Carpa vermella: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Lameiro (conversa | contribucións)
corrixo
m Bot - Trocar uso de {{Referencias}} por {{Listaref}}; cambios estética
Liña 21:
A '''carpa vermella'''<ref>Nome vulgar galego en ''Listado de denominaciones comerciales de especies pesqueras y de acuicultura admitidas en España''. Boletín Oficial del Estado, 2006 e ''Vocabulario multilingüe de organismos acuáticos'', Santiago de Compostela, Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades, </ref>, ''Carassius auratus'' <small>[[L.]], [[1758]]</small>, coñecido tamén cos nomes de peixe xaponés, peixiño dourado ou peixe vermello, é unha [[especie (bioloxía)|especie]] de pequenos peixes de [[auga doce]] pertencente á [[Familia (bioloxía)|familia]] dos [[ciprínidos]] ([[Cyprinidae]]), á que pertencen todas as [[carpa]]s. Foi unha das primeiras [[especies]] de [[peixe]]s en ser domesticada e é aínda un dos peixes de [[acuario (recipiente)|acuario]] máis comúns no mundo enteiro. É unha variedade domesticada dunha carpa cinsenta escura nativa de [[Asia]] oriental. Foi domesticada, por vez primeira na [[China]], e foi introducida en [[Europa]] a finais do [[século XVII]].
 
Ten moitas variedades de tamaño, forma, configuración e cor (varias combinacións de branco, amarelo, alaranxado, vermello, marrón e negro). Pode crecer até aos 59 [[centímetro|cm]] e un máximo de 3 [[quilogramo|kg]], aínda que tales valores sexan moi raros: a maior parte dos espécimes non atinxe a metade destas medidas. É [[ovíparo]].
 
Existen argumentos que defenden que o peixe vermello pode chegar a recoñecer o seu dono (aquel que lle dá comida).
Liña 38:
 
== Notas ==
{{ReferenciasListaref}}
== Véxase tamén ==
{{Wikispecies|Carassius auratus}}
 
[[Categoría:Cyprinidae]]
[[Categoría:Animais descritos en 1758]]