Betty Boop: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sobreira (conversa | contribucións)
m xudía de qué??
m Bot - Trocar uso de {{Referencias}} por {{Listaref}}; cambios estética
Liña 9:
== Orixes ==
Betty Boop fixo a súa primeira aparición o 9 de agosto de 1930, en [[Dizzy Dishes]] , o sexto na serie Talkartoon de Fleischer. Aínda que a actriz [[Clara Bow]] fora o modelo para Betty, ela realmente comezou coma unha caricatura da cantante [[Helen Kane]]. Na súa primeira aparición, a personaxe foi creada orixinalmente coma unha especie dun poodle francés humanoide.
Após a súa primeira aparición, Betty Boop foi redeseñada como unha personaxe humana en 1932, nos debuxos ''[[Any Rags]]''. As súas orellas moles de poodle tornáronse pendentes de argola, e o seu nariz negro canino pasou a ser nariz humano. Betty Boop apareceu coma un personaxe coadxuvante en dez debuxos animados coma unha rapaza [[Flapper|flapper]], ou sexa, unha moza ben arreglada vestindo saia curta.
 
Durante as primeiras aparicións, a voz de Betty foi feita por [[Margie Hines]]. Alén desta, a voz da Betty foi feita por varias actrices, coma Kate Wright, Bonnie Poe, Ann Rothschild (tamén coñecida como ''Little Ann Little''), entre outras. A voz máis coñecida de Boop foi [[Mae Questel]], que a interpretou en varias curtametraxes, desde 1931 até 1938, e tamén fixo a voz da personaxe no filme ''[[¿Quen enganou a Roger Rabbit?]]'' en 1988 e no filme de [[Felix the Cat]] (''Felix the Cat: The Movie'') , en 1991. Hoxe en dia a súa voz é dobrada polas actrices [[Cindy Robinson]], [[Sandy Fox]], [[Cheryl Chase]] e [[Tara Strong]].
Liña 17:
En 1934, as curtametraxes de Betty Boop sufriron alteracións por mor do código de produción que censurou algunhas características, porque antes as curtametraxes eran dirixidas ao público adulto.
 
Desde o dia 1º de xullo de 1934, o código de produción suxeriu que Max Fleischer alterase as características dos seus debuxos e a aparencia da personaxe. Desde entón, Betty deixou de usar roupas moi curtas e pasou a vestir un vestido, ou calquera roupa que cubrise o seu corpo até o pescozo, inclusive que os seus cabelo pasaron a ter menos rolos. Betty tornouse nunha solteira politicamente correcta, posuíndo unha personalidade máis responsábel e máis seria. O código non permitía que a personaxe e un can chamado Bimbo tivesen unha relación amorosa, que sería considerado [[Zoofilia|zoofilia]], pois na curtametraxe ''Betty Boop's Little Pal'' (1934) Betty pasou a ter un cachorro común chamado "''Pudgy''" como seu animal de compaña.
Dende entón, as súas curtas pasaron a ter historias centradas no público infantil.
 
Liña 23:
 
== Notas ==
{{ReferenciasListaref}}
== Véxase tamén ==
=== Outros artigos ===
* '''[[Felix the Cat]]'''
* '''[[Woody Woodpecker]]'''
* '''[[Popeye]]'''
 
=== Ligazóns externas ===
* {{en}}[http://www.bettyboop.com Site Oficial de Betty Boop]
* [http://www.eyegate.com/showgal.php?id=30 Betty Boop - Galería Eyegate]
 
[[Categoría:Personaxes da banda deseñada]]