Coles: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
m Bot - ortografía: *norleste -> nordeste; cambios estética
Liña 29:
'''Coles''' é un concello da [[provincia de Ourense]], pertencente a [[comarca de Ourense]]. Segundo o [[IGE]] en [[2014]] tiña 3.150 habitantes <small>(3.201 en [[2003]])</small>.
 
== Xeografía ==
O concello, de 38,25 km², abrangue 10 parroquias. Limita ao noroeste con [[Vilamarín]], ao norlestenordeste coa [[A Peroxa|Peroxa]], ao surleste co [[Pereiro de Aguiar]] (a través do [[río Miño]]), ao sudoeste con [[Ourense]] e ao oeste con [[Amoeiro]]. A zona noroeste é máis elevada, con cumios como o Castro de Santa Águeda (682 m) ou os montes de Cambeo (488 m). No leste as terras graníticas descenden cara ao curso do Miño.
 
O principal curso fluvial é o río Miño, que serve de fronteira ao longo de 6 km. O [[encoro de Velle]] supuxo cambios importantes na zona, destruíndo as pesqueiras existentes. Outro curso menor é o [[río da Barra]], afluente do Miño que serve de fronteira coa Peroxa. O río Gustei únese ao rego de Lusín, desembocando no Miño, ao igual que o regueiro de Carrís.
 
== Demografía ==
Segundo o dicionario de Madoz, a mediados do século XIX tiña 4.635 habitantes. Na década de 1950 había 5.114, e en 1.960 a poboación descendeu a 4.608. En 1970 eran 3.491, e 3.487 en 1975. A finais da década de 1980 comezou un leve aumento da poboación procedente da capital [[Ourense|ourensá]].
 
Liña 54:
{{Hab info|5.273|4.954|4.810|3.369|3.252}}
 
== Historia ==
Antes da romanización as terras estaban habitadas nos poboados castrexos de Santa Águeda, A Madalena, San Lourenzo e Adro Vello.
 
Liña 63:
En 1812 constituíronse os concellos de Gustei e Melias, que foron retomados entre 1820 e 1823. En 1835 consituíuse definitivamente o actual concello de Coles.
 
== Patrimonio ==
=== Cultura castrexa ===
O [[castro da Madalena]] foi catalogado en [[1925]] por [[Florentino López Cuevillas]] para o [[Seminario de Estudos Galegos]]. As súas defensas víronse danadas por mor dunhas obras de minería na procura de [[cuarzo]] levadas a cabo en [[1870]] por [[Daniel de Aguiar e Silva]]. Está situado a uns 45o m de altitude. Atopáronse restos de vivendas e de cerámica con decoración. É un castro dun só recinto cun terraplén de 8 m de alto no oeste e ata 40 no leste. No norte e oeste e na metade hai un escalón estreito que fai a modo de glacis, e ó seu pé corre un foxo de trece a quince metros de ancho cunha escarpa de tres a dez metros de alto. Na parte sur non hai foxo, pois conta coa defensa natural dun regato. Ten forma circular, cuns 120 m de diámetro.
 
Liña 73:
O [[castro do Adro Vello]] está situado preto da actual igrexa de Coles, entre Paradela e Seoane.
 
=== Pazos ===
O [[pazo de Fontefiz]] está situado na parroquia de Ucelle. Xa no século X aparece referenciado o ''Casal de Fonte Felici''. No século XV pertencía ao [[mosteiro de San Clodio]], e en 1597 foi aforado a Gregorio de Nóvoa, veciño da Peroxa, que fundaría a linaxe de Fontefiz. No século XVIII consolidouse a potencia económica da casa de Fontefiz mercede ás rendas de varias poboacións dos arredores, e mellorouse a construción. Pechouse o eido, construíuse e canalizouse unha présa de auga para o servizo da casa, fixéronse as cortes, o cabaceiro, a tulla de pedra os maineis da casa e o retablo da capela. Amais, anexáronse diversas leiras. Mais no século XIX comezou a decadencia. En 1866, trala morte de Pedro Ventura de Puga, pasou ao marquesado de Leis. Actualmente é o [[Centro de Recursos Zooxenéticos de Galicia]] pertencente á [[Consellería do Medio Rural]] da [[Xunta de Galicia]].
 
No interior da leira hai un pombal. O edificio principal ten planta en U, patio pechado por muro con portalón exterior coroado por un escudo e outra interior cara outras dependencias da leira. No patio interior están os escudos das familias que o posuíron: Nóvoa, Vilamarín, Temes, Raxó e Deza, cun balcón sostido por canzorros e dous reloxos de Sol. No interior do edificio destaca a escaleira nobre e a lareira, feitas en cantería. A cheminea da lareira, na fachada suroeste, ten seis metros de altura.
 
== Economía ==
No sector primario destaca a existencia de prados para a gandería, ademais do cultivo de millo, patacas e viñedos. Abondan as fragas de piñeiros, carballos, eucaliptos e castiñeiros. No campo da industria destaca o sector da madeira. A comezos do século XX había medio centenar de talleres relacionados con este produto, destacando os da zona de Melias.
 
== Comunicacións ==
O concello está atravesado pola estrada que une Ourense e [[Santiago de Compostela]] ([[N-525]]) e a vía Ourense - [[Lugo]] ([[N-540]]). Tamén está comunicado polo ferrocarril cara a Compostela.
 
== Galería de imaxes ==
{{AP|Galería de imaxes de Coles}}
<Gallery>
Liña 91:
</Gallery>
 
== Parroquias ==
{{Coles}}
 
== Lugares de Coles ==
Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Coles vexa: [[Lugares de Coles]].
 
== Notas ==
{{referencias}}
 
== Véxase tamén ==
{{commonscat}}