Historia de Berlín: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Rotlink (conversa | contribucións)
m fixing dead links
corrixo
Liña 51:
En 1871, após a unificación de [[Alemaña]], o chanceler prusiano [[Otto von Bismark]] proclama o [[Imperio Alemán]] con capital en Berlín.
 
O enorme crecemento de poboación continuou todo o século (extensión do municipio absorbendo os colindanteslindeiros en 1861; case dous millóns de habitantes no cambio de centuria) empeorando o problema habitacional. En 1862, o ''Plan Hobrecht'' <ref> ''Plan Hobrecht, 1862'' [http://130.73.102.86/muradora/objectView!getDataStreamContent.action?pid=eld:zlb-bsk-12478821&dsid=DS2&mimeType=image/jpeg]</ref> tentara darlle solución mediante un vasto programa especulativo arredor da cidade consolidada na cerca de 1786. O trazado de eixos radiais e grandes arterias periféricas (dun plan anterior de Lenné e inspiradas no París de [[Haussmann]]) con parques permitían, no entanto, a ocupación intensiva das mazás, o que deu lugar a unha heteroxénea densificación do tecido urbano (''Mietskasernen'', especialmente nos barrios industriais do norte, leste ou [[Kreuzberg]] ao sur de Friedrichstadt<ref> ''Exemplo de Mietskasernen berlinesa'' [http://www.geo.de/div/image/54943/03_stone_popup.jpg]</ref>).
O plan atinxía tamén as infraestruturas básicas (augas, sumidoiros) e de transporte (Canle Landwehr polo sur aliviando o Spree, ferrocarrís urbanos e metropolitano, ''U-Bahn'', a partir de 1896).