Diferenzas entre revisións de «Salamanca»

corrixo
(Castela - Castilla -> Castela)
(corrixo)
Durante a [[guerra da Independencia Española|guerra da Independencia]], Salamanca foi ocupada polas tropas do mariscal [[Soult]] en [[1809]] e ficou en mans [[Francia|francesas]] até a [[batalla de Arapiles]] ([[1812]]), na que venceron os exércitos aliados baixo o mando de [[Duque de Wellington|Wellington]]. Durante a ocupación, os franceses construíron defensas e, para obter materiais, destruíron unha importante parte dos edificios salmantinos, especialmente do barrio chamado de Caídos, onde se levantaban coñecidos [[Colexio maior|colexios maiores]] da Universidade, dos que xa non queda nada. O peor momento chegou cando [[Fernando VII de España|Fernando VII]] pechou as universidades españolas. A partir da reapertura, a de Salamanca quedou reducida a unha universidade de provincias.
 
En 1873, tras proclamarse a [[Primeira República Española|Primeira República]], en Salamanca produciuse un levantamento [[cantonalismo|cantonalista]] que foi sofocadosufocado.
[[Ficheiro:Slm1858.jpg|miniatura|250px|Salamanca en 1858]]
Durante o resto do [[século XIX]] a cidade experimentou unha leve recuperación ao ser feita capital de provincia e ao ser tamén construído o [[ferrocarril]] que unía [[Francia]] con [[Portugal]], e que pasaba pola Meseta ([[Medina del Campo]] e Salamanca, [[1877]]).