Lingua kven: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Substitución automática de "Talo6m_.jpg" por "Talo6m.jpg" segundo o ordenou Steinsplitter. Motivo: Robot: Removing space(s) before file extension.
m Bot - ortografía: *norleste -> nordeste; cambios estética
Liña 1:
[[ImageFicheiro:Kven.jpg|thumb|largopx|Zonas de poboamento kven]]
O '''kven''' é unha variedade do conxunto dialectal [[dialectos peräpohjola|peräpohjola]] do [[Finlandia|finlandés]] que falan en [[Noruega]] os [[kvens]] e que está recoñecido como lingua, por razóns políticas e históricas <ref>Pia Lane "The birth of the Kven language in Norway: emancipation through state recognition"''International Journal of the Sociology of Language''.Volume 2011, Issue 209, Pages 57–74</ref>, minoritaria polo goberno noruegués desde o ano [[2005]] aplicándolle a parte II da [[Carta Europea das Linguas Rexionais ou Minoritarias]] o que é visto como insuficiente por organizacións defensoras do kven <ref>[http://www.cilevics.eu/minelres/reports/norway/Kven%20report.pdf ''Alternative report from the Norwegian Kveni Association/Ruijan Kveeniliitto'' (2005)]</ref>. Estímase o número de falantes entre 2000 e 8000 malia todo pouca xente nova fálaa, considerándose unha lingua en perigo de extinción. O kven incorporou moitas palabras norueguesas e mantén formas arcaicas do finlandés.
 
== Historia e distribución xeográfica ==
Liña 6:
Os primeiros testemuños escritos de asentamentos kven no norte do que hoxe é Noruega datan de 1520 pero a partir do comezo do século XVIII aumentaron o seu número, nun primeiro período ata 1820 establecéronse comunidades agrícolas no oeste de Finmark e no norte de Troms, nun segundo período entre 1820-1890 as comunidades, máis ligadas á minería e á pesca establecéronse no leste de Finmark, e o terceiro período foi de 1890 a 1930. Existen nese territorio inmigrantes finlandeses que emigraron con posterioridade pero xa non son considerados kven <ref>Anna Riita Lindgren "Linguistic variation and the historical sociology of multilingualism in Kven communities" in Ernst Håkon Jah''Language Change: Advances in Historical Sociolinguistics'' Walter de Gruyter, 1999</ref>
 
No século XXI a maioría dos falantes de kven localízanse no norlestenordeste de Noruega, nas localidades de [[Bugøynes]], [[Neiden, Finnmark|Neiden]], [[Vestre Jakobselv]],[[Vadsø]] e [[Børselv]]. Hai uns poucos falantes de idade nos concellos de [[Nordreisa]] e [[Storfjord]].
 
== Recoñecemento como lingua ==
Tradicionalmente en noruegués denominábase ás falas finesas do seu territorio ''kvænsk språk'' e era en orixe de carácter pexorativo <ref> Clive Archer e Pertti Joenniemi ''The Nordic Peace'' (2003) Ashgate Publishing, páx. 183</ref>, esas falas carecían de forma escrita pero a mediados da década de 1970 o lingüista kven [[Terje Aronsen]] comezou o proceso de recuperación e revitalización das falas kven como unha modalidade propia, relacionada pero diferente do finlandés estándar<ref> Carl A. Grant e Joy L. Le ''Global Constructions of Multicultural Education: Theories and Realities'' (2001) Routledge, páx. 145</ref>, que non se basea en ningún dialecto en particular senón que ten elementos de varios e mesmo regras gramaticais e léxico que non está presente en ningún dialecto, co nome de lingua kvena (''kväävin kielen''), que ao primeiro atopou oposición pero que adoptou a revista ''Ruijan Kaiku'' e que acabou popularizándose entre os kvens e finalmente o goberno noruegués recoñeceu en 2005 o kven como unha lingua independente pero aínda así permanece nunha situación precaria <ref>[http://www.regjeringen.no/upload/FAD/Vedlegg/SAMI/Nasjmin/Minoritetssprakpakten_ekspertkomiteens_rapp_2012.pdf European Charter for Regional or Minority Languages – b. Fifth report of the Committee of Experts in respect of Norway]</ref>.
 
== Status ==
[[ImageFicheiro:Talo6m.jpg|thumb|largopx|Instituto Kven]]
Desde 1860 o goberno noruegués intentou asimilar os kvens, prohibindo o uso da súa lingua nas escolas e na administración, e norueguizando os seus nomes e topónimos. A partir de 1969 permitiuse o ensino voluntario do finlandés, e nese marco comezou a se ensinar dentro da materia tamén a variedade kven no ensino primario, situación que se mantivo despois do recoñecemento do kven como lingua diferenciada. Desde o curso 2006 pódese estudar a lingua e cultura kven na [[Universidade de Tromsø]]e para a súa utilización polos alumnos Eira Söderholm escribiu a primeira gramática <ref>[http://www.uab.ro/jolie/2008/10_molnar_bodrogi_eniko.pdf Enikő Molnár Bodrogi: Strategies of language revitalization in Scandinavia. Journal of. Linguistic and Intercultural Education. 2008/1, 123-131]</ref> A Asociación Kven de Noruega ([[Ruijan Kveeniliitto]]) é moi activa na reivindicación e promoción do kven, e organiza cursos para adultos nos seus centros locais. Logo do seu recoñecemento oficial en 2005 estableceuse o [[Kainun institutti|Instituto Kven]] aínda que non estivo totalmente operativo ata 2007, e que é un centro nacional para a lingua e cultura Kven que ten a súa sede en [[Børselv]]. Forman parte do Instituto o [[Kainun kieliraati|Consello da Lingua Kven]], un órgano consultivo formado por lingüistas encargado de formular un estándar para o kven que ten que refrendar a [[Kielitinka|Asemblea da Lingua Kven]] no que están representados os falantes.
 
== Media ==
''[[Ruijan Kaiku]]'' é unha publicación que se edita desde 1995 dirixida á comunidade kven, a metade de cada número é en noruegués, un cuarto en finlandés e o outro cuarto en kven. Ao primeiro tiña carácter quincenal pero por problemas financeiros agora é mensual, de formato tabloide cada número conta con oito páxinas e tiña 530 subscritores en 2012. Existe un programa semanal de 12 minutos de radio na [[NRK]] en finlandés que inclúe irregularmente contido en kven. Tamén existe un anuario con artigos académicos, ''Arina''.
 
== Literatura ==
 
Hai unha rica literatura tradicional oral, que consiste en poesía popular, contos, lendas, cancións, ademais de aparecer en xornais, revistas e traballos etnográficos. A partir da década de 1980 aparecen antoloxías publicadas por autores kven, en 1987 [[Olav Beddari]] ''Niin saapi sanoa'' con textos tradicionais, en 1994 [[Reidun Mellem]] ''Ei hiva tøtta: Ei sam- ling kventekstar'' con textos de diversos autores, e en 1995 ''Ruijan laulukirja'' onde Bjørnar Seppola e Terje Aho recollen psalmos e cancións tradicionais pero é [[Alf Nilsen- Børsskog]] o que puxo os alicerces da literatura kven ao publicar en 2004 a novela ''Kuosuvaaran Takana'', escrita algúns anos antes, unha historia épica kven situada na [[Segunda Guerra Mundial]], seguíronlle ''Aittiruto'' e ''Rauha'' (2011) e os libros de poesía Muistoin maila (2008), ''Älä unheeta minnuu'' (2010), ''Poiminttoi'' (2010) e ''Korrui tien varrela'' (2010). No ano 2011 Agnes Eriksen publicou os dous primeiros libros infantís en kven.
 
== Fonoloxía ==
Liña 308:
=== Ligazóns externas ===
 
* [http://www.kvenskinstitutt.no/ Kainun institutti]
* [http://www.ruijan-kaiku.no ''Ruijan Kaiku''], publicación mensual da comunidade kven, en noruegués, kven e finlandés
* [http://kvener.no/ Ruijan Kveeniliitto], asociación kven
* [http://www.finsk.no/?id=165 Lingua kven en finsk.no]
* [http://www.kvenskestedsnavn.no/ Base de datos dos topónimos en kven]
 
[[Categoría:Linguas urálicas]]