Avión (medio de transporte): Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
desenrolar ==> desenvolver
m Bot - Trocar {{Ver artigo principal}} por {{Artigo principal}}; cambios estética
Liña 2:
 
[[Ficheiro:F-15 and F-22.JPG|miniatura|dereita|350px|Un [[F-15 Eagle|F-15]] e un [[F-22 Raptor|F-22]]]]
'''Avión''' (do [[lingua francesa|francés]] ''avion'', e este como forma aumentativa do [[latín]] ''avis'', ''ave''), tamén denominado '''aeroplano''', é un [[aerodino]] de á fixa, ou [[aeronave]] máis pesada có [[aire]], provisto de [[á (aeronáutica)|áás]]s e un corpo de carga capaz de voar, propulsado sempre por un ou máis [[Motor (máquina)|motormotores]]es. Os aeroplanos inclúen aos [[monoplano]]s, [[biplano]]s e [[triplano]]s.
 
No caso de non ter motor trataríase dun [[planador]] e no caso dos que superan a velocidade do son denomínanse [[avión supersónico|avións supersónicos]].
Liña 10:
O seu principio de funcionamento baséase na forza [[aerodinámica]] que actúa sobre as ás, facendo que a mesma produza unha [[sustentación]]. Esta orixínase na diferenza de [[Presión|presións]] entre a parte superior e inferior da á, producida pola súa forma especial.
 
== Historia ==
[[Ficheiro:Wrightflyer highres.jpg|miniatura||Voo dos [[irmáns Wright]].]]
{{Ver artigoArtigo principal|Historia da aviación}}
O soño de voar remontase á prehistoria. Moitas lendas e mitos da antigüidade relatan historias de voos como o caso grego do voo de [[Ícaro]]. [[Leonardo da Vinci]], entre outros inventores visionarios, deseñou un avión, no [[século XV]]. Co primeiro voo realizado polo ser [[humano]] ([[Francois Pilatre de Rozier]] e [[François d'Arlandes]]) nun aparato máis livián có aire, un globo, o maior desafío pasou a ser a construción dunha máquina máis pesada có aire, capaz de erguer o voo polos seus propios medios.
 
Liña 46:
Actualmente o avión máis grande do mundo é o [[Antonov]] [[Antonov An-225|An-225 Mriya]], construído na [[Unión Soviética]] no [[1988]]. Este avión considerase unha reliquia porque só se fabricou un por mor da caída da [[Unión Soviética]].
 
== Estrutura ==
 
Os avións máis característicos son os avións de transporte [[Velocidade do son|subsónico]], aínda que non tódolos avións teñen a súa mesma estrutura, acostuman ser moi parecidos. As principais partes destes avións son:
 
* '''[[Á (aeronáutica)|Ás]]'''
As ás son 2 superficies que lle brindan sustentación ó avión debido ó efecto [[aerodinámica|aerodinámico]], provocado pola curvatura das mesmas, que fai que o aire pase ó redor cun fluxo maior por riba e con fluxo menor na parte de abaixo mantendo sustentado no aire ó avión e contrarrestando a acción da [[gravidade]]. En determinadas partes dun voo varían debido ó emprego das superficies de control que se atopan nas ás: os [[flap]]s, os [[alerón|aleróns]]s, os [[spoiler]]s e os [[slat]]s. Todas elas son partes móbiles que provocan distintos efectos no curso do voo. Os flaps e aleróns son extensións da á que permanecen en posición horizontal en conxunto có resto da á ata ser requiridas para unha manobra, na cal, se percorren cara ó exterior da á e quedan inclinadas verticalmente a un determinado ángulo. Isto provoca unha reacción na aerodinámica da á e interrompe o curso do aire sobre esta e o curso da saída de gases propulsores dos motores, provocando con isto unha diminución na sustentación e na velocidade, sendo empregadas principalmente para efectos dos flaps. Os aleróns son igualmente extensións que serven de apoio na función dos flaps e que tamén se empregan para as manobras de xiro e inclinación no aire, xa que cando unha de elas é posta en posición totalmente oposta á outra (é dicir, que unha de elas sube e a outra baixa), inclinando a aeronave, algo de grande utilidade para poder virar suavemente. Os spoilers son superficies unidas á parte superior da á, que se abren cara arriba para frear con maior forza ó avión nas aterraxes e zonas de [[turbulencia]], [[ventos cruzados]], outro tipo de fenómenos atmosféricos e dun [[estado do tempo]] critico que afecte as condicións de seguridade do voo. Nestas tamén se empregan os compartimentos de combustible (Turbosina) e de almacenamento dos trens de aterraxe e os soportes dos motores na maioría dos casos.
 
Hai varios tipos de ás para os avións:
 
::* [[Cimitarra (á)|Cimitarra]]
::* [[Delta]]
::* [[Dobre delta Canard]]
::* Frecha
::* [[Frecha invertida]]
::* [[Gaivota]]
 
* '''[[Fuselaxe]]'''
O fuselaxe é o corpo do avión ó que se atopan unidas as alas e os estabilizadores tanto horizontais como verticais. O seu interior é oco, para poder albergar no seu interior á cabina de pasaxeiros e a de mandos e os compartimentos de carga. O seu tamaño, obviamente, virá determinado polo deseño da aeronave.
 
[[Ficheiro:A380 Reveal 2.jpg|miniatura|[[Airbus A380]]]]
 
* '''[[Superficies de control (avión)|Sistemas de control]]'''
Son todas aquelas partes móbiles do avión que ó ser empregadas trocándoas de posición, provocarán un efecto aerodinámico que alterara o curso do voo e terán a seguridade dun control correcto da aeronave, a saber.
 
* '''[[Estabilizador horizontal|Estabilizadores horizontais]]'''
Son 2 aletas máis pequenas que as alas, situadas en posición horizontal (xeralmente na parte traseira do avión), no empeñaxe e en distintas posicións e formas dependendo do deseño, as cales bríndanlle estabilidade e que apoian ó despegue e aterraxe. Nos mesmos atopanse unhas superficies de control moi importantes que son os [[elevadores]] (ou tamén chamados [[temóns de profundidade]]) cós cales controlase a altitude do voo mediante o ascenso e descenso destas superficies, que inclinarán o avión cara adiante ou atrás, é dicir, o avión subirá ou baixara a determinada altitude e estará en determinada posición con respecto á horizonte. A este efecto chamáselle '''elevación''' ou '''descenso'''
 
* '''[[Estabilizador vertical|Estabilizador(es) vertical(is)]]'''
É/Son unha(s) aleta(s) que se atopa(n) en posición vertical na parte traseira do fuselaxe (xeralmente na parte superior). O seu número e forma deben ser determinadas por cálculos aeronáuticos segundo os requirimentos aerodinámicos e de deseño, que lle brinda estabilidade ó avión. Neste atopase unha superficie de control moi importante, o [[temón de dirección]], có cal se ten controlado o curso do voo mediante o movemento cara un lado ou outro desta superficie, xirando cara o lado determinado sobre o seu propio eixo por mor a efectos aerodinámicos. Este efecto denominase '''cabeceo'''.
 
* '''[[Grupo motopropulsor]]'''
Son os motores que ten o avión para obter a propulsión que require para seguir un curso frontal, contrarrestando o efecto do vento en contra, o cal opón resistencia e empuxaríao cara atrás. Estes motores son previamente analizados pola construtora e despois instalados no avión se cumpren cós requirimentos do avión en cuanto a potencia ''P=T/t'', emprego de combustíbel, custo de operación e mantemento, resistencia, calidade, autonomía etc; todo isto brinda características e un grande apoio para levar a cabo a misión que lle corresponde a cada tipo de aeronave dun xeito eficiente.
 
* '''[[Tren de aterraxe]]'''
Os [[trens de aterraxe]] son uns dispositivos móbiles e almacenábeis da aeronave útiles para evitar que a parte inferior teña contacto coa superficie terrestre, evitando severos danos na estrutura e axudando á aeronave a ter mobilidade en [[terra (material)|terra]] e poder desprazarse na mesma. Existen varios tipos de trens de aterraxe, pero o máis empregado na actualidade é o de [[triciclo]], é dicir, 3 trens, un na parte dianteira e 2 nas alas e parte da parte inferior do fuselaxe. O número de trens obtense tendo en conta o peso da aeronave (tanto baleira como chea), a cantidade de tracción que isto xera, e a resistencia dos trens. Esto influirá tamén no número de llantas que se requiran.
 
En si son partes cilíndricas que albergan moitos circuítos que son controlados polo sistema hidráulico para o momento en que precisan empregarse, luces de aproximación, os sistemas de freado de terra e as llantas. Durante a estancia en terra, os trens atopanse en posición vertical e despois do despegue son almacenados en compartimentos dentro da ala e parte do fuselaxe protexidos polas tapas dos mesmos que pasan a formar parte da aeronave, xa que si os trens permaneceran en posición vertical, restaríanlle aerodinámica ó avión, reducindo o alcance de velocidade e provocando maior emprego de combustíbeis. Non tódolos avións teñen a capacidade de almacenar os seus trens, pero isto provoca o anteriormente mencionado.
 
* '''[[Instrumentos de control (avión)|Instrumentos de control]]'''
Son dispositivos electrónicos desenvoltos coa aviónica que permiten ó piloto ter coñecemento do estado xeral das partes do avión durante o voo, as condicións meteorolóxicas, o curso programado do voo e diversos sistemas que controlarán as superficies de control para dirixir e manter un voo correcto e seguro. Entre eles: o horizonte artificial, o radar, o GPS, o piloto-automático, os controis de motores, os aceleradores, a panca e os pedais de dirección etc.
 
== Galería de imaxes ==
{{AP|Galería de imaxes de avións en Galicia}}
<gallery>
Liña 94:
</gallery>
 
== Véxase tamén ==
{{Listaref}}
{{Commons|aeroplane}}
=== Outros artigos ===
* [[Avión invisíbel]]
* [[Bombardeiro]]
* [[Caza (avión)|Caza militar]]
* [[Cronoloxía da aviación]]
* [[Hidroavión]]
* [[Navegación aérea]]
 
=== Ligazóns externas ===
* [http://malaciencia.blogspot.com/2005/09/por-qu-vuela-un-avin.html ¿Por qué voa un avión?]
* [http://airfrance.typepad.com/home/ O blog de Air France Mexico]
 
[[Categoría:Aviación]]