1807: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Gallaecio (conversa | contribucións)
Revisión ortográfica.
m Bot - Modelo {{Ano}} en Categoría:Efemérides; cambios estética
Liña 1:
{{Ano}}
[[1806]] < '''1807''' < [[1808]]
{{calendarios do mundo}}
{{Sec19}}
== Acontecementos ==
=== España ===
* [[Carlos IV de España|Carlos IV]] entrega 15.000 homes para que loiten xunto os exércitos napoleónicos en [[Dinamarca]] e [[Alemaña]]. Cúmprese con isto parte da esixencia de Napoleón; a outra parte sería concede-los permisos para que poidan estar en [[España]] uns 10.000 prisioneiros, sen contar a entrega a [[Francia]] de importantes sumas de diñeiro. Carlos IV paga así a débeda de [[Manuel Godoy|Godoy]], polo seu intento de establece-las negociacións con [[Portugal]], [[Prusia]] e [[Rusia]] na procura de que España se integrase na curta coalición; as negociacións non foron a ningures, pois a vitoria de Napoleón na batalla de Jena (acontecida o [[14 de outubro]] [[1806]]) as desbarata.
* O [[19 de febreiro]], o rei [[Carlos IV de España|Carlos IV]] súmase oficialmente ao bloqueo continental contra o [[Reino Unido]], cumpre con iso outra das esixencias de Napoleón tras a batalla de Jena.
* O [[18 de outubro]] comeza a entrada de tropas francesas en [[España]], co pretexto de participar na conquista de Portugal, que non quere abandona-la súa tradicional alianza con [[Inglaterra]]. As tropas, comandadas polo xeneral Junot, acampan nas proximidades da fronteira española e entran polo [[País Vasco]] antes da firma do tratado de [[Fontainebleau]], que debe regula-lo reparto de [[Portugal]].
 
=== Reino Unido ===
* [[Gran Bretaña]] utiliza por primeira vez, durante o sitio de [[Copenhague]] e despois de que foran utilizados con éxito en [[Boloña]] no [[1806]], pequenos [[foguete]]s para bombardear. Con iso dábaselle un servizo útil aos artefactos inventados polo inglés William Congreve.
* Un [[2 de marzo]], o goberno británico, presidido por lord Grenville Sharp, aproba unha proposta do secretario do Estado para os Asuntos Exteriores, lord Fox, pola que se prevé a prohibición da trata de negros nun futuro non remoto. Sharp, Clarkson e Wilberforce converten a proposta nunha corrente relixiosa irreversible, polo que a decisión, que quedará confirmada no ano [[1813]], supón unha medida de grande importancia, e que será imitada nos anos seguintes por numerosos países: [[Arxentina]] no [[1813]], [[Colombia]] e [[México]] no [[1821]], [[Francia]] (un [[4 de marzo]] de [[1848]]), [[Estados Unidos de América|Estados Unidos]] (fará o referendo no [[1862]], e activará a aprobación no [[1863]]), [[Países Baixos]] no [[1863]], [[Portugal]] no [[1878]], [[Cuba]] no [[1880]], [[Brasil]] no [[1888]], etc.
 
=== Prusia ===
* O [[8 de febreiro]] líbrase a batalla de Eylau, no redores de [[Königsberg]] (en Prusia oriental), entre as tropas de Napoleón e o exército ruso de Bennigsen. A batalla en si non resulta decisiva para ningún dos dous bandos, aínda que é unha verdadeira matanza que leva a morte a uns 40.000 soldados a causa da violencia na loita e da inclemencia do [[tempo]].
* O [[14 de xuño]] as tropas de Napoleón vencen o exército ruso en [[Friedland]] (tamén, correspondente a Prusia oriental), onde sofren a perda de 25.000 homes (entre eles uns 25 dos seus xenerais). A vitoria napoleónica deixa o paso aberto ao exército francés cara [[Königsberg]], derradeira fortaleza prusiana, e obriga ao tsar, [[Alexandre I de Rusia|Alexandre I]], a pedir un armisticio que será o preámbulo do [[Tratado de Tilsit]] (que se asinará en xullo). As derrotas ante [[Napoleón Bonaparte|Napoleón]] fan que o tsar tema unha posible sublevación dos polacos, polo que a alianza parécelle un bo camiño para atallala.
* O [[1 de xullo]] o tenente xeneral prusiano, Gebhard Leberecht Blücher, tras as derrotas sufridas polos exércitos de [[Prusia]] perante os franceses, fai un chamamento aos civís e militares a sumarse ao seu corpo de combate contra Napoleón I.
* Do [[7 de xullo|7]] ao [[9 de xullo]], co fin de evitar unha sublevación dos polacos, o tsar [[Alexandre I de Rusia|Alexandre I]] acepta unha alianza con Napoleón. O acordo, que se firma nunha rada (no medio do río [[Niemen]]), fronte a [[Tilsit]], despoxa a [[Prusia]] de grande parte de [[Polonia]] e os territorios do oeste do [[Río Elba|Elba]], que pasan a engrosa-lo reino de [[Westfalia]]. [[Rusia]] comprométese a participar de forma activa no bloqueo continental contra Gran Bretaña, renuncia ás [[Illas Xónicas]] e recoñece a [[Confederación do Rhin]]. O [[Tratado de Tilsit]] traería a firma dunha alianza secreta pola cal Rusia declararía a guerra a [[Gran Bretaña]] se esta se negaba a acepta-la súa mediación no conflito europeo. A pesardes da mediación de Alexandre, Napoleón acepta a existencia do estado prusiano, pero as condicións do tratado resultan extremadamente duras. A raíña de [[Prusia]], Luisa, decídese a dar un paso audaz coa entrevista co emperador francés; Napoleón móstrase inflexible e as condicións do tratado mantéñense. Coas condicións, unhas forzas reformadoras que actúan no interior de [[Prusia]], iranse impoñendo paulatinamente nos seus criterios.
* O [[9 de outubro]], [[Federico Guillerme III]] de [[Prusia]] concede a abolición progresiva da servidume dos [[labrego]]s coa entrega, en plena propiedade, das terras da coroa que traballan; con isto leva a cabo a proposta do ministro de estado, o barón Von Stein.
 
=== Alemaña ===
* Na cidade de [[Berlín]] e en medio da gloria militar de [[Napoleón Bonaparte|Bonaparte]], o filósofo alemán Johan Gottlieb Fichte (que nacera en Rammenau, [[Saxonia]], no ano [[1762]] e finará en Berlín no [[1814]]) publica o seu «Discurso á nación alemá». A declaración sae en tempos moi difíciles para Prusia e [[Alemaña]], xa que [[Francia]] fixera declaración de guerra contra [[Prusia]]. O escrito incrimina o emperador francés por haber traizoado os ideais da revolución francesa. Nel o filósofo propón unha nación alemá baseada na democracia que non pasará desapercibida pola burguesía, polo que terá un papel importante no rexurdir espiritual e político do pobo. Fichte manifestou dende moi novo o amor pola liberdade. Influído por Lessing e Kant, dedicará a este profundos estudos, ata o punto de que pode dicirse que o seu pensamento é a continuación do kantismo; polo que, incluso, fará unha visita o seu mestre en [[Königsberg]] no [[1792]], quen o recibe friamente, aínda que tres meses despois envíalle a Kant un manuscrito sobre a «Crítica de toda revelación», polo que se poñía directamente no criticismo. No [[1793]] casou cunha sobriña de Klopstock, e pronto ten fama de liberal e demócrata; o que non lle impediu toma-la cátedra da universidade de [[Jena]] no canto da rama de filosofía. Nesta universidade tivo a acusación de [[ateísmo]], feito que lle valeu a expulsión; polo que pasou a ensinar no [[1805]] na universidade de [[Erlangen]] e, no [[1806]], en Königsberg. Tras a fuxida das tropas napoleónicas, volve a [[Berlín]] no 1807, onde pronuncia o célebre discurso [[nacionalista]]. A filosofía de Fichte intenta harmoniza-la teoría coa práctica. Nun principio parte do humanismo no que a liberdade ocupa o centro de reflexión, que logo tira a un certo [[misticismo]], dende a teoría da liberdade a unha teoría de gracia divina; o seu valor reside en especular teoricamente sobre a ciencia e a verdade para desenvolver unha doutrina práctica da moral de estado.
* Tamén na cidade de [[Bamberg]] o filósofo alemán George Wilhelms Friedrich Hegel (que nacera en [[Stuttgart]] no [[1770]] e morrerá en [[Berlín]] no [[1831]]), publica a súa obra máis representativa, a «Fenomenoloxía do espírito», que fora rematada no [[1806]] (curiosamente o mesmo día da batalla de Jena, pola tarde). Por aquel entón, Hegel era mestre nesa cidade, onde acudira interesado pola filosofía de Schelling e Fichte, a quen admiraba. Deste último herdaría a cátedra da universidade de Berlín e pediría ser soterrado ao seu carón. Coma todos os filósofos do seu tempo, a labor xuvenil de Hegel centrouse na crítica da [[relixión]] da [[historia]]. Pero ao chegar a Jena tornou na consciencia da filosofía como medio de expresa-lo sentir da vida humana no seo da historia; polo que realizou un enorme [[esforzo]] lóxico por introduci-la experiencia viva nun marco teórico, no que a historia da conciencia (xunta a [[experiencia]]) acaba por comprenderse a si mesma. Isto identificouno como técnica fenomenolóxica ou identificación con desenvolvemento da conciencia real. A fenomenoloxía é a súa vez unha reflexión sobre as leis do coñecemento e unha historia real da conciencia. Co percorrer do tempo, volve publicar entre [[1812]] e [[1816]] a «Ciencia da lóxica», aparece coma continuación da fenomenoloxía. Nela, Hegel establece o famoso método dialéctico. Só a filosofía da contradición é unha filosofía viva; a flor dá nacemento ao froito, que supón a morte daquela; polo que a morte é a contradición do renacer. De maneira dialéctica aluma a esencia da necesidade histórica. Na unidade das contradicións: a tese ven negada pola antítese, de cuxa negación créase a síntese. No [[1821]] publica a «Filosofía do dereito», é a súa doutrina do home e a historia. O [[home]] illado é unha abstracción: só a [[sociedade]] da historia é concreta; a súa representación universal é concreta. Neste sentido, o suxeito real da historial é unha razón universal.
=== Estados Unidos ===
* O enxeñeiro e [[mecánico]] estadounidense [[Robert Fulton]] (que nacera no [[1765]] e finará no [[1815]]) inaugura unha liña regular de barcos a vapor con [[roda]]s no [[río Hudson]], que circularán entre as cidades de [[Nova York]] e [[Albany, Nova York|Albany]] e cuxo primeiro percorrido faría o buque ''Clermont''. Fulton xa experimentara no ano [[1803]] cun pequeno batuxo a vapor polo que é un dos máis coñecidos artífices dos inventos relacionados coa navegación. No [[1797]] propuxo ao goberno francés a construción dun [[submarino]] coa capacidade de poñer cargas explosivas nos navíos inimigos, proxecto que levou a construción no [[1798]]. Ao non lograr que os franceses tivesen atención no seu proxecto, probou máis tarde coas británicas e tampouco o consegue; polo que volta para a súa terra, onde se dedicou de cheo á aplicación da propulsión a vapor nos [[barco]]s, empregando para iso a máquina de [[vapor]] inventada por [[Watt]].
 
=== Europa ===
* Un [[28 de xaneiro]] o [[Reino Unido]] e [[Prusia]] asinan o tratado de paz de Memel, polo que Prusia renuncia a [[Hannóver]] en favor do Reino Unido, e restablece a liberdade comercial para as mercadorías británicas. O [[25 de xuño]] [[Francia]] asina un preacordo con [[Rusia]], froito da vitoria napoleónica contra Bennigsen en Friedland acontecida o [[14 de xuño]], e que permitirá lograr o acordo do tratado de Tilsit (asinado entre o [[7 de xullo|7]] e o [[9 de xullo]]). O [[7 de xullo]] asínase un tratado secreto polo que [[Rusia]] ten que declararlle a guerra a [[Inglaterra]] e, así mesmo, participar no bloqueo continental; o tratado cede (por parte de Napoleón) a Rusia unha liberdade sobre [[Suecia]] ademais de consentir a división das posesións europeas de [[Turquía]]. O [[9 de xullo]] publícase o tratado (tal e como se nos dá a coñecer, pero que non indica nada do que hai en secreto) e [[Prusia]] é reducida á metade coa creación do reino de [[Westfalia]] e o [[Gran Ducado de Varsovia]]. Cara o norte, en [[Dinamarca]], o [[5 de setembro]], despois de tres días de [[bombardeo]] (no que se proba unha nova [[arma]], o [[foguete]]) os británicos ocupan a capital danesa de [[Copenhague]]. Dinamarca perde a súa flota neste enfrontamento.
 
=== Portugal ===
* Do outubro ao decembro e pouco antes de que as tropas do xeneral francés Junot entren en [[Lisboa]], a familia real embárcase rumbo a [[Brasil]]. A política de partición de [[Portugal]], entre [[Francia]] e [[España]], sen que a medio rexente María I e o seu fillo Xoán (que máis adiante sería [[Xoán VI]]), poidan evitala; fai que toda a corte decida trasladarse a [[Río de Xaneiro - Rio de Janeiro|Río de Xaneiro]]. Tras certo tempo en [[Portugal]] e debido á declaración de independencia de [[España]], o corpo expedicionario inglés de Wellington obrigará a [[Jean-Andoche Junot|Junot]] a capitular en [[Sintra]] o [[30 de agosto]] de [[1808]] e a evacua-lo país. Os fracaso das ofensivas francesas de [[Soult]] no [[1809]] e de [[Masséna]] entre [[1810]] e [[1811]], marcarán o declive o imperio francés que se verá desfeito no [[1816]].
* O [[27 de novembro]], despois de atravesar [[España]] cun exército de 28.000 homes para ocupar [[Portugal]], o xeneral francés [[Jean-Andoche Junot]] entra en [[Lisboa]] e é recibido polo marqués de Abrantes, que preside o Consello de Rexencia nomeado polo fuxitivo príncipe Xoán. Queda recoñecida de feito a autoridade do invasor coma delegado persoal de Napoleón. Dende o peirao, aínda son visibles os barcos ingleses que se afastan dende o [[Texo]], e no que se embarcou cara Brasil a corte portuguesa; [[María I]], a raíña Tola, marcha cara o exilio co seu fillo, o futuro rei [[Xoán VI]], rexente por aquel entón ante a incapacidade da súa nai; os que son acompañados por unha nutrida representación da nobreza. Un mes antes, [[España]] e [[Francia]] asinaran o [[Tratado de Fontainebleau]], polo que se acordaba a tripartición de Portugal: o infante de España reinaría o norte, [[Manuel Godoy]] sería o príncipe dos Algarves e o resto do territorio pasaría a estar en poder da decisión de [[Napoleón Bonaparte|Napoleón]] unha vez que se rematara a guerra contra [[Gran Bretaña]]. Grazas ao tratado, o exército napoleónico estaba autorizado a cruzar España. Tradicional a alianza con [[Inglaterra]], a monarquía portuguesa resistíase a abandona-la súa neutralidade no conflito e acata-la esixencia de cerra-los portos aos buques de [[bandeira]] inglesa, segundo dispuxera o emperador francés. Napoleón ameazou con invadi-los países que se negaran a acepta-lo bloqueo continental imposto, e o reino de Portugal non sería unha excepción. Co [[Tratado de Fontainebleau]], tiña aberto o camiño cara Lisboa. Tras a fuxida á que seguiu a invasión, a corte portuguesa permanecería 14 anos en [[Río de Xaneiro - Rio de Janeiro|Río de Xaneiro]] e daría lugar ao Imperio de [[Brasil]].
 
=== Polonia ===
* O [[2 de xaneiro]] na cidade de [[Varsovia]], o emperador [[Napoleón Bonaparte|Napoleón I]], tras a súa vitoria sobre [[Prusia]], entra fronte a unha lexión de soldados polacos na cidade, onde é aclamado como heroe e liberador da poboación. As reparticións realizadas entre [[Rusia]], Prusia e [[Austria]] nos anos [[1772]], [[1793]] e [[1795]], fixeron desaparece-lo estado polaco, e a emigración dunha grande cantidade de xente nas devanditas datas cara a [[Francia]], pois semellaba para eles a salvación. Iniciada a guerra da cuarta coalición, Napoleón formou con eles unha lexión polaca, e tras derrotar a Prusia, avanzou sobre o territorio polaco. Meses máis tarde, despois do [[Tratado de Tilsit]] (ocorrido o [[7 de xullo]] de 1807), formouse un novo estado polaco ao que se lle chamou [[Gran Ducado de Varsovia]], o cal reagrupaba a maioría dos antigos territorios, salvo os conquistados por [[Rusia]]. O novo estado, ao que tamén se lle deu unha constitución, converteuse en realidade nun [[satélite]] de Francia, que Napoleón utilizaría contra Rusia e contra os aliados desta; sería ampliado cos territorios austríacos tras a [[Paz de Schönbrunn]] no ano [[1809]]. No [[1815]] o Gran Ducado converteuse, grazas a un congreso feito na cidade de [[Viena]], nun reino e mudou de nome polo de [[Polonia]], estando baixo o dominio ruso.
 
=== Imperio Otomano ===
* O [[25 de maio]] o sultán [[Selim III]] é derrotado polos [[xanízaro]]s (soldados da infantería convertidos en garda pretoriana do [[sultán]]). O xurdimento da revolta dos xanízaros prodúcese coma protesta pola imposición das medidas reformistas na administración ([[fiscal]], na [[ensinanza]]), e no [[exército]], onde se suprimen os feudos militares creando novos corpos de tropas. Selim III será executado no [[1808]], por orde do novo sultán imposto polo xenízaros, [[Mustafá IV]], quen tamén se encarga de anula-las reformas.
 
=== América ===
* O [[3 de febreiro]] as tropas británicas ocupan a cidade brasileira de [[Montevideo]] (no Río da Prata), despois dunha breve resistencia. A ocupación, que irá dende febreiro ata setembro, traerá a [[Montevideo]] novos conceptos comerciais e ideolóxicos; xunto coa aparición do seu primeiro xornal bilingüe «''The Southern Star / La Estrella del sur''».
* O [[5 de xullo]] o pobo da cidade de [[Bos Aires]] ([[Arxentina]]) e parte da milicias crioulas formadas ante a invasión, rexeitan as tropas inglesas que avanzan polas rúas cara o forte, co fin de apoderarse da capital do vicerreinado. O [[7 de xullo]], o xeneral inglés John Whitelocke asinaba a paz, pola que se comprometía a devolve-la praza de [[Montevideo]] (tomada en febreiro) dende a que veu o ataque contra Bos Aires, e retirar todas as súas forzas do [[Río da Prata]] nun prazo de dous meses. Xa no ano [[1806]], en xuño tivo lugar a primeira invasión inglesa en Bos Aires. O almirante sir Home Popham inducira a aventura o xeneral Beresford, que con só 1.600 homes tomou a cidade (que naquel momento tiña uns 50.000 habitantes), sen encontrar case ningunha oposición; mentres o vicerrei Sobremonte fuxía cara o interior sen intenta-la resistencia. Juan Martín de Pueyrredón dende San Isidro e o mariño francés Santiago Liniers dende Montevideo encargáronse de face-la reconquista. O primeiro (Pueyrredón) foi derrotado, pero Liniers, afincado dende facía tempo no vicerreinado e ao mando das fragatas que protexían o río, desembarcou en San Fernando e, coa axuda dos habitantes consegue a rendición de Beresford o [[12 de agosto]] de [[1806]]. Formáronse por aqueles tempos a milicias crioulas coa finalidade de previr unha segunda invasión. Un cabido aberto privou de mando militar o vicerrei, e outro cabido aberto encargouse de destituílo no 1807. Cando os ingleses chegaron por segunda vez, os crioulos de Bos Aires xa comezaran a tomar consciencia do seu poder.
== Nacementos ==
* [[5 de xaneiro]] - Carlos Germán Conrado Burmeister, paleontólogo alemán.
* [[6 de xaneiro]] - Józeph Miksa Petzval, matemático e mestre húngaro.
* [[13 de xaneiro]] - Alvaro Teixeira de Macedo, diplomático, escritor e poeta brasileiro.
* [[14 de xaneiro]] - Hilario Ascasubi, escritor arxentino.
* [[16 de xaneiro]] - Charles Henry Davis, militar e almirante americano.
* [[19 de xaneiro]] - Robert Edward Lee, xeneral e comandante americano; un dos máximos responsables dos exércitos suristas dos [[Estados Unidos de América|Estados Unidos]].
* [[20 de xaneiro]] - Domingos Mocurunga, compositor brasileiro.
* [[5 de febreiro]] - Sarah Lincoln, dama americana; irmá maior de [[Abraham Lincoln]].
* [[14 de febreiro]] - Ernest Legouve, escritor e autodidacta francés; segundo outros biógrafos naceu o [[15 de febreiro]] de 1807.
* [[18 de febreiro]] - Sophie von La Roche, escritora alemá.
* [[25 de febreiro]] - Ignacy Feliks Dobrzinski, músico e compositor polaco.
* [[27 de febreiro]] - Henry Wadsworth Longfellow, escritor, poeta e autodidacta americano; natural de [[Portland, Maine]]; finará o [[24 de marzo]] de [[1882]], con 75 anos de idade.
* [[6 de abril]] - Louise Chopin, dama polaca; irmá do músico [[Frederic Chopin]].
* [[12 de abril]] - Charles Rigault de Genouilly, militar e almirante francés.
* [[28 de maio]] - Louis Agassiz, botánico e naturista suízo.
* [[6 de xuño]] - Adrien Francois Servais, violonchelista e músico belga.
* [[18 de xuño]] - Paulo Martins de Almeida, aristócrata brasileiro; vizconde de Almeira.
* [[4 de xullo]] - [[Giuseppe Garibaldi]], revolucionario nacionalista italiano; estivo casado con Anita Garibaldi.
* [[11 de xullo]] - Joseph Tichatschek, tenor alemán.
* [[24 de xullo]] - Ira Frederick Aldridge, actor americano.
* [[27 de xullo]] - Pantaleón Montserrat Navarro, bispo español.
* [[15 de agosto]] - Francois Jules Paul Grèvy, político francés; presidente de [[Francia]] nos anos [[1879]]/[[1887|87]].
* [[27 de agosto]] - Karl Albrecht, director alemán; pioneiro da revolución dos mercados.
* [[12 de outubro]] - Robert William Smith, médico e cirurxián irlandés.
* [[21 de outubro]] - [[Hilarión Eslava]], [[compositor]] e [[musicólogo]] [[España|español]].
:* - Andrés Rosales Muñoz, bispo español.
* [[22 de outubro]] - Magnus Huss, médico sueco; a ciencia recoñéceo ser o primeiro en acuña-lo termo ''alcoholismo crónico''.
* [[16 de novembro]] - François Hainl, compositor, director e violonchelista francés.
* [[27 de novembro]] - Teófilo Ottoni, empresario e político brasileiro.
* [[13 de decembro]] - Joaquim Marques Lisboa, militar e mariño brasileiro; coñecido co alcume de Almirante Tamandaré.
* [[23 de decembro]] - [[San Antonio María Claret]], [[arcebispo]] e fundador de diversas misións.
 
== Mortes ==
* [[5 de febreiro]] - Pasquale Paoli, militar e patriota corso, o último que liberou [[Corsega]] e a dotou dunha constitución.
* [[11 de marzo]] - Anton Eberl, compositor austríaco.
* [[10 de maio]] - Jean Baptiste Rochambeau, militar francés.
* [[11 de xullo]] - George Atwood, matemático británico.
* [[27 de xullo]] - Pierre Marie Auguste Broussonet, médico e naturista francés.
* [[17 de agosto]] - Johannes Nikolaus Tetens, matemático alemán.
* [[9 de outubro]] - Gian Francesco Malfatti, matemático italiano.
* [[30 de novembro]] - Antonio Vila Campos, bispo español.
 
== Outros ==
=== Breves ===
* [[1 de xaneiro]] - O revolucionario [[Simón Bolívar]] chega aos [[Estados Unidos de América|Estados Unidos]].
* [[17 de febreiro]] - O brasileiro Agostinho Petra de Bitencourt accede o nomeamento de xuíz de [[Río de Xaneiro - Rio de Janeiro|Río de Xaneiro]].
* [[23 de febreiro]] - O Parlamento británico vota a abolición do [[comercio]] dos escravos.
* [[25 de marzo]] - Co referendo do mes anterior; en [[Inglaterra]] faise pública a abolición do comercio de escravos que, dende este día quedan libres.
* [[27 de marzo]] - É aprobado no cargo de primeiro ministro británico a William Henry Cavendish-Bentinck, o cal o asume dende o primeiro momento.
* [[12 de maio]] - En [[Francia]] fúndase a congregación das irmás de José Cluny.
* [[24 de maio]] - En [[Roma]], o papa [[Pío VII]] canoniza a San Francisco Caracciolo; que xa fora beatificado polo papa [[Clemente XIV, papa|Clemente XIV]] no ano [[1769]].
* [[13 de xullo]] - A cidade inglesa de [[Londres]] acada a maior temperatura do século XIX, 38’3 graos.
* [[31 de xullo]] - Na [[India]], trala renuncia do gobernador anterior, Gilbert Elliot Murray Kynynmound, asume o novo poder coma gobernador xeral.
* [[9 de agosto]] - En [[Francia]] un novo ministro faise cargo de ministerio de interior, trátase de Emmanuel Cretet.
* [[22 de outubro]] - En [[Brasil]] o novo príncipe Xoán asina o decreto que ordena o peche dos portos do reino ao comercio británico.
* [[24 de outubro]] - O goberno brasileiro fai doazón dos terreos do Parque Farroupilha (en [[Porto Alegre]]) onde se construirá o Campo da Redención.
* [[27 de outubro]] - Fírmase o [[Tratado de Fontainebleau]].
* [[4 de novembro]] - En [[Portugal]] as tropas francesas comandadas polo xeneral Junot entran en territorio portugués.
* [[8 de novembro]] - En [[Brasil]], o príncipe Xoán asina un novo decreto; ordénase o embargo das propiedades dos cidadáns británicos.
* [[30 de novembro]] - En [[Portugal]] o exército francés ocupa a cidade de Lisboa.
* [[12 de decembro]] - En Portugal as tropas francesas invaden a rexión de [[Cascais]].
* [[Beethoven]] - Compón Misa e Do.
 
[[Historia ano a ano]]