Tempos Novos: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Unificando {{Referencias}} -> {{Listaref}}
Sen resumo de edición
Etiquetas: referencias eliminadas Edición visual
Liña 1:
'''''TemposTEMPOS NovosNOVOS''', '' é unha revista galegamensual de información para o debate'', publicadaé una publicación editada en lingua galega por [[Atlántica de Información e Comunicación de Galicia]], desdeS.A. Apareceu por primeira vez en abril de [[1997]] con(nº0) periodicidademomento mensual.<brdesde />o que se vén editando de forma ininterrumpida.
 
No seu ideario fundacional a revista expresa  o  compromiso de “pensala, planificala e proxectala con criterios profesionais e xornalísticos, sendo ao tempo una plataforma para o debate de ideas. Un modelo orientado cara ó xornalismo de investigación e opinión (…), una publicación de calidade que responda con absoluta independencia ás esixencias dunha Galicia posible e plural.”
A súa fundación tivo lugar nun acto celebrado no Instituto Galego de Información o 11 de xaneiro de 1997, onde "''cento cincuenta persoas converxeron nunha sociedade anónima coa pretensión declarada de crearen medios de comunicación alternativos e de calidade. Un colectivo plural, representativo da diversidade de tendencias e sensibilidades que configuran a nosa realidade política, cultural e social máis comprometida''"<ref>[1] http://temposdixital.com/quen-somos/</ref>.
 
Dirixida desde o seu número inaugural polo xornalista Luis Álvarez Pousa, nas súas páxinas colaboraron as máis recoñecidas sinaturas de Galicia, persoas de recoñecido prestixio nas súas respectivas áreas de coñecimento.
As súas páxinas acollen análises da actualidade sociopolítica e cultural, con seccións para a música, a arte, o teatro, os libros e o humor gráfico.
 
TEMPOS NOVOS converteuse ao longo dos anos nunha publicación de referencia entre os sectores máis activos da sociedade galega, creadores e consumidores de opinión, que valoran a independencia demostrada ao longo dos anos e atopan nela un foro libre de expresión.
O seu director é o xornalista [[Luís Álvarez Pousa]].
 
A revista acometeu desde os seus inicios dous redeseños (en 2006 e 2014) que afectaron a cabeceira e contidos, manténdose fidel a súa liña editorial. En 2006 aparece o suplemento de libros PROTEXTA, de periodicidade trimestral e distribuída conxuntamente coa revista TEMPOS NOVOS. Actualmente forma parte da propia publicación con carácter de sección especializada.
 
Atlántica de Información e Comunicación de Galicia, S.A., a empresa editora, publicou tamén a revista galega de literatura infantil e xuvenil FADAMORGANA, dirixida por Xosé Antonio Neira Cruz, entre  abril de 1999 e decembro de 2007.
 
TEMPOS NOVOS segue editándose na actualidade e conta cun ''alter ego'' na rede en www.temposdixital.com
 
==Véxase tamén==