Magnencio: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
corrixo ortografía
corrixo
Liña 2:
'''Flavius Magnus Magnentius''' ([[Samarobriva]], preto de [[Ambianun]], [[Galia]], [[303]] - [[11 de agosto]] de [[353]]) foi un [[emperador romano]]. De orixe bárbara, uniuse as lexións romanas, onde destacou polas súas cualidades militares. Chegou a ser comandante das lexións Herculianas e Xovianas<ref>[[Zósimo (historiador)|Zósimo]], [http://www.archive.org/details/historianovaedid00zosiuoft ''Historia nea'' (''Ίστορία νέα'')], ii 58</ref>, cando se produciu un descontento xeral dentro do exército polas accións do emperador [[Constante]].
 
Este descontento levou a Magnencio a participar nunha conspiración que rematou co seu nomeamento como ''augustus'' por parte das lexións. Constante, vendo que perdera o favor do exército, fuxiu, pero un destacamento da cabalería lixeira atópao en Helena, preto da fronteira con [[Hispania]], nos Pireneos e asasínao. Se exceptuamos a rexión dos [[Balcáns]], onde as tropas nomearan emperador a [[Vetranio]], quen se mantiña fiel ao emperador [[Constancio II]] de Oriente, xa que este se apurou en recoñecelo coma césar e enviarlle unha coroa imperial, Magnencio era o verdadeiro emperador de Occidente, xa que as provincias de [[Hispania]], [[Galia]] e [[Britannia]] recoñecérono axiña, en parte pola súa política de tolerancia dos cristiáns. Na provincia de [[África]] tentou de gañala co nomeamento das persoas axeitadas que continuasen a súa politicapolítica tolerante.
 
Pero a rebelión de [[Nepociano]], membro da familia de Constantino, en Roma, pronto lle amosou que a coroa era moi feble se non conseguía estabilizala e rematar cos seus inimigos. Aínda que a rebelión foi prontamente sufocada, Magnencio nomeou ao seu irmán [[Decencio]] (Magnus Decentius) coma césar e enviouno cara a [[Rhin]] para defender a Galia, e el dirixiuse aos Balcáns, enviando mensaxes a Vetranio para que se unise á súa causa. Pero o vello xeneral dirixiuse cara o sur para se unir ás tropas de Constancio II, que abandonaran a guerra contra os persas para tentar de rematar con Magnencio. Cando conseguiu chegar a elas, Vetranio abdicou.