Traxano: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Elisardojm (conversa | contribucións)
arranxiños na cabeceira
Sen resumo de edición
Liña 41:
=== Guerra contra os partos ===
No 113, Traxano comezou unha campaña contra os [[partos]], provocada pola decisión do rei parto [[Osroes]] de colocar a un rei monicreque inaceptable no trono de [[Armenia]], reino sobre o cal compartiran hexemonía os dous grandes imperios desde os tempos de [[Nerón]], uns cincuenta anos antes. Probablemente, a idea do emperador nacía tamén do seu desexo de levar a cabo as campañas que tiña [[Xulio César]], o seu autor favorito, antes de morrer: ao norte do Danubio e contra os partos.
[[File:Roman Empire in 116 AD.png|thumb|303x303px|O Imperio Romano no 117116, na súa máxima extensión]]
A primeira fase foi un completo éxito: os partos foron derrotados e Armenia, Asiria e Mesopotamia foron integradas no Imperio. Comezou por Armenia, depondo no ano 114 ao seu rei parto, Partamasiris, e convertendo Armenia en provincia romana. Logo marchou cara ao sur, entrando na propia Partia, tomando as cidades de Babilonia, Seleucia e finalmente a capital Ctesifonte no ano 116. Seguiu cara ao sur, até alcanzar o Golfo Pérsico, lamentando ser demasiado vello para seguir os pasos de Alexandre Magno e alcanzar a exótica e distante India. Foi o punto oriental máis afastado ao que chegou o Imperio romano. Non só quedou ocupada toda Mesopotamia senón que a vangarda do exército romano, dirixida por Lucio Quieto asomouse ás primeiras cadeas montañosas de Persia. Máis aló destes límites non puido proseguir, ante todo, por problemas loxísticos. A vastidade dos territorios ocupados e a presenza de sacos de resistencia e a táctica da guerrilla con porteiros dacabalo, usada polos partos, puñan en perigo a conquista. En 116, Traxano, consciente das dificultades, decidiu adoptar as armas da política: depuxo ao rei parto Osroes I e puxo o seu propio gobernante monicreque, [[Partamaspates]] no trono. Por outra banda, a súa saúde comezou a fallarlle. Estivo persoalmente presente no asedio da cidade de [[Hatra]] e é posible que sufrise un golpe de calor con esas elevadas temperaturas. Pouco despois, os [[xudeus]] do interior do Imperio romano rebeláronse unha vez máis, por todo Oriente Próximo: Exipto, Chipre, Cirenaica, Xudea e Mesopotamia desde o ano 115, en plena campaña contra os partos. O emperador viuse obrigado a retirar o seu exército para esmagar as revoltas. Considerouno simplemente como un contratempo pasaxeiro, pero estaba destinado a non volver nunca a mandar un exército no campo de batalla, entregando os seus exércitos orientais ao legado de alto rango e gobernador de Xudea, Lucio Quieto, quen se fixo cargo xunto con Marcio Turba.
 
Liña 60:
A Traxano débese a construción doutro '''acueducto''' que aumentaba aínda máis os recursos hídricos de Roma, que estaban xa asegurados en abundancia polos acueductos construídos con anterioridade. Os labores iniciáronse no ano 109, recollendo a estrutura, auga que xurdía nos montes Sabatinos, preto do lago de Bracciano (''Lacus Sabatinus'').  A extensión da rede hídrica foi incentivada non só en Roma, senón tamén en Dalmacia, na súa nativa Hispania e en Oriente, isto é, nos climas áridos que precisaban un maior aprovisionamento hídrico. En Roma, Traxano fixo ampliar as canles subterráneas e os desaugadoiros da '''Cloaca Máxima''' para que corresen con máis eficiencia as augas de choiva e as que acababan descargando no Tíber. Tamén se reforzaron as beiras do río para evitar desbordamentos que afectasen á cidade.
 
=== ComlexoComplexo monumental ===
[[File:Trajan's Forum.JPG|thumb|285x285px|Vista do Foro de Traxano]]
En Roma, renovou o centro da cidade coa construción dun inmenso foro e dos edificios de ladrillo contiguo a el, destinados á administración pública, para cuxa realización fixo nivelar grandes zonas das ladeiras dos outeiros circundantes (Quirinal e Campidoglio). O extraordinario complexo do '''Foro de Traxano''' resolvía os problemas de conxestión da zona centro da cidade antiga ao redor da vía Sacra. Tamén destaca o '''Mercado de Traxano'''.
Liña 99:
DINASTIA=[[Dinastía dos Antoninos]]|
ANTES=[[Nerva]]|
DESPOIS=[[Hadriano (emperador) | Hadriano ]]|
DATA_ENTRADA=[[98]]|
DATA_SAIDA=[[117]]|