Sancho II de Castela: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
KLBot2 (conversa | contribucións)
m Bot: Retiro 21 ligazóns interlingüísticas, proporcionadas agora polo Wikidata en d:Q317905
corrixo
Liña 3:
'''Sancho II''' (1037-1072) foi rei de [[reino de Castela|Castela]].
 
Cando herdou do seu pai [[Fernando I de León|Fernando I]] o reino de Castela, tamén herdou os problemas dos limiteslímites territoriais con [[reino de Navarra|Navarra]], [[reino de León|León]] e [[reino de Aragón|Aragón]]. Unha das súas primeiras medidas foi restaurar a sede episcopal de [[Oca]] e trasladar a súa capital a [[Burgos]]. Os problemas con [[Sancho IV de Navarra]] viñan polas lindes da [[A Rioxa|Rioxa]], mentres que con Aragón foron os intereses que se contrapuñan respecto ao [[Taifa de Zaragoza|Reino taifa de Zaragoza]].
 
As súas primeiras iniciativas políticas foron ao de atacar no verán do [[1067]] a [[al-Muqtadir]] de Zaragoza, probablemente para lle esixir o pago das ''[[paria]]s'' debidas, o que o levou a enfrontarse con Sancho IV, a quen lle arrebatou [[Pancorbo]] e parte de [[Bureba]]. Outorgou mercedes aos mosteiros de [[Oña]], [[Arlanza]] e [[San Millán da Cogolla]]. Na parte occidental do seu reino optou pola mesma política do seu avó, que foi o de intentar a anexión de León como medio para evitar os enfrontamentos.