Arnois, A Estrada: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot - Trocar {{AP}} por {{Artigo principal}}; cambios estética
Liña 12:
'''San Xiao de Arnois''' é unha parroquia situada no concello da [[A Estrada|Estrada]]. Segundo o [[IGE]] en [[2012]] tiña 389 habitantes (187 mulleres e 202 homes), o que supón unha diminución respecto de [[1986]] cando tiña 592 habitantes. En [[1842]] tiña unha poboación de feito de 218 persoas.
 
== Xeografía ==
Limita ao norte coa parroquia de [[San Miguel de Castro, A Estrada|San Miguel de Castro]] (separada polo regato de Eileixido), ao sur con [[Riobó, A Estrada|Riobó]] e [[Berres, A Estrada|Berres]] (separadas polo [[río Boo]]), ao leste [[Oca, A Estrada|Oca]] (co regato da Grela por medio) e ao oeste o [[río Ulla]].
 
Dista da Estrada uns 13 km. Pasan por Arnois a estrada [[N-525]] (Santiago a Ourense) e a provincial de [[Callobre, A Estrada|Callobre]] á Ponte Ledesma. As demais vías consisten en camiños veciñais e as pontes Ulla e Eileixido.
 
== Etimoloxía ==
O topónimo Arnois, ao igual que outros como [[A Arnoia|Arnoia]], [[Arnela]] ou [[Arnego]], poderían proceder da raíz pre[[lingua protoindoeuropea|indoeuropea]] *''arn'', que viría indicando a situación da poboación nun val ou depresión<ref>[[Fernando Cabeza Quiles|Cabeza Quiles, F.]]: ''Os nomes de lugar'', p. 46. [[Edicións Xerais|Ed. Xerais]], [[Vigo]] 1992</ref>.
 
== Patrimonio ==
* '''San Xiao de Arnois''', data do [[século XIII]].
* Muíños na Tenencia da Veiga.
* '''Sobreira de Balboa''', é considerada a primeira sobreira de Galicia pola súa antigüidade e polas súas dimensións. Tense constancia dela xa no século XVI, como pertencente á casa da Vila dos Hórreos.
 
== Festas ==
* '''Festa de Santa Paderna'''. Ten lugar o domingo seguinte ao [[19 de outubro]]. Recibe a centos de devotos ofrecidos que acoden á celebración para curar os “males estraños”.
* A do patrón San Xiao o [[7 de xaneiro]]; a Concepción en maio; o Santísimo en xuño; As Neves o [[5 de agosto]].
 
== Galería de imaxes ==
{{APArtigo principal|Galería de imaxes de Arnois, A Estrada}}
<gallery>
Ficheiro:Casa Escola de Arnois, A Estrada.JPG|Casa Escola de Arnois.
</gallery>
 
== Lugares e parroquias ==
=== Lugares de Arnois ===
{{Lp Arnois}}
=== Parroquias da Estrada ===
{{A Estrada}}
 
== Notas ==
{{referencias}}
 
== Véxase tamén ==
=== Outros artigos ===
* [[Lugares da Estrada]]
 
[[Categoría:Parroquias da Estrada]]