Diferenzas entre revisións de «Lingua belarusa»

corrixo *facer parte
(corrixo *facer parte)
}}
{{Contén texto cirílico}}
O '''bielorruso''' (''беларуская мова'', ''biełaruskaja mova'') é unha [[Linguas eslavas|lingua eslava]] oriental e é lingua oficial de [[Bielorrusia]] xunto co [[lingua rusa|ruso]],. duranteDurante breves períodos da historia contemporánea de Bielorrusia foi a única lingua oficial, 1918-1919 e de [[1990]] a [[1995]]<ref>Xosé Henrique Costas ''Guía das linguas de Europa''. Positivas, 2002, páxina 51</ref> foi a única lingua oficial. Era coñecido antigamente como ''rutenio branco'' ou ''ruso branco''.
 
Etnicamente, os bielorrusos son descendentes das antigas tribos eslavas -os ''dregovici'', os ''radimici'' e os ''krivici''- que habitaban o territorio entre os ríos [[Pripet]] e Dwina Occidental na marxe setentrional do [[Dnieper]] e ao largo do Soz.
 
== Historia ==
* '''Fase antiga''': Durantedurante os séculos XII e XIII existía na Bielorrusia unha lingua escrita, a eslava eclesiástica, utilizada nos centros culturais tales como Polach e Turau. Sen dúbida, unha antiga forma de bielorruso usouse como lingua oficial polo goberno entre os séculos XIV e XVI no Gran Ducado da Lituania, que incluía a actual Bielorrusia, a Lituania e a Ucraína. Durante este período normativizáronse as regras gramaticais do antigo bielorruso, a pesar da tendencia a preservar as formas tradicionais do eslavo eclesiástico.
 
*'''Fase media''': é a fase de esplendor, onde o bielorruso alcanza o seu apoxeo no [[século XVI]], coa introdución do [[alfabeto latino]], coñecido como [[Lacinka]], cando foi utilizado por [[Franciszak Skaryna]] (1485-1551) como base para as súas traducións de moitos libros da [[Biblia]] (publicada en [[Praga]] e [[Vilna]] en bielorruso). Foi esta forma de bielorruso a que se utilizou para as grandes polémicas relixiosas da época, así como para as tres versións dos códigos legais do [[Gran Ducado da Lituania]] (en 1529, 1566 e 1588). A influencia do [[lingua polonesa|polonés]] tanto na gramática como no vocabulario, comeza a se tornar común despois da [[Unión de Lublin]] en [[1569]]. En [[1696]], o polonés declarouse o único idioma oficial da comunidade polaco-lituana. As clases sociais máis elevadas escolleron a lingua e a cultura polonesas. O bielorruso practicamente desapareceu da literatura.
*'''Fase de decadencia''': ata o final do [[século XVI]], despois da [[Unión de Brest]] ([[1596]]), comeza un declive gradual do uso do bielorruso en favor do latín, Debido a tentativa de unificar as igrexas católica e ortodoxa, e despois en favor do polonés a partir do [[século XVII]], ata chegar ao punto de se tornar prohibido o seu uso en documentos oficiais en 1697, prohibición que marca o punto de inflexión máis baixo na historia desta lingua. Durante o [[século XVIII]] o bielorruso escrito mantívose vivo grazas ao seu uso en pezas teatrais escolares realizadas en festas relixiosas e outras festas públicas. Despois da división polaco-lituana ([[1792]]-[[1795]]) a Bielorrusia pasa a integrar o Imperio Ruso, de forma que as autoridades czaristas trataron o país como unha provincia da [[Rusia]] e a súa lingua como un dialecto do ruso, prohibindo o uso do bielorruso nas escolas , como tamén textos en bielorruso en calquera xornal, o que non se anulou ata [[1905]]. No comezo do [[século XX]] o bielorruso non posuía un alfabeto codificado nin normas ortográficas e gramaticais. Despois de [[1914]], establécense os alfabetos padróns, latino e cirílico, para deseguida conformar normas gramaticais e ortográficas.
 
*'''Fase de rexurdimento''': a división da comunidade polaca constituíu de certa forma o motivo do renacemento da lingua no [[século XIX]]. Todo o territorio bielorruso pasou a facerformar parte do Imperio Ruso. Estudosos rusos e poloneses comezaron, principalmente por cuestións políticas, a estudar a maioritaria poboación rural dos territorios recén adquiridos, coa intención de demostrar que esa xente era ''rusa'' ou ''polonesa''. No decorrer desas investigacións, ficou en evidencia a riqueza da súa cultura e do seu folclore, alén de se percibir unha lingua claramente independente: o bielorruso. Cando o Imperio Ruso caeu e os comunistas asumiron o poder en [[Moscova]], favorecendo estes a difusión do ruso por toda a [[Unión Soviética]], de forma que o seu uso está hoxe en día amplamente difundido na educación e na vida pública da Bielorrusia.
 
== Datos estatísticos ==
O bielorruso forma unha ponte entre o ucraíno e o ruso e os seus dialectos gradualmente mestúranse cos dialectos rusos e ucraínos nas súas fronteiras.
 
Os dialectos do bielorruso se dividen en dous ou tres grandes grupos; ambas clasificacións consideran os grupos nororientais e suroccidentais, habendo un terceiro que percorre o país de leste a oeste nunha faixa central. E é este último grupo que se considera como a base da lingua literaria moderna e do bielorruso normativo. No extremo suroccidental hai un dialecto especial, o grupo palesio, da rexión da [[Palesia]], que divide certas partes co ucraíno, existindo varias tentativas de elevalo a lingua baixo o nome de palesiano.
* Dialectos norteorientais:
** Grupo Polonés.
56.570

edicións