A Bandeira, Manduas, Silleda: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Elisardojm (conversa | contribucións)
-iw incorrecto
m Bot - Trocar {{AP}} por {{Artigo principal}}; cambios estética
Liña 11:
'''A Bandeira''' é unha vila da parroquia de [[Manduas, Silleda|Manduas]] no concello pontevedrés de [[Silleda]]. En 2007 contaba con 694 habitantes, 336 homes e 358 mulleres.
 
== Servizos ==
É o segundo núcleo urbano en importancia de poboación despois de Silleda, polo que conta cun centro de saúde, un colexio público, un centro cultural, un polideportivo, piscinas públicas, campo de fútbol, campo de petanca, centro social para maiores e mesmo un auditorio.
 
== Historia ==
A Bandeira é famosa pola súa feira celebrada os días 14 e 29 de cada mes que antigamente atraía a xente de toda a comarca do Deza e das parroquias veciñas do [[A Estrada|concello da Estrada]]. Nas últimas décadas tamén pola [[Festa da empanada da Bandeira|Festa da Empanada]] que se celebra no terceiro fin de semana do mes de agosto. O seu [[Entroido]] co seu Alto dos Xenerais constitúese como a tradición entroideira máis antiga do concello de Silleda xunto cos da zona de [[Lamela, Silleda|Lamela]] e [[Dornelas, Silleda|Dornelas]].
 
Neste lugar naceu o mestre [[Víctor Fraiz Villanueva]] e o alcalde de Silleda [[Manuel Cuíña Fernández]].
 
== Cultura ==
Tamén cabe destacar que nesta vila existen dous grupos de baile, Xirandola e Fortín da Pomba; unha Banda de Música, a [[Banda Recreativa e Cultural de Bandeira]] e varias Asociacións: Asociación Cultural Vista Alegre, Sociedad Deportiva, Amigos da Empanada, Xenerais do Antroido, ANPA Brincadeira, Asociación de Veciños, Club Petanca.
 
== Patrimonio ==
O '''Centro Cultural Vista Alegre''' é un dos edificios máis emblemáticos da Bandeira. Construído por emigrantes de [[Bos Aires]] organizados na [[Sociedad Pro Escuelas en Bandeira]], comezou sendo unha escola e biblioteca. Hoxe, ademais de contar coa biblioteca -reinaugurada en democracia despois da queima dos fondos en 1936 polos fascistas-, constitúe o local social dun amplo abano de diversas asociacións que desempeñan nel unha boa parte das súas actividades.
 
== Galería de imaxes ==
{{APArtigo principal|Galería de imaxes de Manduas, Silleda}}
<gallery>
Ficheiro:Casa da Cultura da Bandeira.JPG|Centro Cultural Vista Alegre.
Liña 32:
</gallery>
 
== Lugares e parroquias ==
=== Lugares de Manduas ===
{{Lp Manduas}}
=== Parroquias de Silleda ===
{{Silleda}}
 
{{ORDENAR:Bandeira}}
 
[[Categoría:Lugares de Silleda]]