Conversa Wikipedia:Libro de estilo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Castelao (conversa | contribucións)
Elisardojm (conversa | contribucións)
→‎Sección de "Notas": eu vexo ben que se use
Liña 219:
:: Eu concordo con deixar as notas diferenciadas para quen queira. Considero que non son exactamente o mesmo, e que a miúdo non poden ser ben inseridas no texto do artigo. Daría a liberdade de escoller, e se son excesivas xa se comentará na conversa do artigo. Tamén me parece moi importante, diferenciar nos artigos entre a bibliografía empregada e que referencia o texto escrito por un editor da bibliografía recomendada. Saúdos! --[[Usuario:Norrin strange|Norrin]]<sup> ([[Conversa_Usuario:Norrin strange|Fálame]])</sup> 5 de marzo de 2015 ás 08:01 (UTC)
:Eu concordo co criterio de [[Usuario:Piquito]]. Amén de ser un criterio "de autor", entendo que especialmente en longos artigos facer unha diferenciación entre notas aclaratorias e referencias ás fontes, permite unha mellor lectura e comprensión do artigo. De feito, vino en varias wikis estranxeiras e non me atrevín a usalo nesta porque non o vía na comunidade. A partir de agora tereino en conta nos meus artigos. Dado que non é posible subtraerse das referencias ás fontes, e que hai información que, tal como explica [[Usuario:Piquito]], complementa o texto principal e que no corpo só faría máis trapalleira a lectura, é interesante empregar este recurso. O lector lego acabará por entender a diferencia. Saúdos.--[[Usuario:Castelao|Castelao]] ([[Conversa usuario:Castelao|conversa]]) 5 de marzo de 2015 ás 08:50 (UTC)
 
:Entendo que as notas teñen información adicional que non é doado, ou non ven ó caso comentar directamente no artigo pero que axudan á súa comprensión, polo tanto estou dacordo en permitir este uso, eso si, sempre que non sexa indiscriminado. Creo que pode ser moi interesante ter esta distinción de cara a facilitar a comprensión de certas partes do artigo ós lectores do mesmo. Saúdos, [[Usuario:Elisardojm|Elisardojm]] ([[Conversa Usuario:Elisardojm|conversa]]) 5 de marzo de 2015 ás 10:56 (UTC)
Volver á páxina do proxecto "Libro de estilo".