Oso pardo europeo: Diferenzas entre revisións
Contido eliminado Contido engadido
Liña 72:
Tense constancia da presenza do oso pardo en Galicia xa dende a [[Idade Media]]. A distribución do oso pardo chegou a abranguer as catro provincias galegas, aínda que de xeito irregular. O oso debeu chegar incluso ata a costa como denota a [[toponimia]]; como por exemplo a parroquia costeira de [[Oseiro, Arteixo|Oseiro]] no concello de [[Arteixo]] cuxo topónimo fai referencia á abondosidade de osos.<ref name=mma>[http://www.mma.es/secciones/biodiversidad/especies_amenazadas/vertebrados/mamiferos/pdf/CAP01_OSOPARDO.pdf Distribución histórica del oso pardo en la Península Ibérica - Ministerio de Medio Ambiente] Mma.es 18/04/06, Consultada o 07/07/09</ref> Os derradeiros osos galegos foron abatidos nos anos [[1920|20]] do [[século XX]]. Ortuño e De la Peña (1977) citan a unha osa e maila súa cría como os derradeiros osos cazados nos Ancares en [[1920]].
Aínda que a súa presenza hoxe no noso país é esporádica nas rexións montañosas orientais,<ref name=MG>Díaz d'a Silva e Cartelle (2007), pp. 90-91.</ref> a onde pasan individuos procedentes de [[Asturias]] e [[provincia de León|León]], estas visitas son cada vez máis frecuentes como consecuencia das accións proteccionistas. A [[Fundación Oso Pardo]] (FOP) informa que, desde o [[2007]], o límite xeográfico entre Lugo e León considérase xa un espazo reprodutor para a especie, e
=== Estatus poboacional da especie ===
|