Flensburgo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
HacheDous=0 (conversa | contribucións)
HacheDous=0 (conversa | contribucións)
pequeno aumento baseado na wikipedia en alemán
Liña 28:
* O seu equipo de balonmán [[SG Flensburg-Handewitt]]
* Ser a sede da escola naval de Mürwik e tamén do buque-escola ''Gorch Fock''
== Linguas ==
 
Flensburgo foi unha cidade multilingüe case desde o seu comezo, fundada no século XIII por daneses que falaban [[sønderjysk]] axiña viu como aparecían comerciantes alemás de [[lingua baixo alemá]], durante o século XIV mantívose o dialecto danés como fala principal principal mentres que a partir do século seguinte foi o baixo alemán o que pasou a ser o idioma máis falado. Coa [[Reforma Protestante]] chegou a influencia da [[Hochdeutsch|versión estándar]] do [[lingua alemá|alto alemán]] a Flensburgo<ref name="Wanda Guckes 2011 S40">{{cita libro | autor=Wanda Guckes | título=Die gegenwärtige sprachliche Situation der dänischen Minderheit in Schleswig-Holstein | Auflage=1. | editor=Peter Lang GmbH. Internationaler Verlag der Wissenschaften | lugar=Frankfurt am Main | ano=2011 | Kapitel=Schleswigs Sprachgeschichte | páxina=40 | ISBN=978-3-631-61391-7 }}</ref>. Na época contemporánea o que predomina na cidade é unha variedade do alemán estándar moi influída no [[acento]] e na [[entoación]] polo baixo alemán orixinario da zona<ref name="Wanda Guckes 2011 S41–55">{{cita libro | autor=Wanda Guckes | título=Die gegenwärtige sprachliche Situation der dänischen Minderheit in Schleswig-Holstein | lugar=Frankfurt am Main |ano=2011 | Kapitel=Die heutige sprachliche Situation | páxinas=41–55}}</ref> no que os dinamarquismos teñen gran peso. O [[lingua danesa|danés]] mantense como [[Dänischunterricht|materia]] nas escolas da cidade ofrecido como segunda ou terceira lingua estranxeira e como lingua de instrución nas [[Dansk Skoleforening for Sydslesvig|escolas da minoría danesa]] xeneralizándose o padrón dinamarqués entre os membros da minoría danesa da localidade pero nunha variedade influída polo alemán e o baixo alemán coñecida como [[Sydslesvigdansk]] no que se percibe un substrato do sønderjysk. Tradicionalmente a cidade foi un dos principais focos de emigración dos falantes de frisón setentrional pero son moi poucos os que conservan a lingua. O [[petuh]] é unha lingua híbrida que se orixinou no século XIX e que unía elementos do alemán e o danés estándar, e do baixo alemán e o sønderjysk e que aínda que está case extinguido, conserva algunha das súas expresións na fala local.
==Lugares de interese==
*Altstadt (Cidade Vella)