Abrir o menú principal

Cambios

comezo a corrixir
[[Ficheiro:Map Gallia Tribes Towns.png|dereita|miniatura|250px|Mapa da Galia no ano 58 a.C.]]
 
A '''Galia''' ('''Gallia''' en [[latín]]) é o conxunto de territorios ocupados polos [[galos]], pobos denominados así polos romanos, e que corresponden coas actuais [[Francia]], [[Bélxica]] e parte dade [[Suíza]], así como terras dos actuais [[Países Baixos]] e [[Alemaña]] situadas ao oeste do [[río Rin]]. A palabra '''galo''' refírese habitualmente aos habitantes celtas desa rexión nos tempos antigos e foi empregada principalmente polos romanos, que moi raras veces chamaban [[celta]]s a este conxunto de tribos diversas. O xentilicio conservouse a través dos tempos soamente na extensión de terras que hoxe compoñen a República francesa e aínda hoxe se continúa chamando ''galos'' aos franceses, e de feito ''Gallia'' é o nome de [[Francia]] en [[grego moderno]].
 
==Historia==
A Galia estivo habitada principalmente polos [[Aquitania|aquitano]]s, ligados aos [[vascóns]] da [[Península Ibérica]] que, a pesar de teren influencias [[celta]]sceltas, conservaron a súa [[lingua aquitana|lingua]] e identidade. Os [[belga]]sbelgas vivían ao norte do río Sequana ([[río Sena|Sena]]). Eran celtas pero cunha grande influencia [[pobos xermánicos|xermánica]]. Estaban curtidos na batalla debido ás suas continuas loitas cos seus veciños xermánicos do norte.
 
Na Galia Central vivían os [[celta]]s.celtas Os celtasque eran, con moito, os máis importantes poboadores da Galia, tanto en número como en extensión territorial. Non formaban unha nación en conxunto, nin tiñan xefe común. Hábiles loitadores, mellores metalúrxicos e ourives, só tiñan un elemento que os unía e ese era a relixión. Esta desunión era decote aproveitada polos seus veciños, as tribos xermánicas, e foi o elemento esencial para a súa conquista polos romanos.
 
Os galos estendéronse por toda [[Europa]] en tempos romanos, falando unhas [[linguas celtas]] que diverxeran en dous grupos. Ademais dos galos da actual Francia, outros estabelecéranse entre os séculos IV e III anea.C. nas chairas do norte de Italia, na provincia que os romanos coñecían como [[Galia Cisalpina]] ("Galos deste lado dos Alpes") e [[Venetia]] ete [[Istria]].
 
Na Galia prerromana non existía ningunha unidade política nin tampouco territorial. Non constitúenconstituían un Estado organizado senón un conxunto de pobos compostos por diferentes tribos de distintas etnias. Se había algo que unise a este conxunto de tribos, eraademais ada relixión, eera un comercio ben estruturado, vinculado ás grandes rutas da época e baseado na industria da [[metalurxia]]. A Galia foi en principio aliada de [[Roma]], pero con ocasión dunha migración dos [[helvecio]]s, pobo [[celta]] que habitaba a actual [[Suíza]], [[Xulio César]] comezou a súa conquista para engadir o seu territorio como provincia romana. Despois dunha longa e cruenta guerra, esta integración acabou coa rendición de [[Vercinxetorix]] en [[Alesia]].
 
== Galia e Francia ==
Os gregos focenses da rexión de [[Fócida]] fundaron no sur destes territorios unha cidade chamada Massalia (actual [[Marsella]]). Desta época téñense os primeiros datos e informacións sobre a Galia e os galos. Os gregos chamaban ''keltoi'' en xeral ao que se coñece como celtas, pero nestas rexións utilizaban tamén o nome de ''Galatia'' e ''gálatas'' para designar a terra e os seus habitantes. Este termo de ''gálata'' refírese tanto aos habitantes europeos como aos que se estabeleceron máis tarde en Asia Menor, fundando a [[Galacia]]. Estes dous termos de ''Galia'' e ''galos'' continuáronse empregando despois da conquista de [[Xulio César]] para denominar as [[provincias romanas]] que se estendían por estes territorios. Ambos os termos aínda se usaron até o final da [[dinastía Merovinxia]], polo menos nos documentos da época. Máis tarde, e xa en plena época da [[dinastía Carolinxia]], o Reino dos francos, que comprendía boa parte de Europa (dos [[Pireneos]] ao [[mar do Norte]] e da [[Armórica]] até a [[Saxonia]], pasou a se denominar ''Francia'' na lingua oficial da época, o [[latín]]. Coa división do [[Imperio Carolinxio]] no [[Tratado de Verdún]] (843), a parte da Galia que recibe [[Carlos o Calvo]] denomínanse [[Francia Occidentalis]], sendo a [[Francia Orientalis]] boa parte das actuais [[Alemaña]] e [[Austria]]. Cando a Francia Orientalis pasou a se denominar ''Germania'' ([[Alemaña|Xermania]] ou [[Sacro Imperio Romano Xermánico|Imperio Xermánico]]) no século X, a denominación de ''Francia'' reservouse para designar, en sentido amplo, o conxunto de ducados e condados da antiga parte occidental e, en sentido máis restrinxido, os feudos do rei franco na chaira de [[París]], aínda hoxe denominada ''chaira de Francia'' ou ''[[Illa de Francia]]'' (Île-de-France). O primeiro rei franco en ser coroado como Rei de Francia foi [[Filipe Augusto]], a finais do século XII.
 
== Os distintos pobos da Galia ==
Xulio César fixo unha descrición sobre tres dos pobos que habitaban a [[Galia Trasalpina]] no seu libro [[Comentarios sobre a guerra das Galias|''Comentarios sobre a guerra das Galias'']]. Conta que estaba a rexión dividida en tres partes, e que cada unha delas estaba habitada polo pobo dos '''belgas''', o dos '''aquitanos''' e o dos '''galos''' (ou celtas). Aínda que só describe estes tres, sábese que a Galia estaba habitada por moitos máis pobos diferentes.
 
Os belgas habitaban a parte do norte; ao sur da súa rexión estaban os ríos Sequana ([[río Sena|Sena]]) e Matrona ([[Marne]]). Os chamados celtas por Xulio César habitaban a parte central. Os individuos destes dous pobos eran altos, de pel clara, bastante sociábeis e tiñan por costume loitar en grandes grupos. Os aquitanos habitaban no sur, entre o río Garona e os montes Pireneos; eran morenos e loitaban en pequenos grupos. Falaban linguas diferentes e os seus costumes e leis tampouco eran comúns.
 
Cada pobo estaba formado por varias tribos:
* '''Celtas''', cos helvecios, secuanos e eduos que se encontraban dispersos ao longo dos ríos [[río Ródano|Ródano]] e [[Río Saona, río Ródano|Saona]]. Carnutos e seones, ao longo do [[río Sena]].
* '''Belgas''', coas tribos dos belovacos, suessiones (que deu o topónimo de [[Soissons]]), remos (que deu o topónimo de [[Reims]]) e manapios.
* '''Aquitanos''', coa tribo dos tarbelos.
 
 
== As Galias ==
[[Ficheiro:REmpire-Gallia.png|miniatura|dereita|As diferentes provincias que facían parte da Galia]]
53.453

edicións