Illa de Santo Antón, A Coruña: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Lameiro (conversa | contribucións)
m engado a Categoría:A Coruña mediante HotCat
Fendetestas (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Liña 4:
A pesar do seu reducido tamaño (1'1 hectáreas), está enteiramente fortificada e unida por unha ponte, construído na década de 1940, á cidade.
 
A finais da idade media existía xa na illa unha pequena ermida dedicada a [[Antón Abade|San Antón]] na que se recollía e atendía aos navegantes enfermos. Posteriormente converteuse (como outras illas galegas) en lazareto. Coa concesión, por parte de [[Carlos I de España|Carlos I]], da [[Casa de Contratación de Especias]], o porto da Coruña converteuse nun obxectivo para os inimigos da Coroa, polo que o Rei ordenou unha serie de medidas para reforzar as defensas da cidade, entre elas a construción dunha fortaleza na illa, construción que comezaría no ano 1587.
 
En 1590, durante o ataque de [[Francis Drake]], as novas baterías do castelo mostráronse moi efectivas na defensa da cidade polo que [[Felipe II de España|Felipe II]] ordenou ao seu arquitecto que continuase e finalizase as obras do castelo. A fortaleza foi dada por terminada no ano 1590, coa construción dos aloxamentos para a tropa, o alxibe e a torre.