Arroz (planta): Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
corrixo "soe" por "acostuma" ou "adoita"
m Bot - Trocar {{AP}} por {{Artigo principal}}; cambios estética
Liña 27:
O arroz é unha gramínea, autogama, de gran talle, que medra con maior facilidade nos climas tropicais. Posúe talos moi ramificados e pode medir entre 0,6 e 1,8 metros de altura. Os talos rematan nunha "inflorescencia", unha panícula de 20 á 30 cm de longo. Cada panícula componse de entre 50 e 300 flores ou espículas, a partir das cales se formarán os grans : o froito obtido é unha [[cariópside]]. O arroz presenta unha gran capacidade para se ramificar. Componse de talo, follas estreitas; inflorescencia ([[panícula]]), máis ou menos larga e densa; espícula dunha flor que contén un só gran.
 
O arroz pertence ao xénero ''[[Oryza]]'', na tribo [[Oryzeae]], dentro da subfamilia [[Bambusoideae]].<ref name = Poa>(en inglés) {{cita web|url=http://delta-intkey.com/grass/www/oryza.htm |título=The grass genera of the world: descriptions, illustrations, identification, and information retrieval; including synonyms, morphology, anatomy, physiology, phytochemistry, cytology, classification, pathogens, world and local distribution, and references |dataacceso=10 de marzo de 2010 |autor=Watson L, Dallwitz MJ. |data=2008 |obra=The Grass Genera of the World }}</ref> Son [[pasto]]s altos de [[humedal|humidais]], entre 1 e 2 m de altura; caracterizándose morfoloxicamente polas súas [[espícula]]s con flores solitarias, e [[gluma]]s maiormente completamente ausentes. En ''Oryza'', hai dúas [[lemma]]s estériles simulando glumas. O máis distintivo (compartido con todas as especies da súa tribo) é o carácter foliar coas súas células en póla e as fusoides. Teñen sistemas radiculares fibrosos, talos cilíndricos, con láminas envaiñadas en paralelo, e inflorescencias con espículas.<ref>Heywood, V.H. Flowering Plants of the World 1993 Oxford University Press</ref>
 
== Clasificación ==
''Oryza sativa'' ten maiormente dúas subspecies: a variedade pegañenta e de grna miúdo: ''japonica'' ou ''sinica'', e a non pegañenta, de gran longo ''indica''. As variedades ''japonica'' adoitan cultivarse en secaño, en zonas temperadas do leste de Asia, zonas altas do sueste de Asia e zonas moi elevadas do sur asiático, mentres que as variedades ''indica'' acostuman cultivarse en zonas baixas, as máis das veces en leiras alagadas da Asia tropical. O arroz pode ser branco, [[arroz moreno|moreno]], negro, púrpura e encarnado.<ref>Oka (1988)</ref> Os arroces negros (tamén coñecidos coma púrpuras ou arroces esquecidos) son [[Arroz glutinoso|arroces glutinosos]]. Algunhas das súas variedades son o arroz negro indonesio en o arroz negro ''Thai jasmine''.
 
Unha terceira subespecie, morena e de clima tropical, identificouse baseándose na morfoloxía e inicialmente chamouse de ''javanica'', porén hoxe en día coñécese coma ''tropical japonica''. Examplos desta variedade son os cultivares 'Tinawon' e 'Unoy', que medran en [[socalco]]s elevados das montañas [[Rexión Administrativa de Cordillera|Cordillera]] ao norte de [[Luzon]], [[Filipinas]].<ref>CECAP, PhilRice and IIRR. 2000. "Highland Rice Production in the Philippine Cordillera."</ref>
 
Glaszmann (1987) usou [[isoencima]]s para dividir ''Oryza sativa'' en seis grupos: ''japonica'', ''aromatic'', ''indica'', ''aus'', ''rayada'', e ''ashina''.<ref>{{cite journal|last=Glaszmann|first=J. C.|ano=2004|título=Isozymes and classification of Asian rice varieties|xornal=Theoretical and Applied Genetics}}</ref>
 
Garris ''et al.'' (2004) usou [[Microsatélite|SSRSSRs]]s para dividir ''Oryza sativa'' en cinco gropos; ''temperate japonica'', ''tropical japonica'' e ''aromatic'' comportando a variedade ''japonica'', mentres ''indica'' e ''aus'' comportaban a variedade ''indica''.<ref>{{cite journal|author=Garris ''et al.''|ano=2004|título=Genetic structure and diversity in ''Oryza sativa'' L.|xornal=Genetics|url=http://www.genetics.org/cgi/content/abstract/genetics.104.035642v1?ck=nck|pmid=15654106|doi=10.1534/genetics.104.035642|last2=Tai|first2=TH|last3=Coburn|first3=J|last4=Kresovich|first4=S|last5=McCouch|first5=S|volume=169|issue=3|pages=1631–8|pmc=1449546}}</ref>
 
== Alimento: o arroz ==
{{APArtigo principal|Arroz}}
=== Historia do cultivo ===
[[Ficheiro:Riziere Oki.jpg|thumb|left|[[Hiroshige|Utagawa Hiroshige]] ,''Campo de arroz na provincia de Oki, vista de O-Yama''.]]
Liña 45:
Comezou a cultivarse simultaneamente en varios países hai máis de 6 milenios. Dúas especies do xénero foron [[domesticación|domesticadas]], esta, o arroz asiático (''Oryza sativa'') e o [[arroz africano]] (''[[Oryza glaberrima]]'').
 
O cultivo de [[secaño]] introduciuse no [[Xapón]] e [[Corea]] aproximadamente no [[-1000|1000&nbsp;a.&nbsp;C.]] O posterior arroz de alagamento en agricultura intensiva foi en Corea entre 850 a [[-500|500&nbsp;a.&nbsp;C.]], e pasou ao Xapón polos [[Yayoi]] arredor do [[300]].
 
''O. sativa'' adaptouse no medio-leste [[europeo]] e o [[Mediterráneo]] contra o [[800]]. Os [[árabes]] levárono á [[Península Ibérica]] cando a conqueriron no [[711]]. Despois da metade do [[século XV]], o arroz chega a toda [[Italia]] e despois a [[Francia]], espallándose a todo o continente durante as grandes exploracións europeas. En [[1694]], o arroz arribou a [[Carolina do Sur]], probabelmente orixinario de [[Madagascar]]. Os españois levaron o arroz a [[América do Sur]] a principios do [[século XVIII]]. Nunca foi un cultivo moi común en [[Galiza]], porén como alimento é esencial na [[Gastronomía de Galicia|gastronomía galega]]<ref>[[Eladio Rodríguez González]] na súa obra ''Diccionario enciclopédico gallego-castellano'' (Galaxia, Vigo (1958-1961) fala da relación deste alimento con Galiza: ''Aínda que o arroz non se cultiva en Galiza, o seu consumo no país é grande, pois constitúe unha base da alimentación, o mesmo que en gran parte do globo, polos suculentos e variadísimos pratos que con el se fan, algúns dos cales son clásicos nas festas das aldeas. A [[Gastronomía de Galicia|cociña galega]] utiliza o arroz nos diversos guisos e condimentacións que son comúns na vida ordinaria, pero ademais constitúe unha [[sobremesa]] de obriga e nutritiva, coma as [[papas de arroz]] e outros, nas datas mási sinaladas''</ref>.
.
 
Na época [[colonial]] dos [[Estados Unidos]], especialmente en [[Carolina do Sur]] e [[Xeorxia, Estados Unidos de América|Xeorxia]] medrou moito o cultivo de arroz en parte pola man de obra dos [[Escravitude|escravos]] vidos de [[Senegambia]] ([[África occidental]]). Polo [[porto marítimo|porto]] de [[Charleston]] entraron o 40% de todos os escravos norteamericanos. Os escravos desa rexión de [[África]] tiñan o prezo máis alto, xa que coñecían ben o cultivo do arroz; traballaron en [[plantación|plantacións]]s de [[Georgetown, Carolina do Sur|Georgetown]], [[Charleston, Carolina do Sur|Charleston]], e [[Savannah, Xeorxia|Savannah]]. Os escravos arpendéronlles aos donos dos campos a choer e alagar as [[terreo|leiraleiras]]s. Ao principio, o arroz apañábase a man con fouciños de [[madeira]] e deitábase en queipos. A invención da colleitadora e a nova hidráulica dos muíños (inventada en [[1787]] por [[Jonathan Lucas]]) incrementaron a produtividade da cultura e supuxeron un gran avance. O cultivo de arroz no suroeste dos [[EUA]] fíxose menos rendíbel coa ilegalización da escravitude despois da [[Guerra Civil Norteamericana]].
 
=== Produción mundial e mercado ===
Liña 98:
O arroz é un ingrediente fundamental da cociña de moitísimas culturas incluídas a mediterránea e a atlántica (galega). No País Valenciano, as Illas Baleares e Murcia existen numerosas variantes deste prato, popularmente coñecidos como [[paella]]. Así temos o arroz de [[Lagosta (crustáceo)|lagosta]], o arroz negro, o arroz a banda, o ''arròs brut' (arroz con codia), ''arròs amb fesols i naps'', arroz no forno, ''arrossejat'', ''arroz huertano'', ''arroz en caldero'' (típico do Mar Menor), etc. O arroz con [[lebre]] é típico da cociña castelá.
 
Noutras cociñas mediterráneas o arroz é moi importante: o ''[[rissotto]]'' italiano (feito con [[arroz arborio]] ou [[carnaroli]]), o arroz turco, e os arroces con carnes do Cáucaso; tamén son de salientar as variantes hispanoamericanas de pratos de arroz como o [[arroz á cubana]] ou o arroz con polo.
 
Inevitabelmente presente na cociña asiática (innumerábeis receitas de arroz orientais: [[arroz fritido]] (tres delicias), [[arroz glutinoso]]) e árabe. Son coñecidos os arroces pilaf da India, ou o arroz fervido coma acompañante básico nos xantares chineses. No Xapón fanse con arroz os diferentes rolos e coma soporte do [[sushi]] (arroz fervido adubado con [[vinagre de arroz]], sal e azucre).
Liña 139:
* [http://www.consumer.es/web/es/alimentacion/aprender_a_comer_bien/guia_alimentos/cereales_y_derivados/2001/07/05/34967.php O arroz na alimentación, en Consumer.es] (en español, xera xanelas emerxentes)
* [http://www.alimentacion.es/es/conoce_lo_que_comes/bloc/arroz/introduccion/default.aspx Arroz en alimentacion.es (en español)]
{{bo|de}}
 
{{bo|zh}}
 
[[Categoría:Oryza]]
Liña 147 ⟶ 148:
[[Categoría:Plantas acuáticas]]
[[Categoría:Flora de Asia]]
 
{{bo|de}}
{{bo|zh}}