Burkina Faso: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
corrixo
Liña 68:
Na zona oeste a loita contra as forzas do poderoso rei Samori Ture complicaba a situación, e a zona este puido ser ocupada polos franceses en 1897 logo de varias campañas militares. Para [[1898]], a maioría do territorio hoxe correspondente a Burkina Faso fora conquistado aínda que sexa en forma nominal, sendo precario o control de varias rexións. A convención asinada entre [[Francia]] e [[Gran Bretaña]] o [[14 de xuño]] de 1898, permitiu finalizar a disputa entre as dúas potencias coloniais, e trazar as fronteiras entre os seus territorios. Os franceses continuaron por cinco anos unha guerra de conquista contra as comunidades locais. En [[1904]] prodúcese unha gran reorganización do imperio colonial francés no oeste de Africa, e os territorios da conca do [[Río Volta|Volta]] na colonia de ''Alto Senegal e Níxer'' (en francés: ''Haut-Sénégal et Niger'') de Africa Occidental francesa. A capital da colonia era [[Bamaco]].
 
Recrutas do territorio participaron en Europa da [[Primeira Guerra Mundial]] como parte dos batallóns de [[Infantería senegalesa]] (''Tirailleurs sénégalais''). Durante 1915 e 1916 os distritos da párte oeste do territorio actual de Burkina Faso e a franxa veciña do leste de Malí foron escenario dunha moi importante resistencia armada ao goberno colonial (no que se coñeceu como a guerra de Volta-Bani). Finalmente o goberno francés logrou sofocarsufocar o levantamento, non sen antes sufrir varias derrotas e ser forzado a armar a maior forza expedicionaria na súa historia colonial para facerlles fronte. No norte en Sahelia, os Tuareg e grupos aliados da rexión de [[Dori]] tamén comezaron unha oposición armada. Ao finalizar a Primeira guerra mundial, o 1 de marzo de 1919, e ante a posibilidade de repetición dos levantamentos armados e outras consideracións económicas o goberno colonial decide separar o territorio de Burkina Faso do de Alto Senegal e Níxer coa finalidade de reforzar a súa administración. A nova colonia é chamada [[Alto Volta]] e François Charles Alexis Édouard Hesling foi o seu primeiro gobernador. Hesling comeza un ambicioso programa de construción de estradas e promove o cultivo de algodón para exportación. O plan de desenvolvemento do algodón fracasou coa consecuente caída de ingresos. A colonia foi desmantelada o [[5 de setembro]] de [[1932]], e o seu territorio dividiuse entre Costa do Marfil, Malí e Nixeria. A maior parte do territorio e da poboación incluíndo as cidades de Ouagadougou e Bobo-Dioulasso foi cedido á Costa de Marfil.
 
A decisión foi revertida durante as intensas revoltas anti-coloniais que se produciron ao finalizar a [[Segunda Guerra Mundial]] e o [[4 de setembro]] de [[1947]] o Alto Volta foi reestablecido nas fronteiras que ocupaba en [[1932]]. O [[11 de decembro]] de [[1958]], logra o auto goberno, e convértese nunha república e membro da comunidade franco-africana (A Communauté Franco-Africaine). Logra a súa independencia total en [[1960]]. En [[1966]] prodúcese o primeiro golpe militar; e o poder civil recentemente retoma o goberno en 1978.