Partido Obreiro Socialdemócrata Ruso: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Lameiro (conversa | contribucións)
corrixo *facer parte
Liña 16:
O programa aprobado constaba de dous partes: un ''programa mínimo'' pola revolución democrática, polo derrocamento da autocracia tsarista, a República, a confiscación de [[latifundio]]s e terras usurpadas polos terratenentes, o recoñecemento do [[dereito de autodeterminación]] das nacións e a instauración da xornada de máxima de traballo de 8 horas; e un ''programa máximo'' polo socialismo. Un punto de debate candente sobre este último referiuse á necesidade ou non dunha "ditadura de proletariado" para que a revolución socialista puidese triunfar, a que quedou consignada no programa.
 
Á hora de aprobar os estatutos, Martov venceu aos leninistas que propuñan que para ser membro do partido necesitábase facerformar parte dunha das súas organizacións. Pero ao abandonar o ''Bund'' o congreso -ao non aceptarse que eran a "única representación dos obreiros xudeus de Rusia"- e ao retirarse dous "economicistas" -porque o Congreso negouse a aprobarlles unha representación do Partido fóra de Rusia creada por eles-, a correlación de forzas volveu investirse e os leninistas quedaron en maioría á hora da elección do Comité Central e da redacción de ''Iskra''. En vista diso os menxeviques crearon a súa propia organización, paralela á conformada no congreso. Plejánov tratou de conciliar os bandos e convidou á redacción de ''Iskra'' aos menxeviques, o que provocou a renuncia de Lenin e a conversión dese xornal en órgano do menxevismo, mentres o bolxevismo expresábase desde o Comité Central.
 
=== Terceiro Congreso ===
Liña 35:
O [[3 de xuño]] de [[1907]] foi disoluta a [[Duma]] polo goberno tsarista e levados a xuízo os deputados socialdemócratas, o ministro [[Piotr Stolypin]] cubriu de forcas e patíbulos a Rusia e desatou a represión contra os socialistas e outros revolucionarios. Nas filas socialdemócratas xurdiron novos debates sobre o papel das organizacións legais e clandestinas. En xeral, os menxeviques eran partidarios de centrarse na construción dun partido legal de masas, en tanto que os bolxeviques consideraban fundamental preservar a organización clandestina do partido para desde alí traballar en organizacións legais ou non legais de masas. Un sector denominado ''otzovista'' (revocadores) opúñase a participar nas organizacións legais e o parlamento e esixía revogar o mandato aos deputados socialdemócratas na [[Duma]].
 
Despois de fallar os esforzos de unificación de 1910, cando os bolxeviques cesaron de publicar o seu órgano ''Proletari'' ("O Proletario"), pero os menxeviques seguiron publicando "A Voz da Socialdemocracia", os bolxeviques decidiron conformar un partido apartea parte sen os menxeviques e en xaneiro de 1912 nunha conferencia en [[Praga]] proclamaron o ''Partido Obreiro Socialdemócrata de Rusia (bolxevique)''. Fronte a eles aliñáronse con propostas de unidade os menxeviques, [[Trotski]] e os otzovistas, no ''Bloque de Agosto''. Os bolxeviques contestaron á súa vez conformando con Plekhanov un bloque "en defensa do partido" e publicaron o diario ''[[Pravda]]'' ("A Verdade") do que vendían habitualmente 40 mil exemplares, en tanto os menxeviques publicaban ''Luch'' ("O Raio") con 16 mil exemplares.
 
=== Primeira Guerra Mundial ===