Traxano: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Elisardojm (conversa | contribucións)
→‎Morte e sucesión: arranxiño e ligazón interna
Elisardojm (conversa | contribucións)
arranxiños na cabeceira
Liña 1:
{{Ficha de nobre|nome = Traxano|título = [[Emperador romano]]|imaxe = Traianus Glyptothek Munich 72.jpg|epígrafe = Busto de Traxano, Gliptoteca de Múnich|reinado = 28 de xaneiro de 98 - 9 de agosto de 117|data de nacemento = 18 de setembro de 53|lugar de nacemento = [[Itálica (cidade)|Itálica]], Hispania|nome completo = Marco Ulpio Traxano (dende o nacemento á adopción)
César Marco Ulpio Nerva Traxano (dende a adopción á coroación)
Imp. César Nerva Traxano Augusto (como emperador)|data de defunción = 9 de agosto de 117 (63 anos)|lugar de defunción = Selinus, Cicilia|Sepultura = Roma, [[Columna de Traxano]] (agora perdidas)|predecesor = [[Nerva]]|Sucesor = [[Hadriano]]|cónxuxe = Pompeia Plotina|dinastía = Dinastía Antonina|Pai = [[Traxano o Vello]]|Nai = [[Marcia]]}}
 
'''Marco Ulpio Traxano''' (en [[lingua latina|latín]]: ''Marcus Ulpius Traianus''), coñecido abreviadamente como '''Traxano''', nado en ([[Itálica (cidade)|Itálica]], preto de Hispalis (actual [[Sevilla]]), o 18 de setembro de 53 -en finado en Selinus, o 9 de agosto de 117), foi un emperador romano que reinou desde o ano 98 até a súa morte en 117. Foi o primeiro emperador de orixe non itálica. Iniciou a tradicionalmente chamada dinastía Antonina.
 
O 27 de xaneiro do ano 98 sucedeu tras a súa morte ao emperador Nerva, do cal, aínda que o adoptou previamente, aceptou usar só o ''cognomen''. Como administrador civil, Traxano é coñecido sobre todo polo seu amplo programa de construción de edificios públicos que reformaron a cidade de Roma e deixou numerosos monumentos perdurables como o foro de Traxano, o mercado de Traxano e a Columna Traxana.  Con todo, foi como comandante militar polo que celebrou os seus maiores triúnfos: no 101 lanzou unha expedición punitiva ao reino de [[Dacia]], derrotando os seus exércitos un ano despois e tomando definitivamente o territorio no 106. Un ano despois, dirixiuse cara o Leste e conquistou o reino nabateo (actual [[Xordania]]) e estableceu a provincia de [[Arabia Pétrea]]. Logo de varios anos de paz, no 113 lanzou unha ofensiva contra Partria e, chegando a Susa no 116, acadando o Imperio a súa maior extensión da Historia. Cando regresaba a Roma, contraeu unha enfermidade e faleceu. Foi deificado polo Senado ''post mortem'' e os seus restos descansaron baixo a Columna Traxana até as incursións bárbaras sobre a cidade. Sucedeuno o seu fillo adoptivo [[Hadriano]].