Wikipedia:Usuarios autoconfirmados: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Lameiro (conversa | contribucións)
corrixo
Sen resumo de edición
Liña 1:
Os '''usuarios autoconfirmados''' son aqueles [[Wikipedia:Usuarios|usuarios]] que pasan certos requirimentos de antigüidade e mais de número de edicións. O status de autoconfirmación é comprobado cada vez que o usuario leva a cabo unha acción restrinxida: por conseguinte, é concedido polo software e '''non pode ser retirado'''. Os requirimentos precisos para acadar o status de usuario autoconfirmado varían segundo as circunstancias: para a maioría dos usuarios da Galipedia, as contas que teñen máis de 4 días de antigüidade e teñen realizado, polo menos, 10 edicións son considerados autoconfirmados. Non obstante, os usuarios que editan mediante unha rede [[Tor|TOR]] están suxeitos a normas máis estritas para a súa autoconfirmación: actualmente 90 días e 100 edicións.
 
O status de usuario autoconfirmado requírese para [[Wikipedia:Como trocar o nome dunha páxina|mover páxinas]], editar [[Wikipedia:Política de protección de páxinas|páxinas semiprotexidas]] e [[Wikipedia:Como engadir imaxes|cargar ficheiros]] (ou cargar unha nova versión dun ficheiro xa existente). Os usuarios autoconfirmados non precisan teclear o código [[CAPTCHA]] de comprobación na maioría de eventos. Os usuarios autoconfirmados poden tamén marcar as páxinas como patrulladas en [[Especial:NewPagesPáxinas novas]].
 
{{Tipos de usuarios}}