Abrir o menú principal

Cambios

corrixo *facían parte, e outros
* '''Aquitanos''', coa tribo dos tarbelos.
== As Galias ==
[[Ficheiro:REmpire-Gallia.png|miniatura|dereita|As diferentes provincias que facíanformaban parte da Galia]]
Todas as terras habitadas polos galos eran coñecidas polos romanos como as Galias, en plural, porque Roma distinguía máis de unha en función da súa situación xeográfica. Por iso distinguían entre '''Galia Cisalpina''' (ao norte de Italia, antes de pasar os Alpes) e '''Galia Trasalpina''' (alén dos Alpes, desde o norte de Italia), ademais dos moitos territorios que aínda estaban sen conquistar até a época de Xulio César (Galia Comata ou ''Cabeluda'').
 
=== Galia Cisalpina ===
Algúns autores chámana tamén Galia Itálica, e é tamén llamdachamada Galia ''citerior'' ou ''togata''. FacíanFprmaban parte dela todas as terras ao norte dos ríos Arnus ([[Arno]]) e Rubico (ou [[río Rubicón|Rubicón]]). O río [[río Po|Po]] transcorre por este territorio de leste a oeste trazando unha división xeográfica natural. Naquela altura, o linde do río era moi importante xa que existía unha gran diferenza entre os habitantes dunha e outra beira. As xentes ao sur do río estaban moi romanizadas e moitasmoitos tiñan até os mesmos dereitos que os romanos. No norte do río, as xentes e as cidades eran máis celtas que romanas. No século I só as cidades de Aquilea e Cremona se rexían polo dereito romano. Nestas terras mantíñanse as linguas indíxenas no uso habitual, sendo o latín a segunda lingua. En xeral, a Galia Cisalpina apenas participaba nos asuntos romanos e non gozaba das vantaxes dos aliados itálicos. Os seus habitantes nin sequera eran recrutados para a infantaría romana. A cidadanía romana foi estendida á Galia Cisalpina por César no 49 ane e toda esta rexión foi incorporada a Italia por [[Augusto]], deixando con isto de ser provincia.
 
=== Galia Transalpina ===
Chamada por algúns Galia ''ulterior'', era a provincia romana que se encontraba alén dos Alpes. Consistía nunha franxa costeira que se estendía desde a [[Liguria]] até os [[Pireneos]]. Ao longo da franxa, este territorio tiña dúas avanzadas que se internaban, unha cara a [[Tolosa, Francia|Tolosa]] ([[Aquitania]]), e outra polo val do [[río Ródano|Ródano]] até a cidade comercial chamada ''Lugdunum'', actual [[Lión]]. A Galia Transalpina foi conquistada na seu maior parte por [[Cneo Domicio Ahenobarbo]], antes do ano 120 ane. Faise esta conquista para garantir a pasaxe dos exércitos romanos a [[Hispania]].
 
=== Galia Comata ===
Chamada ''Galia Cabeluda'' porque os seus habitantes deixaban medrar moi longo o cabelo. (''Coma'' en latín é cabeleira, de aí o nome dado á constelación [[Coma Berenices]] pola cabeleira de Berenice). Era a Galia máis extensa de todas pois comprendía as actuais [[Francia]] central e setentrional e [[Bélxica]], xunto con parte dos [[Países Baixos]] ao sur do [[río Rin]]. O seu territorio era chairo, con grandes bosques e moitos recursos agrícolas, a maioría sen explotar. Estaba regado polos ríos ''Liger'' ([[Río Loira (Francia)|Loira]]), ''Sequana'' ([[río Sena|Sena]]), [[río Mosa|Mosa]], ''Mosella'' ([[río Mosela|Mosela]]), ''Scaldis'' ([[río Escalda|Escalda]]), ''Samara'' ([[río Somme|Somme]]), ''Matroma'' ([[río Marne|Marne]]), ''Duranius'' ([[Dordoña]]), ''Oltis'' ([[Lot]]) e ''Garumna'' ([[río Garona|Garona]]). Antes da conquista de Xulio César, todas estas terras eran practicamente descoñecidas. Os seus habitantes eran na súa maioría celtas chamados galos. Estes galos coñecían a existencia de Roma e do seu poder, e evitaban calquera contacto con ela. Eran agricultores e gandeiros, e vivían en cidades ou aldeas que os romanos chamaban ''oppida''. Gardaban, coidaban e defendían celosamente os tesouros tribais, así como os campos de trigo e o seu xefe (denominado ''rix''). Da súa relixión sábese pouco na realidade, aínda que circularon ao longo da historia lendas e contos sobre os seus deuses e os seus sacerdotes chamados [[druída]]s, dos que se descoñece case todo desde un punto de vista científico e crítico. En xeral, non buscaban a guerra como un fin para a súa expansión, pero eran terríbeis guerreiros. Tiñan por costume fabricar e beber [[cervexa]], cousa que os romanos nunca entenderon nin aprobaron, dado que eles eran moi afeccionados ao cultivo da vide. A maioría destes habitantes eran altos, rexos, louros ou rubios e con ollos azuis ou grises. Para os romanos eran pobos bárbaros, é dicir, pobos con costumes totalmente diferentes ás súas, aínda que consideraban avanzada a súa civilización, en especial as súas redes comerciais.
 
== Conquista romana ==
{{AP|Galia romana}}
[[Xulio César]] derrotou ás tribos [[celta]]sceltas en Galia entre [[-58|58 adC]] e [[-51|51 adCa.C]]., e escribiu as súas experiencias en ''[[De Bello Gallico]]'' (''Comentarios sobre a guerra das Galias''). A rexión conquistada por César era a Galia Trasalpina, onde se encontraba incluída a Galia Comata (Galia Cabeluda: literalmente, "galo de cabelo longo". César describiu os galos como individuos intelixentes, moi activos, impulsivos e inestábeis.
 
Cando César chegou á Galia no ano 58 adCa.C., estes territorios eran só un nome para os romanos, que só coñecían as provincias meridionais, sometidas co fin de garantir a pasaxe e as comunicacións por terra cara a [[Hispania]]. Sabían os romanos que os seus habitantes eran tribos celtas que estaban en continua liorta. César acudiu ao territorio da Galia para socorrer o pobo dos [[helvecios]], estabelecidos no que hoxe é [[Suíza]], e que daquela se vían ameazados polos [[xermanos]]. Máis tarde foi en axuda dos [[eduos]], que estaban en loita contra os [[belgas]]; despois destas fazañas, decidiu instalarse alí. E no ano [[-56|56]] anea.C. librou unha batalla naval contra os [[vénetos]].
 
No ano [[-55|55]] anea.C., os xermanos encontrábanse moi preto, na outra beira do [[Rin]]. César mandoulle construír á súa lexión unha ponte de madeira sobre este río para podelo cruzar e loitar contra este pobo no seu territorio. Deste xeito, César evitou unha nova invasión. Foron dúas campañas brillantes e temerarias contra [[Ariovisto]], o xefe xermano, que, malia ser o seu exército moito máis numeroso, foi aniquilado polos romanos preto de [[Ostheim]] (na actual [[Alemaña]]).
 
No ano 27, o emperador [[Augusto]] dividiu a Galia en catro administracións ou provincias:
* '''[[Gallia Narbonensis]]''', desde os Alpes até os montes Cevenas.
* '''[[Gallia Lugdunensis]]''', entre os ríos Loira, Saona e [[río Sena|Sena]].
* '''[[Gallia Aquitania]]''', que limitaba ao norte co [[Río Loira (Francia)|río Loira]].
* '''[[Gallia Belgica|Galia Belga]]''', que se estendía entre os ríos Sena e Rin e cuxo límite polo norte era o mar do Norte.
 
 
== As invasións xermánicas ==
O 31 de decembro de 406 os [[vándalo]]s, [[alano]]s e [[suevo]]s cruzaron o [[Rin]], comezando unha invasión da Galia. Tras sufrir unha cada vez maior presión por parte das tribos xermanas desde a metade do [[século III]], o goberno romano da Galia desapareceu coa derrota do gobernador romano [[Siagrio]] polos [[francos]] enno [[486]]. A dominación romana durara até o século V. Despois da caída do [[Imperio Romano de Occidente]], os [[francos]] (pobo xermano) instaláronse no norte da Galia. A partir de entón, comezou a súa expansión por todo o territorio galo. Con todo, as familias ilustres galorromanas continuaron tendo o poder político.
 
== Continuidade e rupturas ==
A administración romana, a economía, a arte -sobre todo monumental- e a cultura literaria latina, impuxéronse facilmente, se cadra polo feito de que nada do anterior podía competir con estas innovacións.
 
Despois da conquista romana da Galia, acabada en [[-51|51]] adCa.C., a romanización foi rápida entre as elites. Porén, ignórase cal foi a súa progresión exacta e a súa profundidade no que se refire ao pobo. En calquera caso, esta debeu ser desigual, ou mesmo limitada en moitos ámbitos relativos á vida diaria, tal e como o indican variosvarias testemuñostestemuñas históricoshistóricas.
 
O uso do santuario céltico de Gournay-sur-Aronde, en [[Bélxica]], ou tamén os exvotos das fontes do [[río Sena|Sena]], poñen de manifesto cómo moitos lugares sagrados para os galos antes da súa conquista pasaron a ser lugares de culto galorromanos.
 
Cando durante o século III se deu unha certa "barbarización" do Imperio, características da civilización gala que permaneceran en vigor desde antes da conquista introducíronse de súa vez na cultura imperial: o abrigo galo, que lle deu o seu alcume ao emperador [[Caracalla]], non puiderapuido ser substituído polos hábitos dos conquistadores romanos. En moitos ámbitos relativos á artesanía, onde os galos sobresaían, impuxéronse as súas invencións: é o caso, sobre todo, do [[barril]], que se impuxo fronte á [[ánfora]], máis fráxil e de menor capacidade. É o caso tamén da [[cota de malla]] para o exército.
 
Outra pervivencia gala foi sen dúbida a práctica da súa lingua céltica, o [[lingua gala|galo]]. Sábese que a práctica do galo se prolongou durante a época merovinxia en amplas zonas rurais do centro e norte da Galia (Armórica, Bélxica, Auvernia, etc.). Algunhas características do galo pasaron ao latín. No [[século V]], testemuños da época dan conta dunha grafía e unha pronunciación gala do latín, así como do carácter anticuado da lingua de varios autores de poesía ou transcritores de historias populares.
Cando a civilización romana clásica se desintegra, a Galia "xermanizouse" lenta e parcialmente. A presenza de topónimos xermánicos rexístrase en primeiro lugar nos territorios fronterizos debido á repoboación, a miúdo con fin defensivo, axiña organizado por Roma nunhas rexións a miúdo afectadas pola fame e as epidemias. Por outro lado, estes asentamientos duradeiros de colonos "bárbaros" (os ''laeti'') coñecéronse tamén no resto do Imperio ao longo do século V.
 
A data simbólica da desaparición do [[Imperio Romano de Occidente]], en 476, e a do bautismo do rei dos [[francos]], [[Clodoveo I|Clodoveo]], contra [[486]], tampouco marcaron unha ruptura a este respecto: estes acontecementos tiveron lugar nunha data na que [[francos]], [[burgundios]] e [[visigodos]] xa botaran raíces, tendo o monopolio dos asuntos militares desde había tempo.
 
Debido a isto, as familias da aristocracia galorromana continuaron concentrando durante moito tempo a parte fundamental do verdadeiro poder político nas cidades episcopais: os "patricios", como o marsellés [[Mauronito]], ou os bispos, como o auvernio [[Gregorio de Tours]], eran os verdadeiros representantes da poboación. Así pois, a nova cultura que se desenvolveu na Galia despois do período imperial foi sobre todo cristiá e, en certos aspectos, augustiniana.
 
En xeral, as vivencias observábeis no cadro da Antigüidade serodia até o século VII foron numerosas na Galia: só a partir de mediados do século VII, unha época de crise, os nomes xermánicos multiplicáronse nas elites, indicando por tanto que o centro de gravidade de Europa se deslocabadesprazaba para o norte e que escacharan os equilibrios do mundo antigo.
 
En definitiva, aínda que a cultura latina clásica recuou, o latín continuou sendo a lingua da cultura, sendo de uso exclusivo na escritura. O primeiro documento escrito en romance son os [[Xuramentos de Estrasburgo]], datados en 842.
53.453

edicións