Taxáceas: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Nachonion (conversa | contribucións)
Esta achega baséase na versión española da Wikipedia [es:Taxaceae]
 
m Bot - Trocar uso de {{Referencias}} por {{Listaref}}; cambios estética
Liña 26:
As '''taxáceas''' (nome científico '''Taxaceae''') son unha familia de coníferas da orde [[Cupressales]]. Teñen follas lineais, aplanadas, enteiras, agudas no ápice, son de óvulos solitarios sen conos, e sementes cunha cuberta externa dura asociada a un [[arilo]] carnoso usualmente brillantemente colorido. Son maiormente do hemisferio norte. En [[Galiza]] só temos un representante autóctono: o [[teixo|teixo europeo]].
 
== Descrición ==
Árbores de tamaño pequeno a moderado ou arbustos, usualmente non resinosos ou lixeiramente resinosos, con fragancias ou non. Madeira sen canles de resina. Follas simples, persistentes por moitos anos, dispostas en espiral (oposta nunha especie), moitas veces tortas de xeito que semellan dísticas, lineais, aplanadas, enteiras, agudas no ápice, cunha ou ningunha canle de resina. Dioicos (raramente monoicos). Estróbilos de microsporanxios con 6-14 microsporofilos, microsporanxios 2-9 por microsporofilo, arrranxados radialmente arredor do microsporofilo ou limitados á súa superficie abaxial, pole sen "sacca". Óvulos solitarios e sen conos, sementes cunha cuberta exterior dura, asociada a un arilo carnoso usualmente brillantemente coloreado, cotiledóns 2 (ocasionalmente 1 ou 3).
 
== Ecoloxía ==
Maiormente do hemisferio norte, estendéndose desde o sur de [[Guatemala]] até [[Xava (illa)|Xava]], cun xénero endémico de [[Nova Caledonia]].
Tenden a medrar en locais húmidos do fondo dos vales onde se acumula a follada.
 
== Filoxenia ==
:''Introdución teórica en [[Filoxenia]]
 
Liña 40:
As secuencias de ADN, a morfoloxía, a anatomía, e a química dos alcaloides dividen a familia en dous clados, un que inclúe a ''[[Taxus]]'', ''[[Austrotaxus]]'' e ''[[Pseudotaxus]]'', e o outro que comporta a ''[[Torreya]]'' e mais a ''[[Amentotaxus]]''. A familia está aparentemente máis achegada a [[Cephalotaxaceae]], unha familia monoxenérica do leste de Asia que ten óvulos pareados asociados a un pequeno crecemento considerado unha escama do cono reducida e que medra ao longo do eixo do cono. Usualmente só unha das dúas sementes madurece, e desenvolven unha cubierta externa zumarenta que se asemmela, mais non é homóloga, ao arilo das taxáceas. As sementes solitarias e como ocorre coas drupas de moitas [[Podocarpaceae]] tamén se asemellan ás sementes ariladas das taxáceas, mais os datos de secuencias de ADN indican que a carnosidade apareceu máis dunha vez (Stefanovic et al. 1998).
 
== Taxonomía ==
:''Introdución teórica en [[Taxonomía]]
A clasificación, segundo [[Sistema de clasificación das ximnospermas vivintes de Christenhusz et al. 2011|Christenhusz et al. 2011]],<ref name="Christenhusz et al. 2011" /> que tamén fornece unha secuencia lineal das ximnospermas até xénero:
 
* Familia 12. Taxaceae Gray, Nat. Arr. Brit. Pl. 2: 222, 226 (1822), ''nom. cons.'' Tipo: ''Taxus'' L. Sinónimos: Cephalotaxaceae Neger, Nadelhölzer 23, 30 (1907). Tipo: ''Cephalotaxus'' Siebold & Zucc. ex Endl. Amentotaxaceae Kudô & Yamam., in Kudô, J. Soc. Trop. Agric. 3: 110 (1931). Tipo: ''Amentotaxus'' Pilg. Austrotaxaceae Nakai, Tyosen-Sanrin 158: 14 (1938). Tipo: ''Austrotaxus'' Compton Torreyaceae Nakai, Tyosen-Sanrin 158: 14, 23 (1938). Tipo: ''Torreya'' Arnott
:::6 xéneros, 28 especies, Eurasia a [[Malasia]], Norte de África, [[Nova Caledonia]], América do Norte a América Central. Esta secuencia segue as árbores filoxenéticos de Hao ''et al.'' (2008). Taxaceae é monofilético mentres ''Cephalotaxus'' e ''Amentotaxus'' son incluídos (Price 2003). Pódese discutir que os resultados filoxenéticos de Hao ''et al.'' (2008) sustentan unha clasificación alternativa en 3 familias (Taxaceae, Cephalotaxaceae e Amentotaxaceae), mais aquí optouse por unha circunscripción máis ampla de Taxaceae no canto desas pequenas familias.
** 12.1. ''[[Austrotaxus]]'' Compton, J. Linn. Soc., Bot. 45: 427 (1922). Tipo: ''A. spicata'' Compton
** 12.2. ''[[Pseudotaxus]]'' W.C.Cheng, Res. Notes Forest. Inst. Natl. Centr. Univ. Nanking, Dendrol., ser. 1: 1 (1948). Tipo: ''P. chienii'' (W.C.Cheng) W.C.Cheng (≡ ''Taxus chienii'' W.C.Cheng) Sinónimo: ''Nothotaxus'' Florin, Acta Horti Berg. 14: 394 (1948), ''nom. illeg.''
** 12.3. ''[[Taxus]]'' L., Sp. Pl. 2: 1040 (1753). Tipo: ''T. baccata'' L. Sinónimo: ''Verataxus'' J.Nelson, Pinaceae : 168 (1866). Tipo: ''Taxus communis'' J.Nelson (≡ ''T. baccata'' L.)
** 12.4. ''[[Cephalotaxus]]'' Siebold & Zucc. ex Endl., Gen. Pl. Suppl. 2: 27 (1842). Tipo: ''C. pedunculata'' Siebold & Zucc. ex Endl., ''nom. illeg.'' (= ''C. harringtonii'' (Knight ex J.Forbes) K.Koch ≡ ''Taxus harringtonii'' Knight ex J.Forbes)
** 12.5. ''[[Amentotaxus]]'' Pilger, Bot. Jahrb. Syst. 54: 41 (1916). Tipo: ''A. argotaenia'' (Hance) Pilger (≡ ''Podocarpus argotaenia'' Hance)
** 12.6. ''[[Torreya]]'' Arnott, Ann. Nat. Hist. 1: 130 (1838), ''nom. cons.'', non Raf. (1818, Lamiaceae), non Raf. (1819, Cyperaceae), non Spreng (1820, Verbenaceae), non A.Eaton (1929, Loasaceae), ''all nom. rej.'' Tipo: ''T. taxifolia'' Arnott. Sinónimos: ''Tumion'' Raf., Good Book: 63 (1840), ''nom. illeg.'' Tipo: ''T. taxifolium'' (Arnott) Greene (≡ ''Torreya taxifolia'' Arnott) ''Struvea'' Rchb., Deutsche Bot. Herbarienbuch: 222, 236 (1841), ''nom. rej.'' Tipo: ''Torreya taxifolia'' Arnott ''Caryotaxus'' Zucc. ex Henkel & Hochst., Syn. Nadelhölzer: 365 (1865), ''nom. illeg.'' Tipo: ''C. nucifera'' (L.) Henkel & W. Hochst. (≡ ''Taxus nucifera'' L. ≡ ''Torreya nucifera'' (L.) Siebold & Zucc.) ''Foetataxus'' J.Nelson, Pinaceae : 167 (1866), ''nom. illeg.'' Tipo: ''F. montana'' J.Nelson, ''nom. illeg.'' (≡ ''Torreya taxifolia'' Arnott)
 
== Importancia económica ==
''[[Taxus]]'' é amplamente cultivado coma [[Planta ornamental|ornamental]] e para madeira en América do Norte e Europa. É unha das madeiras de coníferas máis finas empregada en moblaxe de alta calidade. ''[[Torreya]]'' é menos importante coma ornamental, mais a súa madeira, a súa semente comestíbel, e mailo o aceite da súa semente son moi valorado en Asia.
 
Liña 59:
 
== Notas ==
{{ReferenciasListaref}}
* Judd, Campbell, Kellogg, Stevens, Donoghue. 2007. Plant Systematics, a phylogenetic approach, third edition. Sinauer associates, inc. USA.
== Véxase tamén ==
Liña 65:
{{wikispecies}}
=== Outros artigos ===
* [[Coníferas]]
* ''[[Taxus]]''
=== Ligazóns externas ===
* Stevens, P. F. 2001. [http://www.mobot.org/MOBOT/Research/APweb/welcome.html Angiosperm Phylogeny Website] Versión 7, Maio de 2006 (en inglés).
 
 
[[Categoría:Pinales]]