República Checa: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Lameiro (conversa | contribucións)
corrixo *gubernamental
m Bot - Trocar uso de {{Referencias}} por {{Listaref}}; cambios estética
Liña 193:
A República Checa ten un [[clima continental]] tépedo, con veráns relativamente cálidos e invernos fríos, nubrados e con neve. O [[clima continental]] é extremado en [[Bohemia]] e [[clima tépedo|tépedo]] en [[Moravia]]. A maior parte da choiva cae durante o verán. A diferenza de temperatura entre verán e inverno é relativamente alta, debido á súa posición xeográfica sen saída ao mar. Dentro da República Checa, as temperaturas varían enormemente dependendo da [[altitude]].
 
En xeral, a altitudes máis elevadas, as temperaturas baixan e as [[precipitación (meteoroloxía)|precipitacións]] increméntanse. A zona máis húmida na República Checa atópase ao redor de [[Bílý Potok]] nas montañas Jizera e a rexión máis seca é o [[Louny|distrito de Louny]] ao noroeste de [[Praga]]. Outro factor importante é a distribución das montañas. No pico máis alto do país, o Sněžka, a temperatura media é de -0,4  °C, mentres nas chairas da [[rexión de Moravia Meridional]], a temperatura media chega até 10  °C. A capital do país, [[Praga]], ten unha temperatura media semellante, aínda que iso está influído por factores urbanos.
 
O mes máis frío é normalmente [[xaneiro]], seguido por [[febreiro]] e [[decembro]]. Durante estes meses, hai normalmente neve nas montañas e ás veces nas principais cidades e na chaira. Durante [[marzo]], [[abril]] e [[maio]], a temperatura increméntase rapidamente, especialmente durante abril, cando a temperatura e o tempo tende a variar amplamente ao longo do día. A primavera tamén se caracteriza por altos niveis de auga, debido ao desxeo da neve con inundacións ocasionais. O mes máis cálido do ano é [[xullo]], seguido por [[agosto]] e [[xuño]]. De media, as temperaturas no verán son ao redor de vinte graos máis altas que durante o inverno. O verán tamén se caracteriza por choiva e tormentas. O [[outono]] xeralmente comeza en [[setembro]], que é aínda relativamente cálido e seco. Nesta estación, as temperaturas usualmente caen por baixo dos 10 ou 15 °C e as [[árbore]]s [[caducifolio|caducifolias]] comezan a perder as súas follas. A finais de novembro, as temperaturas usualmente están ao redor do punto de conxelación.
Liña 558:
 
== Notas ==
{{ReferenciasListaref|2}}
 
== Véxase tamén ==