Alfred Charles Kinsey: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Addbot (conversa | contribucións)
m Bot: Retiro 41 ligazóns interlingüísticas, proporcionadas agora polo Wikidata en d:q186561
m Bot - Trocar {{AP}} por {{Artigo principal}}; cambios estética
Liña 1:
'''Alfred Charles Kinsey''', nado en [[Hoboken]] ([[Nova Jersey]]) o [[23 de xuño]] de [[1894]] e finado en [[Bloomington]] ([[Indiana]]) o [[25 de agosto]] de [[1956]]<ref>[http://writing.upenn.edu/~afilreis/50s/kinsey.html ''Dr. Kinsey is Dead; Sex Researcher, 62'', no ''New York Times'' o 26 de agosto de 1956. {{en}}</ref>, foi un [[sexualidade|sexólogo]] [[EUA|estadounidense]]. Investigou o comportamento sexual humano durante a década dos anos 1940 e publicou unha serie de libros que revolucionaron as concepcións da época sobre a sexualidade humana.
 
== Traxectoria ==
=== A súa preparación científica e os seus primeiros anos: o zoólogo ===
Entre 1914 e 1916 estudou no Bowdoin College de Brunswick ([[Maine, Estados Unidos de América|Maine]], EUA) onde se licenciou en bioloxía e psicoloxía. A súa cualificación foi cum laude. Máis tarde, en setembro de 1919 doutorouse en bioloxía pola [[Universidade Harvard]]. En agosto de 1920 empezou a impartir clase como profesor asociado de zooloxía na [[Universidade de Indiana]].<ref>[http://www.kinseyinstitute.org/about/origins.html ''Origin of the Institute''] The Kinsey Institute. {{en}}</ref> Durante este período dedicouse fundamentalmente á zooloxía. As súas investigacións iniciais centráronse no estudo dunha diminuta avespa. Axiña Kinsey conseguiu unha importante reputación grazas ás estas minuciosas investigacións, fundamentadas en análises estatísticos, en taxonomía e evolución animais.
 
=== Investigando o comportamento sexual dos seres humanos ===
Non obstante, en [[1938]] ocorreu un feito que cambiaría o ámbito investigador do doutor Kinsey. Ese ano recibiu o encargo de impartir un curso sobre matrimonio, recentemente incorporado á oferta da Universidade de Indiana. Kinsey centrou as súas leccións nos aspectos biolóxicos do matrimonio. Inmediatamente quedou fascinado ó descubrir a complexidade do comportamento sexual humano e a escaseza, por non dicir, inexistencia de estudos ó respecto. Axiña Kinesy comezou a recompilar historiais sobre a vida sexual dos norteamericanos. Pero o seu traballo neste eido espertou unha forte polémica na comunidade universitaria de Indiana o que obrigou a Kinsey a proseguir as súas investigacións de forma privada. Kinsey elaborou un profuso test e dedicouse a viaxar por todo o este dos EUA en busca de persoas dispostas a relatarlle a súa vida íntima. Para Kinsey foi todo un achado descubrir os submundos da prostitución e da homosexualidade.
 
En 1940 Kinsey puido contar por primeira vez cunha bolsa, ofrecida pola fundación [[Rockefeller]], para continuar o seu proxecto. Inmediatamente contratou e adestrou un grupo de colaboradores. Con este equipo conseguiu confeccionar máis de 18.000 entrevistas. A partir destas entrevistas, Kinsey puido establecer diversas correlacións que estiveron na base do libro que publicou en 1948: ''Sexual Behavior in the Human Male'' ("O comportamento sexual no home"). Ademais o ano anterior á publicación do libro, isto é, en 1947 Kinsey acordou con Herman B. Wells, reitor da Universidade de Indiana, a creación do ''Institute for Sex Research'' ("Instituto para a Investigación Sexual"), rebautizado en 1982 como ''The Kinsey Institute for Research in Sex, Gender, and Reproduction'' ("Instituto Kinsey para a Investigación en Sexo, Xénero e Reprodución").
 
=== A figura pública do doutor Kinsey ===
Alfred C. Kinsey morreu en [[1956]] ós 62 anos de idade convertido nunha autoridade mundial no inexplorado eido da sexualidade humana.
 
Liña 17:
Kinsey foi obxecto tanto de admiración coma de deostación. Aínda hoxe en día, a súa figura é para moitos polémica. En 1981, a doutora Judith Reisman acosouno de pederastia polas súas investigacións no eido da sexualidade infantil, acusación que reiterou en 1990 coa publicación dun libro denunciatorio. Reisman sostiña, sen ningunha evidencia a favor, que Kinsey secuestrara e abusara, así como fomentara o secuestro e abuso de menores, con fins investigadores. Tal acusación, desmontada nos tribunais, probablemente só tiña por obxecto desacreditar ó doutor Kinsey e uníase a unha longa serie de acusacións máis ou menos veladas sobre a vida sexual do propio doutor.
 
== ''Sexual Behaviour in the Human Male'' ==
O libro ''Sexual Behavior in the Human Male'' converteuse case de inmediato nun best-seller (vendeu máis de 200.000 ó pouco de aparecer) maila ser publicado nunha minúscula editorial especializada en obras científicas. Con todo, tratábase dun sisudo libro de difícil lectura, que abranguía máis de 800 páxinas, a maioría delas consagradas a defender a metodoloxía empregada e a presentar os resultados estatísticos obtidos. Non era, nin moito menos, un libro escabroso ou obsceno, como moitos puideron pensar.
 
Liña 26:
Ademais, Kinsey, probablemente pola súa propia extracción social, tendeu a escoller homes de raza branca, clase media e formación alta. Estes constituíron o núcleo principal da súa investigación. Frecuentou tamén os presidios nun intento de incluír suxeitos de clases máis baixo, pero evidentemente a poboación reclusa forma unha clase social aparte en nada representativa das clases sociais baixas. Por outro lado, non puido apenas conseguir entrevistas que abranguesen a grupos raciais non brancos. Por outro lado, tamén se alegou que Kinsey se deixou levar polos ambientes sexuais máis sórdidos tendendo a sobrevalorar a incidencia do adulterio, a homosexualidade, a pederastia ou a prostitución.
 
== ''Sexual Behavior in the Human Female'' ==
Maila as críticas, o doutor Kinsey volveu á carga en 1953 con ''Sexual Behavior in the Human Female'', libro que analizaba o comportamento sexual das mulleres. O libro espertou unha gran expectación. De feito, no verán de 1953, semanas antes da publicación, Kinsey estaba tan preocupado con que a prensa presentase de xeito inexacto as súas investigacións, que convocou na súa casa ós xornalistas e presentoulles un resumo dos contidos da obra. Durante catro días recibiu a máis de 60 periodistas de EUA, Gran Bretaña, Alemaña, Australia, Países Baixos, Escandinavia, etc. A única condición que impuxo Kinsey, baixo contrato, foi que os xornalistas só podían escribir artigos de 5.000 palabras máximo que debían entregar a Kinsey para que el as supervisase antes da súa publicación. Ningún destes artigos debía aparecer antes do [[20 de agosto]] de [[1953]], unha xornada que a prensa bautizou como o día K (por Kinsey).
 
Liña 34:
 
== Obra ==
{{APArtigo principal|Informe Kinsey}}
Kinsey recopilou na súa obra ''O comportamento sexual no home'' publicada en [[1948]], miles de entrevistas persoais que, aínda que adoecen dalgúns problemas legais, metodolóxicos e técnicos importantes, os seus resultados coincidiron en grande medida cos posteriores estudos sobre a conduta sexual masculina realizados noutros países e noutros momentos diferentes.<ref>''Sexual Behavior in the Human Male'', ISBN 978-02533341210-253-33412-1.</ref>
 
Sobre a base de máis de 5.300 entrevistas persoais con homes de raza branca, Kinsey chegou a unha serie de conclusións sobre a [[homosexualidade]]:
Liña 62:
{{Listaref}}
 
== Véxase tamén ==
=== Ligazóns externas ===
* [http://www.youtube.com/watch?v=33PlciqfGYw Alfred Kinsey, o científico do sexo]. Reportaxe. Vídeo en YouTube, primeiro dunha serie de nove.