Pegada xenética: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Substitución automática de "D1S80Demo.gif" por "D1S80Demo.png" segundo o ordenou GifTagger. Motivo: Replacing GIF by exact PNG duplicate..
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 23:
Neste proceso, a mostra de ADN desnaturalízase, polo que as súas febras se separan. Utilízanse dous [[cebador]]es ou ''primers'' de ADN para que se hibriden con dous sitios complementarios nas dúas febras do ADN, de tal modo que se produza a extensión encimática normal do terminal activo dos cebadores (o [[extremo 3']]) e se faga unha copia complementaria da febra. Deste modo xéranse dúas novas copias da secuencia que interesa.
 
A repetida [[desnaturalización do ADN|desnaturalización]], hibridación e extensión feita deste xeito produce un crecemento expoñencial no número de copias do ADN de interese. A desnaturalización realízase xeralmente mediante o quentamento da mostra, polo que os encimas de replicación utilizados son tolerantes ás altas temperaturas (úsase a [[ADN polimerase Taq]]). Hai aparellos que automatizan o proceso (termocicladores). Poden orixinarse así millóns de copias da rexión de ADN desexada en só dúas horas ou menos.
 
Coa invención da [[PCR]], os perfís de ADN deron unha grande paso cara adiante tanto no seu poder de discriminación coma na capacidade de obter información de mostras moi pequenas (ou parcialmente degradadas). A PCR amplifica enormemente a cantidade dunha rexión específica do ADN, utilizando cebadores ([[oligonucleótido]]s) e ADN polimerases termoestables (Taq). As primeiras probas rápidas como as tiras de [[dot blot]] [[oligonucleótido específico de alelo|inversas]] do [[antíxeno leucocitario humano|HLA]]-[[HLA-DQA1|DQ alfa]] chegaron a facerse moi populares nalgúns países debido ao seu fácil uso e a rapidez coa que se podían obter os resultados. Porén, non tiñan un poder de discriminación tan grande coma a [[RFLP]]. Era tamén difícil de determinar a pegada xenética de mostras mixtas, como as que se recollen en frotis vaxinais en casos de violación.