Diferenzas entre revisións de «Igrexa de San Pedro de Bembibre»

amplío os contidos
(amplío os contidos)
A '''Igrexa de San Pedro de Bembibre''' é unha igrexa románica da parroquia de [[Bembibre, Taboada|Bembibre]], no concello de [[Taboada]], na provincia de [[Provincia de Lugo|Lugo]]. {{Templo|advocaciónimaxe = [[Igrexa de San Pedro]] de Bembibre - Taboada (Lugo) - Fachada.jpg|pé = Igrexa de San Pedro de Bembibre|país = [[Galicia]]|tipoadvocación = [[IgrexaSan Pedro]]|Catalogacióncatalogación = Monumento Nacional|Cultoculto = [[Igrexa Católica]]|Diócesediócese = <nowiki>[ Diócese de Lugo | Lugo]]</nowiki>|Construciónconstrución = 1191|Estiloestilo = [[Románico]]|Imaxe}} =É Igrexao demáis Sandestacado Pedroexemplo de Bembibre[[arquitectura -románica]] do concello de Taboada, (Lugo)tanto -pola Fachada.jpg|pésúa =monumentalidade Igrexacomo depolo Sanseu Pedroestado de Bembibre}}conservación. Foi declarada Monumento Nacional. <gallery>
 
== Historia ==
A inscripción na porta lateral indícanos que foi erguida no ano 1229 da era hispánica, polo que a data correcta é a de 1191. Algunhas fontes indican que formaba parte dun complexo monástico hoxe desaparecido, cuxa pedra foi empregada para construír, no século XV, o pazo dos condes de San Pedro. Isto explicaría a súa situación, afastada a case un quilómetro de calquera núcleo de poboación.
 
No ano 1681 recibiu sepultura neste templo Don Xoán Taboada Ribadeneira e Figueroa, primeiro conde de Taboada, nun sartego que representa a figura do finado e inclúe unha inscripción. Este templo estivo vinculado, igual que a parroquia e boa parte do concello, á familia dos Taboada, pola presenza do seu escudo no retablo e a titularidade do camiño que leva a ela dende o pazo, que é privada aínda que se emprega de forma totalmente pública.
 
== Exterior ==
Conta cunha única nave rectangular, cuberta por un tellado a dúas augas, e unha ábsida semicircular con bóveda de canón. No lado sur construíuse, contemporaneamente, unha sacristía. Cómpre destacar os contrafortes, dous a cada lado do edificio, que nos indican que nun principio a igrexa puido ser concebida con idea de facela máis alta ou mesmo abovedada completamente.
[[File:Iglesia de San Pedro de Bembibre (4438877850).jpg|thumb|219x219px|Portada principal]]
A portada principal e frontal está formada por tres arcos sostidos por cadansúas columnas e protexidos por outro arco de dentes de serra; os fustes están decorados case todos eles con estrías verticais, e en ocasións, con bólas; os capiteis teñen ornamentación figurada ou vexetal, salientando o terceiro deles, que mostra unha figura dun home que leva unha especie de bolsa ó pescozo, mentres que na súa man esquerda aparece unha ave e baixo a súa man dereita aparece un can. Segundo algunhas interpretacións, podería tratarse da representación da avaricia, atormantada por un demo personificado no can. Nas esquinas do marco da porta de entrada encontramos unha cabeza de boi, á que lle correspondería outra, agora perdida. Consérvase a marca das dúas vertentes do tellado que nun momento cubriu o pórtico.
[[File:Igrexa de San Pedro de Bembibre - Taboada (Lugo) - Porta Lateral.jpg|thumb|Portada lateral]]
A portada sur ten dobre arquivolta de medio punto e o arco menor decorado con motivos frorais; os capiteis do lado esquerdo están ornamentados con decoracións vexetais, e os dereitos, con decoracións animais. Destes últimos, o capitel pertencente á arquivolta representa os mitolóxicos [[grifón|grifóns]]. Aquí está a inscripción coa data de construción do edificio.
 
A espadana é sinxela e é do século XVIII (a orixinal debeu ser destruída por un lóstrego) e o cruceiro que hai fóra do recinto, do XIX.
 
== Interior ==
O interior é sinxelo: a nave central está cuberta dun teito de madeira e a ábsida dunha bóveda de canón e forno. Os muros construíronse sobre un banco de pedra e cómpre destacar o púlpito, encravado no muro norte, semellante aos dos refectorios dos mosteiros.
 
Na ábsida está o retablo barroco que, entre outras representacións, inclúe o escudo do Condado de Taboada. Detrás deste e no muro norte hai unhas pinturas murais do século XVI descubertas durante os labores de restauración, pois foran recubertas de cal. Á esquerda do púlpito está o sartego de don Xoán Taboada Ribadeneira e Figueroa, primeiro conde de Taboada.
 
== Galería de imaxes ==
<gallery>
File:Igrexa de San Pedro de Bembibre, Taboada.jpg
File:Igrexa de San Pedro de Bembibre. Sancristía no muro sur.jpg
 
</gallery>
 
==<nowiki/>==
158

edicións