Pazo de Fillaboa: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Shyde (conversa | contribucións)
m As ligazóns a «adega (de viño)» apuntan agora a «Adega (industria)».
m Bot - Trocar uso de {{Referencias}} por {{Listaref}}; cambios estética
Liña 4:
 
== Descrición ==
O estado de conservación do pazo ou [[casa grande]] é bo, malia ter sido moi modificado. Consérvanse da primitiva construción do século XVI os [[Muro (construción)|muromuros]]s de pedra, a [[escalinata]], as [[balaustrada]]s, a [[capela]], o gran [[hórreo galego|canastro]] e mailo [[Pombal (edificio)|pombal]]. Con planta en forma de L e construído nun noiro, aproveitando o desnivel, en fábrica de [[cachotaría]] de [[granito]], ten planta terrea por un dos lados e adega e sollado polo outro, ao que se accede cunha escaleira pétrea que remata nunha [[solaina]] moi modificada con [[balaústre]]s de granito sobre [[arco de medio punto|arcos de volta perfecta]]. Nun dos extremos a [[Torre (construción)|torre]], sinxela de planta cadrada, rematada en [[amea]]s e cun [[escudo]], desprazado da localización orixinal; este amosa un campo cuartelado en cruz coas armas dos Sarmiento e dos [[Ducado de Soutomaior|Soutomaior]]. A quinta está pechada por un valado de pedra de 1600 metros<ref>[http://www.bodegasfillaboa.com/news/press/news/esp/2013-03-13La%20Nueva%20Espa%C3%B1a%20-%20Bodegas%20Fillaboa%20pdf.pdf Artigo en La Gran Galería sobre o pazo]</ref>.
 
== Historia ==
Liña 11:
A historia do pazo comeza durante a [[Guerra de Restauración portuguesa]] no [[século XVII]] (1640); daquela [[Salvaterra de Miño|Salvaterra]] pasa a pertencer a Coroa de Portugal, así que o [[Marqués de Tavara]], gobernador de Galicia, levanta un [[Fortaleza (arquitectura militar)|forte]] (hoxe desaparecido) no lugar no que se atopa a casa, para controlar o camiño cara [[Tui]] (camiño no que se atopa a [[ponte de Fillaboa]])<ref>[http://www.concellodesalvaterra.org/informacion.php?pr=0&id=905&pr1=011100&apt=202010 Información do pazo na Web do Concello de Salvaterra - parroquia de Arantei {{gl}}]</ref>. Rematados os acontecemento bélicos que motivaran a súa existencia, A Fillaboa coñeceu días máis tranquilos transformándose o forte en quinta de descanso.
 
No [[século XVIII]] realízanse numerosas reformas, sendo o dono do pazo (Granxa de Fillaboa) o [[Condado de Salvaterra|Conde de Salvaterra]] (liñaxe da [[Casa de Alba]]) e [[Marquesado de Sobroso|Marqués de Sobroso]]. No século XIX, tras varias xeracións, a quinta da Fillaboa mailo [[Castelo de Sobroso]], pasan a casa á [[Ducado de Híjar|duquesa de Híjar]], viúva, que vende ambas as dúas propiedades no ano [[1884]] ao vigués [[Manuel Bárcena Franco]], I [[conde de Torrecedeira]]. Bárcena comezou a cultivar viñedos e a producir o ''Viño do Condado Fillaboa'', que logo exportou a países coma Cuba, Arxentina e Francia xa polo ano [[1900]]. Tamén reformou a casa ao estilo colonial. A casa vendeuse en [[1955]] ao tamén vigués [[Alejandro Barreras Barret]], enxeñeiro naval. Nesta época o pazo sufriu un incendio do que se salvaron a capela, o pombal e as adegas; tralo lume Barreras modificou moito o edificio para transformalo nunha casa de campo cos gusto da época.
 
Hoxe en día o pazo pertence a unha adega do grupo asturiano Masaveu, que devolveu ao edificio parte do seu antigo aspecto palaciano. Posúen 70 hectáreas de viñedos, principalmente de [[albariño|uva albariña]], tamén celebran eventos<ref>[http://www.bodegasfillaboa.com/cargador_general_ga.htm Información das adegas ''Fillaboa'']</ref>.
Liña 19:
 
== Notas ==
{{ReferenciasListaref}}
== Véxase tamén ==
=== Outros artigos ===
* [[Ponte de Fillaboa]]
=== Bibliografía ===
* [http://patrimoniogalego.net/index.php/45756/2013/06/pazo-da-fillaboa/ Ficha do pazo na Web de Patrimonio Galego {{gl}}]
=== Ligazóns externas ===
* [http://www.bodegasfillaboa.com/cargador_general_ga.htm Web da Adega do pazo {{gl}}]
 
[[Categoría:Pazos da provincia de Pontevedra|Fillaboa]]
[[Categoría: Salvaterra de Miño]]