Ordoño IV: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Sen resumo de edición
Liña 5:
Casou coa filla do conde castelán, buscando a cohesión co cada vez máis independentista condado. Isto determinou o descontento de parte da nobreza galega.
 
Reinou nun período turbulento do [[Reino de León]] marcado polo enfrontamento entre irreconciliables faccións nobiliarias galegas, leonesas e casteláns. A imposibilidade de poñer orde nesta caótica situación granxeoulle unha pésima fama reflectida nas crónicas cristiás e musulmanas. Determinada historiografía coñéceo como Ordoño IV ''o Malo''. Despachou varios documentos a prol da igrexa de Iria-[[Santiago de Compostela]]
 
Os fracasos na gobernación propiciaron que os mesmos que o apoiaran, entre eles San Rosendo, optasen pola volta de Sancho, no ano 959. Sancho entrou en [[Zamora]] co apoio das tropas do califa cordobés. Ordoño refuxiouse en [[Castela]] ata que [[Fernán González]] foi feito prisioneiro polo novo rei galaico-leonés. Finalmente foi acollido en [[Córdoba]] polo califa al-Hacán. Morreu no ano 962, sen ter renunciado ao trono.