Pé de hórreo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
corrixo "soe" por "acostuma" ou "adoita"
m Bot - Trocar uso de {{Referencias}} por {{Listaref}}; cambios estética
Liña 6:
 
== Orixes ==
[[ImageFicheiro:Staddle stones, Somerset Rural Life Museum.jpg|thumb|250px|Un [[celeiro (construción)|celeiro]] inglés sobre pés no museo da vida rural de [[Somerset]] (Somerset Rural Life Museum.]]
O mesmo nome de esteo e a evidencia da sobrevivencia de [[Arquitectura popular|edificios vernáculos]] con pés de madeira suxestionan que os primeiros esteos e tornarratos estaban feitos de madeira, como segue a ocorre cos [[Hórreo de corres|cabazocabazos]]s galegos primitivos, con algúns hórreos de tipo asturiano atopados na provincia de Lugo (e en Asturias) ou nalgúns hórreos ingleses como o de[[Surrey]].<ref name="Quiney">Quiney, Anthony. (1995). ''The Traditional Buildings of England''. Thames & Hudson. ISBN 0-500-27661-7 p.174.</ref> Os esteos son medios duradeiros e fiábeis para soportar estruturas, ás veces cun peso considerábel. Adoitan soster [[celeiro (construción)|celeiros]], [[palleiro]]s e máis raramente vivendas.
Noutras zonas de Europa existen [[Celeiro (construción)|celeiros]] aéreos sobre pés que son morfoloxicamente afíns ao hórreo, en todo ou en parte, tales como o ''stabur'' noruegués, o ''hebre'' sueco, o ''sol'ek'' polaco, o ''kukuruzniak'' serbio, por mencionar só algúns dos que se dan en [[Europa]].<ref name="ef"></ref> Noutras zonas do globo existen incluso edificios elevados (África, Sueste Asiático,...); porén non atopamos pés de pedra, nin os elementos que nós coñecemos coma tornarratos, coa excepción das [[Illas Británicas]] onde os hórreos son moi semellantes, especialmente nas zonas do sur de Inglaterra ([[The Cotswolds]], [[The West Country]], [[Illa de Wight]]). En [[Escocia]] (no Museum of Scottish Country Life en Wester Kittochside preto de [[East Kilbride]]) atopamos dúas estuturas ( 'Stathels') feitas en ferro co mesmo propósito de elevar construción e apartalas da humidade do chan.
 
== Deseño ==
Os pés dos hórreos teñen a miúdo dúas partes: o esteo e o tornarratos, que xuntos dan a aparencia de [[cogomelo]], por isto os ingleses chámanlle tamén ''mushroom stones'' (pedras fungo).
As diferentes zonas de espallamento do [[hórreo]] e dos [[Celeiro (construción)|celeiros]] elevados (Galiza, [[Norte de Portugal]], [[Asturias]], [[León]], [[Inglaterra]], etc) fan que existan diferentes deseños, que van dos máis primitivos aos máis formais. O esteo varía dende formas cilíndricas, rectangulares (os máis formais), a case triangulares (moitos en Inglaterra ou os de madeira do tipo asturiano). O máis común é o uso do granito, mais tamén atopamos pés feitos en [[cachotaría]] de xisto. Mentres o esteo pode ser de madeira, o tornarratos é sempre de pedra ([[xisto]], [[lousa]] ou [[granito]]) e tamén pode consistir nunha simple laxe horizontal, até artísticos traballos de cantaría nos hórreo máis evoluídos, semellantes as moas do muíño (de aí o nome de moa ou ''mó''). A parte superior do tornarratos acostuma ser plana porque nela apoian as [[trabe]]s.
 
Estas estruturas seguen a ser moi comúns en Galiza e Asturias, porén case desapareceron en zonas coma o [[País Vasco]] ou [[Inglaterra]]. No sur de Inglaterra foron estruturas moi comúns no [[século XVIII]]; os materiais usados dependían da dispoñibilidade local, coma ocorre nos hórreos galegos. Algúns destes celeiros ingleses tiñan moitos esteos, como é o caso do celeiro de [[Reigate]], á beira dun [[muíño]]. <ref>Bryan, Anthony (2006). ''Francis Frith's Windmills & Watermills''. Pub. Frith Collection. ISBN 0-7537-1404-3. p. 91.</ref>
 
== Función ==
[[FileFicheiro:Piornedo Os Ancares Lugo (6).jpg|right|250px|thumb|[[Hórreo]] tipo asturiano (horro) en [[Piornedo, Donís, Cervantes|Piornedo]] (Cervantes - Lugo - Galiza), sostido por esteos con tornarratos. ]]
Os esteos rematan nos tornarratos, que son xeralmente arredondados, polo que fai case imposíbel aos [[roedor]]es rubir polos pés do celeiro e acadar o [[feo]] ou o [[cereal|gran]] almacenado na cámara superior.
O ar pode libremente circular a través dos costais da cámara (especialmente no canastro galego que funciona coma un verdadeiro secadoiro) facendo que o gran fique seco.<ref name="AA">''Book of the British Countryside''. Pub. London : Drive Publications, (1973). p. 213.</ref> Sobre os tornarratos apoia a ‘’lastra’’, un forxado formado normalmente por trabes de madeira. Nos hórreos ibéricos os esteos adoitan ir só nos extremos do edificio (sexa este de planta rectangular ou cadrada); porén os ingleses poden incluír esteos no medio, a xeito de ringleiras, chagando a atopar edificios con máis de dezaseis pés. A caixa dos hórreos, celeiros ou as medas de palla ([[palleiro]]s), erguíanse sobre este forxado.
Ademais dos celeiros nalgúns lugares de Inglaterra erguíanse [[apiario|alvarizaalvarizas]]s onde se colocaban as [[colmea]]s. A caixa ou cámara dos hórreos ingleses fabricábanse de madeira, pero tamén atopamos exemplos de armazóns de madeira con cerramentos de [[ladrillo]]. En Galiza a cámara é de madeira, pedra, ambos materiais combinados, e incluso de [[vimbio]]s nos máis primitivos. As cubertas poden ser de lousa (lousados), tella (tellados) ou [[colmo]] (colmados).
Para acceder á cámara, se hai algunha escaleira fixa ou pasarela que conduce á cámara, detense a unha distancia suficiente para garantir o seu illamento dos animais. Normalmente o acceso resólvese simplemente cun elemento móbil, sexa escada de man de poucos chanzos ou tallo de madeira, colocada sobre o patamal de desembarco para salvar a altura entre este e a cámara (tanto nos hórreos ibéricos, coma nos británicos). Nalgúns hórreos ingleses atopamos gateiras e canceiras<ref name="Peters">Peters, J.E.C. (2003). ''Discovering Traditional Farm Buildings''. Shire Publications. ISBN 0-85263-556-7.</ref>
 
Liña 28:
 
== Pés dos celeiros galegos ==
[[FileFicheiro:Pés de hórreo en Noia.jpg|dereita|250px|thumb|Pés de hórreo en [[Noia]] (A Coruña)]]
En xeral existen tres tipos básicos de soportes no hórreo galego: os esteos ou columnas, as ''cepas'' ou muros transversais, o ''celeiro'' ou base pechada, e a ''cepa maciza''. É común atopar solucións que combinen todas ou varias das solucións tipo. En todos eles interpóñense entre os soportes e a cámara os tornarratos<ref name="imr"></ref> Cando un tornarratos cobre á vez unha parella de esteos, solución abundante en Ourense e Portugal, chámase '''mesa'''. Os esteos son empregados nas zonas nas que o granito é compacto e resistente, e que corresponde con case toda a provincia de Pontevedra, a parte inmediata da de Ourense e o occidente da da Coruña. Os esteos son monolíticos e teñen formas variábeis tendentes sempre á simplicidade xeométrica.
O uso de esteos impón unha solución construtiva [[Arquitrabe|arquitrabada]] na que escasea o uso da [[cachotería]] na cámara como aparello de peche. E corrente que os esteos teñan un ensanchamento no extremo inferior que lle dá unha forma de bota, e que procura aumentar a superficie de apoio contra o chan. En ocasións os esteos descansan nunha base pétrea, a ''soleira'', que fai as veces de [[alicerce]]; nestes casos é corrente o uso de pequenas canles rodeando a base do esteo, chamadas ''tornaformigas'', que ao se encher de auga coa [[chuvia]] impiden o paso de [[insecto]]s. O número de esteos varia coa lonxitude do hórreo, sempre en número par. Se este está dividido en tramos, a cada un correspóndelle unha parella de esteos; a distancia entre eles ven dada pola lonxitude das padieiras lonxitudinais.<ref name="imr"></ref>
 
Os pés dos hórreos ergueitos en terreo comunal teñen o valor legal de seren considerados como sinal de propiedade do anaco de terreo no que este se ergue, até o punto de que, aínda que desapareza o hórreo, o propietario mantén os seus dereitos sobre o soar mentres os pés sigan nel e se o hórreo é desfeito pérdeos ao levar de aló os pés, aínda que os restantes materiais fiquen no sitio.<ref name="casa"></ref>
== Paisaxismo e xardinaxe ==
[[ImageFicheiro:Staddlestone.jpg|upright|thumb|Esteo illado nun xardín en Inglaterra]]
O paso de ser o hórreo un equipamento indispensábel en toda casa labrega a caer no desuso, fixo que moitos destes celeiros desaparecesen tanto en Galiza, coma en Asturias ou Inglaterra. Coa súa desaparición, especialmente aqueles que tiñan as caixas de madeira, quedan soamente os pés, normalmente feitos en granito e moi duradeiros. Estes esteos e tornarratos son aproveitados como estruturas atractivas en [[xardinaxe|xardíns]], coma pequenas mesas, poios ou elementos decorativos, onde ás veces se apoian testos, plantas ou figuras. En Inglaterra pódense mercar por cantidades que chegan aos 600 €. Valórase que sexan realmente vellos e estean cubertos por [[lique]]s e [[brión (botánica)|brións]].
As veces atopamos esteos ou tornarratos aproveitados coma cachotes noutras estruturas, especialmente muros.
== Conservación ==
No caso de Galiza, en [[1973]] apróbase o Decreto 449/1973, de 22 de febreiro, que colocaba baixo a protección estatal todos os hórreos e cabazos antigos existentes. Esta breve norma, de tan só cinco artigos, intentaba atallar as consecuencias do abandono do modo de vida rural e a perda de uso dos hórreos encomendando á administración local o seu inventario e coidado e impedindo o seu desmonte e traslado.<ref>[http://www.boe.es/boe/dias/1973/03/13/pdfs/A05042-05043.pdf Decreto 449/1973], do 22 de febreiro, polo que se colocan baixo a protección do Estado os hórreos e cabazos antigos existentes en Asturias e Galicia.</ref>
 
En [[1985]] a Lei 13/85, de 25 de xullo, do Patrimonio Histórico, completa a lexislación<ref>[http://www.boe.es/aeboe/consultas/bases_datos/doc.php?id=BOE-A-1985-12534 Lei 13/85], do 25 de xuño, do Patrimonio Histórico.</ref>. Agárdase que cun futuro novo Estatuto de Autonomía se consiga unha catalogación e protección total de todos estes celeiros.
No caso de esteos e tornarratos, como xa dixemos, ao estar feitos en pedra (normalmente granito), fai que perduren durante séculos tan só cubertos cunha patina de [[lique]]s e [[brión (botánica)|brións]], o que fai que aumenten o seu valor estético e ecolóxico na xardinaxe desenvolvida.
 
== Galería de imaxes ==
Liña 54:
 
== Notas ==
{{ReferenciasListaref}}
== Véxase tamén ==
{{Commonscat|Staddle stones}}
Liña 64:
 
=== Ligazóns externas ===
* [http://news.wessexarch.co.uk/wp-content/images/press/valefarm/granary-on-staddle-stone.JPG] Celeiro sobre esteos (en inglés) {{Ligazón morta}}
* [http://www.flickr.com/photos/51603732@N07/sets/72157626220683603/show/ Colección de pés de celeiros de Inglaterra (en inglés)]
 
[[Categoría:Hórreo]]