro da área oaxaqueña está rexida polo Monte Albán, cidade zapoteca cuxa influencia cultural chegou até Cholula e Huexotzinco sobre os anos 700. Na área [[Civilización maia|maia]], en costas do Golfo de México, nas zonas do [[Panuco]], [[Tancahuitz]], [[O Ébano]] e [[Tamposoque]], floreceron centros cerimoniais huaxtecos cos seus típicos edificios de plantas circulares ou de esquinas redondeadas. Na área tiveron importancia as cidades de [[Curutarán]], [[Apatzingan]], [[Xiquilpan]] e [[Zinapécuaro]]; de todas estas culturas falaremos máis adiante. [[Ficheiro:Cabezolmeca.jpg|miniatura|esquerda|200 px|Unha das cabeza feitas polos Olmecas, situada entre o Palenque e Villahermosa.]]
=== A cultura olmeca ===
Coma xa dixemos un pouco antes, entre os anos 1.500 o 1.200 antes de Cristo comézase a coñecer na parte sur de [[Veracruz]] e no norte de [[Tabasco]] a situación da área central da cultura Olmeca, cuxa palabra ten o significado de "poboador do país do hule". A zona é rica en recursos naturais, polo que a caza e a pesca eran a súa principal ocupación, máis que a cría de animais domésticos ([[can]]s e [[guaxolote]]s). Canto á forma de labrar a terra, prevaleceu a agricultura de roza, que consiste en desmontar a vexetación da terra e sementar. A arte olmeca tivo a súa máxima expresión na escultura. Resaltan as cabezas monumentais, feitas en bloques de [[basalto]] de máis de dous metros de altitude e case 30 toneladas de peso. Os sitios olmecas mellor coñecidos son: San Lourenzo (tamén chamado Tenochtitlan) e [[Tres Zapotes]] na rexión de Veracruz; e A Venta, na rexión de Tabasco.
Ao redor do 400 - 300 A.C. iniciouse o proceso de decadencia e extinción dos olmecas, quedando deles o período neoclásico que perduraría até arredores do ano 750. Con todo,
* Outra cara o val de Oaxaca (fixo a fase máis antiga do Monte Albán)
* A terceira dirixiuse cara a costa do Pacífico, a través o [[istmo]] de Tehuantepec, até terras altas de Guatemala (O Baúl e Kaminalxuiú).
Consideran os historiadores que habería a posibilidade de que politicamente estiveran constituídos como cidades-estados, cun certo grao de autonomía. Internamente, comprobouse a existencia de clases sociais e unha formación menos homoxénea que a doutros pobos. Unha das principais achegas dos olmecas ao coñecemento foi a utilización do [[calendario]] e do número cero nas matemáticas, feito que resulta revelador dun alto grao cultural.
Pódese dicir que os '''olmecas''' foron unha '''cultura "nai"''', xa que dela se
=== Os toltecas, os maias e os otomís ===
Pero novos pobos, que penetraron grazas á desaparición de [[Teotihuacán]], déronlle transformación á organización política existente. Houbo cambios nos réximes teocráticos por gobernos da maioría militarista; isto pódese apreciar nas pinturas e na escultura da época nas que os guerreiros substitúen aos sacerdotes. Así, coñecese a
No sueste, entre as [[Fraga (botánica)|fragas]] e os ríos de [[Chiapas]] e [[Quintana Roo]], levantouse un dos testemuños máis impresionantes da cultura antiga americana: os [[civilización maia|
As migracións de grupos culturalmente menos desenvolvidos, co contacto e o enfrontamento cos pobos xa asentados. En consecuencia os [[Otomí]]s cunha cultura inferior á mesoamericana ocupan o val do [[Mezquital]] e a cunca de México (ocorría isto entre os anos 650 o 900), onde recibiron influencias dos pobos veciños. Os Tolteca-Chichimecas, pobos nahuas procedentes probablemente dos territorios de Jalisco e Zacatecas, tamén iniciaron a invasión do territorio no que aumentarían a súa cultura e dominarían por un longo período a política dos novos estados. Seguíase nunha etapa militarista, coa formación de imperios. O comercio foi unha actividade fundamental que, ademais de permitir o intercambio de produtos e materias primas, facilitaba o contacto cultural. Destas altitudes xa parece a introdución da metalurxia.
En toda a rexión costeira do Golfo de México e na continua extensión cara o norte xurdiron culturas locais, emparentadas cos maias, cos antigos olmecas e cos grupos do altiplano. Estes grupos deixaron á posteridade soberbios monumentos e belas obras de arte, como é o caso da pirámide do Taxín. Mentres tanto, noutras rexións, como a do Val de Oaxaca, florecía a cultura [[mixteca]] e espallábase a [[zapoteca]], descendentes tamén dos [[olmeca]]s, que deixaron testemuños tan fermosos como o [[Monte Albán]], [[Mitla]] ou [[Yanhuitlán]]. A época que foi desde os anos 950 ata os 1325 foi clasificada na maioría do estado de México como un movemento migratorio e de invasións dos pobos de cultura inferior cara os demais pobos xa asentados noutras épocas; trouxo consigo a revitalización da cultura, a organización de novos estados reitores con poder militarista, o espallamento da metalurxia e a aparición dos códices de escritura ideográfica, que segundo os historiadores, serviron de base aos documentos coloniais. Con todo isto, perdurou unha sociedade estratificada na que a maioría da poboación se dedicaba en boa parte ao labradío, mantendo as clases de dirixentes integradas por administradores, militares e sacerdotes. A organización política preponderante xiraba en torno a cidades aparentemente independentes, pero na realidade estaban xerarquizadas a partir de unións hexemónicas
Como xa se dixo antes, a área maia da zona central decaeu e o seus habitantes emigraron á península do Iucatán, que sufriu o forte desenvolvemento, en parte, a unha forte influencia do centro de México. Pero no cegados o redor do ano 1200 sofre unha notoria decadencia de novo no canto cultural e a política. Na área huaxteca xorden centros como O Tamuín e Castelo de Teaio, que acompañaban o florecemento da cidade de O Taxín. Co decaemento na área oaxaqueña de Monte Albán, permitiuse a sucesión de cidades zapotecas como as de [[Cuilapan]], [[Zaachila]], [[Teotitlán do Val]] e [[Iagul]]. Nesta época os conquistadores mixtecos ocupan os centros ceremoniais dándolle boa importancia á cidade de [[Mitla]] e a outras, onde se sofre a fusión das culturas zapoteca e mixteca permitíndolle un novo rexurdimento. Cara o Oeste os poderosos Tarascos crearon estados capaces de resistir os temibles conquistadores mexicas. Xa anteriormente, nos anos 900, grupos de nahuas que entraran no altiplano estenderon o seu dominio desde o actual estado de Hidalgo ata o estado de Guerrero, tendo a [[Tula]] por cidade principal. Unha cidade gobernada polo semihistórico e semilendario rei (deus) [[Quetzalcóatl]] (coñecido co seudónimo da “serpe emplumada”). A lenda di que este deus (Quetzalcóatl) enfrontouse ao deus Tezcatlipoca; tras unha intensa batalla, Quetzalcóatl decide marcharse cara o Oriente, coa premisa de que volvería. Os toltecas, influídos pola cultura dos grupos de tradición teotihuacana, crearon unha nova cultura que os seus descendentes nahuas consideraron moi importante, en realidade tan só foi un laino reflexo da gran civilización do período Clásico. A súa organización militarista levou a influencia até a afastada [[Chichén-Itzá]], onde as normas arquitectónicas do centro de México fixo a adaptación de Quetzalcóatl baixo o culto a Kulkulcán, sen contar a mestura da combinación da tradición maia da que recibe o nome de culto. A caída de [[Tula]] dá herdanza e poderío a Tenaiuca e Azcapotzalco, pero a entrada de novos grupos exteriores, acaudillados por Xólotl (ao redor do ano 1244), recibe o dominio da cunca lacustre dando orixe ao estado vasalo de [[Aculhuacan]]. Neste apoxeo estamos, e xa sometidos os habitantes da zona maia, os iucatecas en a cidade de [[Maiapán]].
=== Os aztecas ===
Retomando as liñas anteriores
En menos de cen anos, os aztecas e os seus aliados estendéronse primeiro polo altiplano central e despois cara as costas. Dominaron parte dos actuais estados de Puebla, México, Oaxaca, Veracruz, Hidalgo, Guerrero, Morelos e o Distrito Federal. Na agricultura usaron o sistema de rego e a roza, ademais do cultivo intensivo en [[Chinampas]]. O [[millo]] seguiu a exercer de alimento básico da poboación. Os aztecas dividíanse en dúas clases:
* ''Nobres'' (pipiltin), que se encargaban da administración, o exército e a relixión
* A ''xente do pobo'' (macehualtin), que na súa maioría realizaba traballos agrícolas.
Os seus mercaderes percorreron as principais rutas comerciais. Porén, o sistema de suxeición, que establecía pesadas cargas políticas e tributarias sen haber fusión a un grande estado trouxo un clima de descontento que facilitaría a conquista española. O imperio azteca estivo, ao parecer, gobernado por 12 emperadores desde a súa fundación no 1325 que se atribuíu a Tenoch até o ano 1520 no que tivo a dous (Cuitláhuac nun principio e Cuauhtémoc como derradeiro). Non obstante, a situación estaba máis ou menos calmada cando reinaba Moctezuma II Xocoiotzin, até que un día...
== Notas ==
{{Listaref}}
== Véxase tamén ==
=== Outros artigos ===
* [[Lenda da fundación do Imperio Azteca]]
* [[Abrazo de Acatempan]]
[[Categoría:Historia de México| ]]
|