Estesícoro: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Servando2 (conversa | contribucións)
arranxo
lig ints
Liña 15:
Estesícoro recibiu influxo de [[Homero]], que se advirte na súa obra sobre os retornos, concretamente no episodio sobre [[Telémaco]], na súa despedida de [[Esparta]] con [[Menelao]] e [[Helena (mitoloxía)|Helena]], argumento este, homérico, con iguais formas. O mesmo pode dicirse da súa obra relativa á destrución de [[Troia]]. Engade á tradición temas como a pantasma de Helena, que viaxa a Troia mentres estaba ela en Exipto. Aporta ideas como o soño de [[Clitemnestra]], a ama de cría de [[Orestes]] e a súa persecución polas [[Erinias]], a persecución dos vencidos de Troia, a sorte das prisioneiras troianas, o perdón de Menelao a Helena, o enfrontamento entre [[Eteocles]] e [[Polinices]], que trata de evitar a súa nai [[Iocasta]], o tema d[[As fenicias|as fenicias]] de [[Eurípides]], e a [[Heracles #Os doce traballos|loucura]] de [[Heracles]] que figura na súa ''Cerbero''.
== Lenda ==
Dise que cando os seus concidadáns decidiron confiar a defensa da súa cidade, Hímera, ao tirano de [[AgrixentoAgrigento]] (un tal Fularides), Estesícoro os persuadiu do seu erro, narrándolles por primeira vez a fábula do cabalo e o cervo: o cabalo. nun intento desesperado por terminar dunha vez co seu irreconciliábel inimigo, o cervo que o traía cosido a cornadas, acudiu ao home. Pero ocorreu que, unha vez subxugado o cervo polo aliado, este fixo o mesmo co cabalo. A cidade de Hímera fixo caso da fábula, e por esta vez salvouse de ser dominada por AgrixentoAgrigento.
 
Estesícoro tamén é famoso pola lenda da súa [[palinodia]], seguramente o primeiro exemplo na literatura de tal tipo de poesía. En dita palinodia, desdise da tradición acerca de que [[Helena de Troia]] foi a causante da [[Guerra de Troia]], e que foi tema dun anterior poema seu.