Sancho II de Castela: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Lansbricae (conversa | contribucións)
m dar categoria
mSen resumo de edición
Liña 5:
As súas primeiras iniciativas politicas foron ao de atacar no verán do [[1067]] a [[al-Muqtadir]] de Zaragoza, probablemente para lle exixir o pago das ''[[paria]]s'' debidas, o que o levou a enfrontarse con Sancho IV, a quen lle arrebatou [[Pancorbo]] e parte de [[Bureba]]. Otorgou mercedes os monasterios de [[Oña]], [[Arlanza]] e [[San Millán da Cogolla]]. Na parte occidental do seu reino optou pola mesma política do seu avó, que foi o de intentar a anexión de León como medio pra evitar os enfrontamentos.
 
O conflito con Afonso VI esbózase no ano [[1068]], con enfrontamentos aillados, o que non perxudica o acordo entre os dous reis para desposuir ao seu irman [[García de Galiza|García]] do [[Reino de Galiza]]. Pero no ano [[1072]] o enfrontamento en [[Batalla de Golpejera|Golpejera]], onde [[Rodrigo Díaz de Vivar]] actuou como [[alférez]] do rei Sancho, remata co apresamento de Afonso, quen foi conducido a Burgos, mentras Sancho se dirixia a León onde se coroaba a si mesmo diante da negativa do bispo [[Pelaio]] de Oviedo a facelo. O interese maior de Sancho foi completar o alonxamento politico de seus dos irmáns: na primavera dese ano, marchou contra García, quen se refuxiara no sul do seu reino, e derrotouno en [[Santarém]], obrigándoo a exiliarse en [[Sevilla]]. A continuación enviou o seu irmán Afonso exiliadoexilado a [[Toledo]]. Xa tiña con isto todo o poder nas suas mans, pero necesitaba atraer a todas as forzas políticas do seu reino e evitar as revoltas que se poidesen producir.
 
Concluía o verán cando a sua irmán [[Urraca I de León e Castela|Urraca]] e máis o conde [[Pedro Ansúrez]] se declararon en rebeldía. Os rebeldes refuxiáronse en Zamora, a onde acudiu o rei, cercando a cidade. O sábado [[6 de outubro]] do [[1072]] foi asasinado por un tal [[Vellido Dolfos|Vellido Ariulfi]] (Vellido Dolfos) segundo as crónicas da época.
 
As acusacións contra Urraca, por instigación do seu irmán Afonso e pola súa propia ambición do poder, foron as que marcaron a volta de Afonso dende Toledo cara a Zamora e León para tomara as reendasrédeas de todo o reino, que xa estaba agora nas súas mans
 
[[Category:Monarcas]]
[[Category:Reis de Galiza]]