Interferón gamma: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 87:
O IFNγ foi asociado cos [[granuloma]]s. Un granuloma orixínase cando o corpo quere illar unha substancia que non pode eliminar ou esterilizar. As infeccións son a causa principal de formación de granulomas. Entre as causas infecciosas que os orixinan están, por exemplo, a [[tuberculose]], a [[lepra]] ou a [[histoplasmose]]. Pero tamén se poden producir por doenzas non infecciosas como, por exemplo, a [[sarcoidose]], a [[enfermidade de Crohn]] ou a [[síndrome de Churg-Strauss]] ou pola aspiración de comida e outro material particulado ao interior do pulmón.
 
A asociación clave entre o IFNγ e os granulomas é que o IFNγ activa os macrófagos para que sexan máis potentes para matar os organismos intracelulares. A activación dos macrófagos polo IFNγ segregado por células colaboradoras T<sub>h</sub>1 en infeccións [[micobacteria]]nas (tuberculose) permite que os macrófagos superen a inhibición da maduración dos [[fagolisosoma]]s inducida pola micobacteria (o que lle permite vivir dentro do macrófago). Os primeiros pasos da formación dun granuloma inducido polo IFNγ son a activación de células T axudantes T<sub>h</sub>1 pola liberación polos macrófagos de [[interleucina 1|IL-1]] e [[interleucina 12|IL-12]] en presenza dos patóxenos intracelulares, e a presentación de antíxenos deses patóxenos. Despois, as células T colaboradoras T<sub>h</sub>1 agréganse arredor dos macrófagos e liberan o IFNγ, o cal activa os macrófagos. Unha posterior activación dos macrófagos causa un ciclo de aumento na matanza de bacterias intracelulares, e un aumento da presentación de antíxenos ás células T colaboradoras T<sub>h</sub>1 e maior liberación de IFNγ. Finalmente, os macrófagos rodean as células T colaboradoras T<sub>h</sub>1 e convértense en células de aspecto parecido a [[fibroblasto]]s, que illan a infección.
 
===Actividade durante o embarazo ===