Condado da Limia: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
XAVIER (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
XAVIER (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 1:
Denominación dunha antiga rexión altomedieval e baixomedieval ( Século X - Século XII) que se situaba na actual [[provincia de Ourense]] ademais de chegar ata [[Viana do Castelo]], seguindo o curso do [[río Limia]]. Obviamente, esta Limia medieval era moito máis extensa ca actual [[comarca da Limia]] e chegaba ata [[Maceda]], ocupando na parte na parte galega practicamente caseque toda a [[provincia de Ourense]] menos a conca do [[Ribeiro]], do [[Sil]] e do [[Bibei]]. É dicir, que á actual [[comarca da Limia]], haberíalle que sumar a Limia da zona de [[Celanova]], [[Allariz]], [[Maceda]], e tamén á Limia portuguesa, ou sexa a parte de Viana de Castelo, posto que neste intre histórico ainda non existía [[Portugal]], condado que se independezaría no século XII. A Limia medieval terá un gran peso no [[reino de Galicia]] neses séculos, sendo Allariz, a capital política da mesma. Sendo cidade do rei, os notarios do rei asinaran dende o século XII ata fins da Idade Media como notarios de Allariz e da terra da Limia. Destacar tamén a gran importancia desta Limia medieval do [[mosteiro de Celanova]], que foi moito máis cun mosteiro, foi un centro señorial, repoboador, e que tivo unha importancia política paralela á de Allariz pola relación da familia de [[San Rosendo]] ca monarquia do [[reino de León]].

Ata ben fai pouco tempo a vila de [[Maceda]], denominabaselle Maceda da Limia.
 
[[Category:Idade Media de Galicia]]